O KELTOIVIGO INICIA AS VISITAS DOS CLUBES AO NOSO COLEXIO

 

Este curso 2019-20 comezamos as visitas dos clubes e entidades deportivas, como xa vén sendo cotián ano tras ano. Esta semana tivemos con nós o FÚTBOL GAÉLICO, a segunda vez que nos visita o CLUBE KELTOIVIGO e que neste curso ten previsto ampliar en vindeiras sesións de achegamento a este deporte.

"Un obxectivo dende hai anos para os responsabeis da Área de EF deste colexio é dar "cancha" a disciplinas deportivas varias, non só as de sempre. Diferentes manifestacións apaixoantes, mais as veces, pouco espalladas entre a colectividade e infancia, mesmo minoritarias.

Cremos que iso favorece que as nenas e nenos aprendan a valorar o predeporte e o xogo, máis polo seu gozo e diversidade ca pola repercusión mediática. Respectando a quen practica tal ou cal deporte. Cremos que deben aprender a escoller e a variar a práctica deportiva, se unha disciplina ou outra non os "enche plenamente". Co tempo, de seguro que atoparán acomodo!"

Pois este pasado martes e mércores, estiveron dous monitores do clube KeltoiVigo (Jorge e Carmen) impartindo ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Aquí vos deixamos un minivideo!

 

Back to top