Educación física

XORNADA DEPORTIVA "PONTE NO MEU LUGAR"_ Federación Galega de Deporte Adaptado

O xoves 21 de novembro de 2019 o alumnado de 5º e 6º de educación primaria saímos do colexio en dirección ao Pavillón de As Travesas, e alí chegamos camiñando.

Nel agardábannos os compoñentes do clube ENKI de A Coruña para pór en practica e vivenciar in situ, todo o explicado na charla desenvolta no colexio Balaídos na semana anterior (da cal xa informamos nesta web) referida ao DEPORTE ADAPTADO e baixo o nome de PONTE NO MEU LUGAR.

Xunto con varios colexios olívicos, puidemos vivenciar varias disciplinas deportivas, durante dúas horas: 

-Tenis en cadeira de rodas.

-Eslalom en cadeira de rodas.

-Percorridos en handbike. Discamino

-Boccia

-Goalball

- Voleibol Sentado.

Aquí vos deixamos varias imaxes do encontro : XORNADA DEPORTE ADAPTADO

 

E ESTE MINIVIDEO:

 

DEPORTE ADAPTADO_XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN DO ALUMNADO

Hoxe mércores 13 de novembro, o noso alumnado (5º e 6º de E. Primaria) tivo a fortuna de achegarse ao DEPORTE ADAPTADO en primeira persoa, a traveso da asistencia a unha charla sobre a historia de superación relatada por dous deportistas profesionais con discapacidade (o triatleta Ángel López, e o tenista Daniel Prado). Pertencen ambos á Federación Galega de Deporte Adaptado, clube ENKI.

O alumnado vivenciou en directo todo o relativo á discapacidade e integración social dende a palabra de quen sen prevelo, e por causa de sendos accidentes de coche por exceso de velocidade, viron a súa vida dar un xiro total; que souberon reconducir e superar a través do deporte e a adicación.

Esta primeira fase da actividade (visita ao colexio), proposta polo clube ENKI de A Coruña, terá continuidade o vindeiro xoves 21 de novembro coa Actividade deportiva a desenvolver no Pavillon de As Travesas.

Diso habemos informarvos para a semana. Mentres tanto e, tras darlles as grazas a Ángel, David e Raquel Sanduende, deixámosvos un ENLACE aos minivideos e algunha imaxe do coloquio.

ESTA ACTIVIDADE TAMÉN SE INSIRE NO PROGRAMA DE PROPOSTAS QUE O COLEXIO BALAÍDOS ESTÁ A PREPARAR NAS AULAS DE INFANTIL E PRIMARIA PARA CELEBRAR O DÍA 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 

O KELTOIVIGO INICIA AS VISITAS DOS CLUBES AO NOSO COLEXIO

 

Este curso 2019-20 comezamos as visitas dos clubes e entidades deportivas, como xa vén sendo cotián ano tras ano. Esta semana tivemos con nós o FÚTBOL GAÉLICO, a segunda vez que nos visita o CLUBE KELTOIVIGO e que neste curso ten previsto ampliar en vindeiras sesións de achegamento a este deporte.

"Un obxectivo dende hai anos para os responsabeis da Área de EF deste colexio é dar "cancha" a disciplinas deportivas varias, non só as de sempre. Diferentes manifestacións apaixoantes, mais as veces, pouco espalladas entre a colectividade e infancia, mesmo minoritarias.

Cremos que iso favorece que as nenas e nenos aprendan a valorar o predeporte e o xogo, máis polo seu gozo e diversidade ca pola repercusión mediática. Respectando a quen practica tal ou cal deporte. Cremos que deben aprender a escoller e a variar a práctica deportiva, se unha disciplina ou outra non os "enche plenamente". Co tempo, de seguro que atoparán acomodo!"

Pois este pasado martes e mércores, estiveron dous monitores do clube KeltoiVigo (Jorge e Carmen) impartindo ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Aquí vos deixamos un minivideo!

 

O ALUMNADO DE 5 ANOS VEU XOGAR Á AULA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Hoxe, un ano máis, viñeron as alumnas e alumnos de 5 anos (os sextos de educación infantil) coñecer a que vai ser, no vindeiro setembro, a súa Aula de Educación Física (o Ximnasio).

Viñeron acompañados pola súa mestra de Psicomotricidade, Ana.

O grupo A, foi recibido polo alumnado de 2ºB de E. Primaria quen fixeron de madriñas e padriños, ensinándolles os vestiarios e colaborando nos xogos que propuxo o mestre Rafa.

O grupo B tamén gozou doutra sesión de presentación e xogo.

A sesión tivo tres partes: dous xogos de quecemento, varias propostas co paracaídas e unha cantiga de despedida.

TOCA POIS COMEZAR EDUCACIÓN PRIMARIA!

VÉMONOS EN PRIMEIRO, EN SETEMBRO!

 

Deixámosvos dous minivideos, de ambos grupos, e un enlace ás fotografías.

Saúdos!

