O 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo. O autismo é unha afección neurolóxica permanente que se manifesta na primeira infancia, independentemente do xénero, a raza ou a condición social e económica. O termo espectro autístico refírese a unha serie de particularidades. Un apoio e unha contorna adecuada e a aceptación desta variación neurolóxica permiten a aquelas persoas que padecen trastornos do espectro autístico gozar das mesmas oportunidades e participar de maneira plena e eficaz na sociedade.
Non te perdas o noso mural do Día Mundial do Austismo nin as nosas lecturas recomendadas.
(clic na imaxe para acceder á galería)
ár
APRENDE MÁIS CON ESTE GENIALLY
O autismo caracterízase principalmente por peculiaridades na esfera da interacción social e dificultades en situacións comunicativas comúns, modos de aprendizaxe atípicos, especial interese por certos temas, predisposición a actividades de rutina e particularidades no procesamento da información sensorial.
O índice de autismo en todas as rexións do mundo é alto e a falta de comprensión produce fortes repercusións sobre as persoas, as súas familias e as comunidades.
Algúns recursos
Taller de debuxo e/ou redacción sobre o que significa ser feliz
Xogos de mesa: por que usalos e recomendacións
Información recollida da páxina das Nacións Unidas
Páxina oficial Día Mundial do Autismo