Skip to Content

Día Internacional da Biblioteca Escolar

Este 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e dado que este ano non se poden levar a cabo moitas das actividades que se estaban a desenvolver, estamos preparando novidades no blog do Bibliorrato para ofrecervos moitos recursos.

 

Así, queremos celebrar este día estreando dúas seccións do blog:

 

Unha delas é o catálogo da Biblioteca. Dunha banda pódese consultar no proxecto MEIGA todos os fondos da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Doutra banda, contamos tamén cun catálogo máis visual segundo a temática, que iremos actualizando pouquiño a pouco.

Podes consultar o catálogo facendo clic AQUÍ.

 

Outra das seccións novas é QUE PODO LER? Nesta recóllense recomendacións semanais de libros que se atopan na biblioteca. Unhas semanas serán máis adecuados para os máis pequenos e outras para os máis maiores.

AQUÍ podes atopar cada semana unha nova recomendación.

 

Que podo ler?

 

Ademais, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar para compartir con vós a exposición da Biblioteca sobre a temática do Samaín. Podedes consultar estes fondos a través do blog do Bibliorrato facendo clic AQUÍ.

 

Samaín no Barrié



page | by Dr. Radut