CONCERTO DE MÚSICA

O xoves, 12 de setembro, inauguramos a clase de música cun concerto do sexteto da banda da Escola de Música da Sociedade Atlántida de Matamá.

O alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutaron escoitando a "Sinfonía de los juguetes", "Danzas del Renacimiento" de Orlando di Lasso e "La Donna E Mobile" da Ópera Rigoletto de Verdi.

Finalizaron coa canción "Cups" na que cantou como solista Elena, exalumna do centro. Fíxoo moi ben, recibindo moitos e fortes aplausos.

Coñeceron de cerca a frauta traveseira, a trompa, o fagot e o clarinete, xa que cada instrumentista explicou con detalle as características do seu instrumento, o seu timbre, como se colle para tocalo e a que familia pertence.

Ao final do concerto, o alumnado fixo preguntas sobre como e por que decidiron tocar ese instrumento, cantos anos levan tocándoo, se practican moito...

Entablouse un diálogo moi enriquecedor para todos!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra!

 

 

MOITAS GRAZAS!

Back to top