ENSAIO ABERTO DA ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO

O sábado 12 de outubro ás 18:00 h, tivo lugar o ensaio xeral da Orquestra Clásica de Vigo no Teatro García Barbón.

Asistiron unhas 15 familias do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria en xeral.

A actividade divulgativa durou, aproximadamente, unha hora arredor ao concerto que tivo lugar ese mismo día ás 20:30 h.

Escoitamos un movemento do Concerto para piano Nº1 en sol menor op 25, de Félix Mendelssohn, polo artista Jorge Abreu Seoane e dirixido por Manuel Martínez.

Ao rematar a actividade, o alumnado coñeceu o Teatro García Barbón por dentro e participaron debuxando nun mural o que máis lles gustou do ensaio (os instrumentos da orquestra, o director, o pianista...), así como ao pianista ao cal lles puideron facer preguntas. 

Resultou moi enriquecedor e positivo.

Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos desta experiencia!

 

GRAZAS POLA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN!

ATA A PRÓXIMA! 

 

 

1º Taller Escola de pais/nais do curso 2019-2020

in

O vindeiro XOVES 7 DE NOVEMBRO terá lugar o primeiro Taller de educación emocional do curso 2019/2020. O seu horario será de 16:00-18:00h.

Enviouse polo alumnado para todas as familias unha folla para que as familias interesadas devolvan cuberta ao centro (a  través das/os titoras/es).

Haberá "Taller de xogos", como servizo da ANPA, por se se precisa. Precisariase avisar previamente para que a rapaza que o leva saiba cantos nenos/as  vai ter a maiores para organizarse.

 

Acto de homenaxe no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos

O pasado domingo 13 de outubro tivo lugar un "Acto de homenaxe  no II aniversario dos lumes de Chandebrito e Camos", organizado polo Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños "O Castro".

O noso colexio foi invitado a este acto, ao que acudíu o director do centro en representación do centro, como entidade colaboradora na recuperación medioambiental da parroquia neste 2019. Lembremos a saída conxunta de todo o alumnado e profesorado do centro, o pasado curso, para colaborar na plantación de centos de árbores na parroquia de Chandebrito.

Así mesmo, realizouse un Acto de hermanamento co Municipio Luso de Castanheira de Pera, ao que asistiron a súa Presidenta da Cámara e máis o Cónsul de Portugal en Vigo. Neste municipio luso,  foron 47 as víctimas mortais do inferno que asolou Portugal en xuño do mesmo ano e que convertíu as estradas en auténticas rateiras sen saída.

Nas fotos que seguen poderedes ver o mapa da zona e o agasallo que nos deron por colaborar

 

 

No seguinte enlace poredes ver fotos e máis documentos en relación con este tema: https://drive.google.com/open?id=1lQfHzkHYdY5PnrxuLjUtIYSiYZ44LQCD

 

Emociomartes.

Fai uns días celebramos o primeiro Emociomartes deste curso! Adicámolo a repasar aspectos emocionais aprendidos o curso pasado, sobre todo a identificación das emocións nun mesmo e nos demáis.

 

Canción do Emociomartes

Xa está aquí, xa chegou o Emociomartes!! Sempre que escoites esta canción no cole significa que é día de traballar as emocións no noso cole!

Anímaste a facer a túa propia versión? Amosa o teu potencial creativo e poderás escoitala soar o día do Emociomartes. Podes descargar a música aquí. Anímate!!!

O KELTOIVIGO INICIA AS VISITAS DOS CLUBES AO NOSO COLEXIO

 

Este curso 2019-20 comezamos as visitas dos clubes e entidades deportivas, como xa vén sendo cotián ano tras ano. Esta semana tivemos con nós o FÚTBOL GAÉLICO, a segunda vez que nos visita o CLUBE KELTOIVIGO e que neste curso ten previsto ampliar en vindeiras sesións de achegamento a este deporte.

"Un obxectivo dende hai anos para os responsabeis da Área de EF deste colexio é dar "cancha" a disciplinas deportivas varias, non só as de sempre. Diferentes manifestacións apaixoantes, mais as veces, pouco espalladas entre a colectividade e infancia, mesmo minoritarias.

Cremos que iso favorece que as nenas e nenos aprendan a valorar o predeporte e o xogo, máis polo seu gozo e diversidade ca pola repercusión mediática. Respectando a quen practica tal ou cal deporte. Cremos que deben aprender a escoller e a variar a práctica deportiva, se unha disciplina ou outra non os "enche plenamente". Co tempo, de seguro que atoparán acomodo!"

Pois este pasado martes e mércores, estiveron dous monitores do clube KeltoiVigo (Jorge e Carmen) impartindo ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Aquí vos deixamos un minivideo!

 

CONCERTO DE MÚSICA

O xoves, 12 de setembro, inauguramos a clase de música cun concerto do sexteto da banda da Escola de Música da Sociedade Atlántida de Matamá.

O alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutaron escoitando a "Sinfonía de los juguetes", "Danzas del Renacimiento" de Orlando di Lasso e "La Donna E Mobile" da Ópera Rigoletto de Verdi.

Finalizaron coa canción "Cups" na que cantou como solista Elena, exalumna do centro. Fíxoo moi ben, recibindo moitos e fortes aplausos.

Coñeceron de cerca a frauta traveseira, a trompa, o fagot e o clarinete, xa que cada instrumentista explicou con detalle as características do seu instrumento, o seu timbre, como se colle para tocalo e a que familia pertence.

Ao final do concerto, o alumnado fixo preguntas sobre como e por que decidiron tocar ese instrumento, cantos anos levan tocándoo, se practican moito...

Entablouse un diálogo moi enriquecedor para todos!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

 

 

MOITAS GRAZAS!

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Este curso levaremos a cabo o proxecto documental integrado sobre "O CAMBIO CLIMÁTICO".

Comezamos o curso cunha reflexión de Mahatma Gandhi:

O coidado do planeta e unha alimentación saudable e sostible van da man e deben traballarse todos os días. Os nosos nenos e nenas poden aportar o seu gran de area coa seguinte proposta:

  • Procuramos traer alimentos non procesados, evitando o consumo de larpeirada industrial.

 

  • Buscamos alternativas para non consumir alimentos que conteñan envoltorios de plástico, alumino..., co uso de fiambreiras, papel, panos de tea, tupper...

 

  • Buscamos alternativas para non empregar botellas desechables a diario como cantimploras, botellas ecolóxicas reutilizables...

 

Con estos pequenos cambios beneficiámonos todos:

 

  1.  Os nenos e nenas gañan en saúde.

 

  1. O noso entorno estará máis limpo ao xerar menos residuos innecesarios.

 

  1. A nosa economía notarao.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

No enlace que vos facilitamos a continuación, poderedes informarvos sobre o proxecto de educación dixital da Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/abalar_folleto_2019.pdf

Ao longo do curso, nas correspondentes reunións co profesorado, irá informándose máis detalladamente ás familias do alumnado implicado.

BENVID@S!

O mércores, día 11 ás 9h, comezamos un novo curso 19/20. Esperamos que descansásedes moito nestas vacacións e que esteades preparad@s para os cambios que nos agardan!

 


Distribuir contido

Back to top