Skip to Content

Día Mundial da Neve

Día Mundial da Neve

O 19 de decembro celébrase o Día Mundial da Neve (World  Snow  Day) co obxectivo de promocionar os deportes brancos e o goce da natureza. Este día foi proclamado pola Federación Internacional de Esquí, e celébrase en todas as estacións de esquí do mundo, con actividades que convidan a estar en contacto co branco elemento.

 

Pero ademais de celebrar o deporte e a natureza, o Día Mundial da Neve tamén debe servir para concienciar sobre os perigos dos aludes e grandes nevadas en cotas baixas que poden producir incidencias nas estradas.

 

E por suposto, o máis importante. A neve é moi beneficiosa para o medio ambiente, xa que forma parte do ciclo da auga. A neve que se acumula durante o inverno en zonas de montaña funciona como un almacén de auga que se libera na primavera co desxeo e que vai parar aos encoros e aos ríos.



page | by Dr. Radut