Educación física

O EQUIPO DE BALONCESTO FEMININO "CELTA-ZORKA" VISÍTANOS!

O Celta-Zorka Baloncesto Feminino compartiu co alumnado de 2º de Primaria unha sesión de clase. Tras a presentación das xogadoras, fixemos actividades de bote e lanzamento a canastra. Xogamos un parrtido contra elas e.... GAÑÁMOSLLES!

Para rematar a actividade, sortearon agasallos e déronnos entradas para o partido deste sábado. E sacamos fotos con elas. Podedes velas neste enlace: IMAXES VISITA EQUIPO BALONCESTO

A súa visita foi un bonito agasallo de Nadal. Grazas por vir!!

Fixemos este video (ten unha errata: é o equipo Celta-Zorka, non forka!).

13º TORNEO DE HOQUEI ADAPTADO _NADAL 2016

Un novo Nadal xogaremos o Torneo de Hoquei Adaptado. Un xogo que foi medrando e en continuos cambios. Onde se aceptan as propostas para consensuar o regulamento. Nesta primeira semana e durante os recreos, desenvolveranse as eliminatorias de 3º-4º e 5º-6º. As finais realizarémolas no ultimo día de trimestre: o 21, mércores.

Este ano montamos un video promocional en FLASH. O reto maniquí dos xogadores e xogadoras!!! Agardamos que vos guste.

BOAS FESTAS!!!!

Actividadede atletismo dos alumnos de 4º e 5º de primaria.

O alumnado de 4º e 5º de primaria, realizaron unha saída atlética, organizada dende a área de Educación Física. Foron convidados polo Clube Celta de Atletismo e no Estadio de Balaídos (de Atletismo) vivenciaron probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso, proba de velocidade e unha de resistencia (400 metros, unha volta completa á pista, que fixo suar a todos e todas).

 
Podedes descargar as fotos premendo aquí.

Exhibición de trompo.

Hoxe tivemos unha exhibición de trompo no recreo onde todos os alumnos de primaria puideron gozar dos malabarismos que se poden facer con este xogo tradicional.



Unidade didáctica sobre tenis.

Os dous mestres de Educación Física (Rafa e Marcos) están levando a cabo unha unidade didáctica sobre o tenis con alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria. Durante tres semanas os alumnos e alumnas aprenderán a técnica deste deporte, como agarrar a raqueta e os distintos movementos que se poden facer con ela. A última semana visitará o centro un mestre de tenis das pistas de Samil para facer unha masterclass cos alumnos e alumnas. 

NO OUTONO, XOGAMOS AOS XOGOS TRADICIONAIS

30 ANOS XOGANDO AO TROMPO NO COLEXIO BALAIDOS

9 DE NOVEMBRO_ DÍA DO TROMPO

 

Un novo ano, un novo outono, un novo novembro e...UN NOVO MAGOSTO. Xa van trinta homenaxes á castaña, presdidas polo xogo tradicional REI da nosa escola: 

O   T R O M P O
Dende a ärea de Educación Física e de Psicomotricidade organizamos un encontro de XOGOS POPULARES para desenvolver mentres se asan as castañas o vindeiro martes 9. O alumnado de Infantil e Primaria vivenciaron estes xogos durante as dúas últimas semanas.
Como sabedes, tamén celebramos o DIA DO TROMPO como o fan miles de nenos e nenas galegas. A razón é que pertencemos dende hai cinco anos á Asociación BRINQUEDIA (Rede Galega de Xogo Tradicional) que pretende o moi loable obxectivo de recuperar os xogos de sempre entre os nenos e rapaces galegos.
(le AQUÍ, o programa de man desta convocatoria 2010)
                                                                                                                                                             

 

Actividade física e saúde_ A M O C H I L A

NON TE PASES CO PESO

Dende a área de Educación Física ofrecémosvos (sobre todo a vós, pais e nais do alumnado) uns consellos relativos ás características e emprego axeitado das MOCHILAS ESCOLARES

Como xa teriades escoitado nalgures: o peso transportado non debe exceder o 10% do peso do neno. Se o voso fillo/a ten seis anos, e pesa uns 20 quilos, poderá levar como máximo unha mochila de ata un quilo e medio ou dous de peso.

Para ler máis, fai click nestas imaxes:

 Revista Consumer  Colexio Oficial de FISIOTERAPEUTAS de Galicia
 
 

 

Distribuir contido

Back to top