 

5 anos B

 

5 anos A

A XIMNASIA ACROBÁTICA VISITA O COLEXIO

 

Na pasada semana tivemos no colexio a visita do CLUBE FLIC FLAC de Vigo, de XIMNASIA ACROBÁTICA. Só puideron dar a sesión a cinco grupos de alumnado, pero han voltar no vindeiro curso.

Foi todo un pracer ver os videos e asistir ás sesións. Grazas.

 

 Aqui tedes as imaxes para descargar: https://drive.google.com/drive/folders/1-EbbGwtRuhcRBf5hkNLNfoCuuNQ2-NhZ

Obradoiro de Primeiros Auxilios no CEIP Balaídos

 

 

Durante o 3º trimeste no cole tivemos a gran sorte de contar coa colaboración das profesionais do proxecto Escola Corazón, unha iniciativa de intervención comunitaria polo ensino das técnicas de RCP nos colexios de Primaria.

Todo o alumnado do centro, dende infantil ata primaria participou nos obradoiros realizados para tal fin, e a experiencia resultou moi satisfactoria. 

Agradecemos as facilidades dadas e a boa disposición que tivo en todo momento o grupo de profesionais de Escola Corazón que nos visitou durante o terceiro trimestre.

 

Día Mundial da Orientación 2019

Por segundo ano consecutivo todo o alumnado do CEIP Balaídos participou no Día Mundial da Orientación (WOD)

 

Este ano tivemos 4 actividades distintas; un correlín para os máis pequenos e pequenas, un labirinto, un microsprint (serie 27) e os tradicionais percorridos lineais polo recinto escolar.

O día acompañou e puidemos gozar dunha marabillosa xornada de convivencia e orientación para todos e todas.

A FUNDACIÓN CELTA VISITA O COLEXIO

O venres 31 de maio tivemos no colexio a última das actividades deste Maio das Letras Galegas, na que houbo un amplo programa de actividades tanto literarias, artísticas, científicas, teatrais, musicais, deportivas e saidas extraescolares; e que remataron co noso xa tradicional Festiletras (do cal vos informaremos).

Tratouse da visita de dous técnicos da FUNDACIÓN CELTA, quen desenvolveron dúas sesións de prefútbol, dirixidas ao alumnado de 3º de educación primaria.

Foi xenial!

Vede este minivideo:

 

Tamén tendes fotos neste enlace (fai clik na imaxe)

 

O ALUMMNADO DE PRIMARIA INÍCIASE AO BAILE DA MUIÑEIRA

Alexandre Fernández Castro (Alex), non dubidou en respostar afirmativamente ao noso convite para nos visitar e colaborar coa área de Educación Física, impartindo cadansúa sesión aos niveis de Primaria (no primeiro trimestre a 5º EP, e nestes días a todos os demais grupos).

Nas sesións, Alex inicia ao alumnado na danza folclórica máis popular en Galiza (A MUIÑEIRA).

Dun xeito plenamente lúdico e motivador, tod@s realizan actividades de quecemento, control postural, e interiorización de ritmos e pasos. Logo para rematar, como se por arte de maxia fose, cada grupo desenvolve unha fermosa Muiñeira.

Alex Fernández ten un amplo curriculum profesional (músico, percusionista, bailarín,...), e de adicación plena á música. Ten dirixido agrupacións folclóricas, impartido docencia,  e... un longo etcétera.

Grazas polas atencións!

 

Aquí tendes imaxes e videos.

 

 

 

 

ESTA SEMANA, TAEKWONDO!

O luns e martes desta semana temos con nós ao Clube "Yidam-Ceip Balaídos" de Taekwondo, iniciando neste deporte ao alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

Clicade nesta imaxe e poderedes ver fotos e minivideos destes dous días

O clube desenvolve as escolas de Taekwondo "Yidam-Ceip Balaídos", que oferta a traveso da ANPA deste colexio, dirixidas a unha boa parte do alumnado que escolle esta actividade extraescolar deportiva dende hai moitos anos.

O Clube ten acadado unha grande sona e prestixio. Ten sido 5 veces CAMPIÓN DE ESPAÑA EN TAEKWONDO DE EXHIBICIÓN, 3 VECES CAMPIÓNS DE ESPAÑA POR CLUBES DE FREESTYLE, E TERCEIROS NO CAMPIONATO DO MUNDO POR CLUBES DE FREESTYLE.

Agradecemos a receptividade, predisposición e entrega dos encargados de impartir a sesión lectiva:

  • José Cid Sueiro, responsable do Clube. Entrenador nacional (cinturón negro 4DAN)
  • Erim Vaamonde García (cinturón negro 2DAN), deportista cun loable palmarés: - 7º puesto Cto del mundo freestyle indiv. +18
    - Subcampeona de Europa por clubs freestyle indiv. +18
    - Subcampeona del Mundo Playa Quinteto freestyle 2018.
    - Bronce Cto del Mundo Playa freestyle indiv. +18
    - Bronce Cto del Mundo Playa freestyle pareja+18
    - Tricampeona de España de Exhibición 2013, 2014, 2016.
Distribuir contido

Back to top