INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

in

Acaban de ser publicadas na web da Consellería de Educación as

Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre

 

En relación ao que afecta ás nosas etapas educativas (infantil e primaria), dispoñen que:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

IMPORTANTE:

Debido a cuestións organizativas xurdidas nestes últimos días, o peche desta segunda avaliación farémolo o vindeiro luns 6 de abril, ás 14:00h. A partir desta hora, as familias poderedes acceder a través do Abalar Móbil ao resultado da avaliación dos vosos fillos e fillas.

 

É conveniente que as familias descarguedes a aplicación Abalar Móbil para poder, a través de ela, acceder a diversos servizos, entre eles o resultado das avaliacións dos seus fillos e fillas.

Guía de Abalar Móbil para as familias

Guía rápida

NOVEDADES NA NOSA WEB

Queridas familias:

Ante as peticións recibidas no correo electrónico do centro e o convencimento do profesorado de que disto temos que sair todos e todas XUNTOS, imos habilitar nesta páxina un bloque para que todo o alumnado poida amosar as súas producións e así compartir eses ánimos cos demais e outro con actividades, páxinas web, etc. ,diferentes ao traballo proposto polo profesorado (ver entrada Directrices de traballo para os próximos días ), material ao que poderedes recurrir para que sexa máis levadeira esta situación.

Para o bloque das producións, que chamaremos Todo vai sair ben (situado na parte superior dereita), trátase de que  enviedes ao correo electrónico do centro (ceip.balaidos@edu.xunta.es) aquilo que eles queiran expresar, o que están a facer, o que sinten… pero sempre cunha mensaxe positiva e para animarse e animar  aos demais.

Podedes mandar debuxos, textos, fotos ou vídeos. Agora ben, en base á lexislación sobre protección de datos e protección de menores, todos os envíos que fagades nos que poidan aparecer imaxes persoais, deberán contar coa vosa autorización expresa por escrito para a súa publicación nesta web.

No bloque Enlaces de interese poderedes atopar enderezos con propostas para as familias (como "Aprendemos en casa", promovida polo Ministerio de educación), materiais interesantesWebs de institucións como museos e pinacotecas que ofrecen tours virtuais e/ou materiais didácticos.

Animádevos e animade ás vosas criaturas!!!

Moita saúde e moita forza! SAIREMOS ADIANTE!!!!!

Directrices de traballo para os próximos días.

O equipo de mestras e mestres do noso centro elaborou diferentes propostas de traballo para desenvolver nas casas nos días que dure o confinamento por mor da alerta sanitaria na que nos atopamos. Son propostas para cada nivel educativo que teñen como obxecto reforzar e repasar, en ningún caso serán contadas para a avaliación pero si consideramos importante que o alumnado manteña unhas rutinas de traballo e un horario durante estes días, por iso aconsellamos encarecidamente facelas.

Podedes acceder as actividades entrando na carpeta do curso correspondente a través de este enlace.

O alumnado de 6º de primaria ademáis pode consultar o plan de traballo de cada materia a través da plataforma Eva Edixgal.

As dúbidas que teñades ou calquera consulta deste tipo poderedes comunicalas a través do correo electrónico do centro, ceip.balaidos@edu.xunta.es , ou ben do teléfono 886 111 080.

Semana a semana continuaremos engadindo recursos e actividades en función do tempo no que se poida prolongar esta situación (que esperamos sexa o máis breve posible).

Moito ánimo e por favor 

#QuedaNaCasa

 

#QuédateEnCasa

COMUNICADO DO CENTRO EN BASE Á SITUACIÓN ACTUAL

En vista das derradeiras declaracións do Presidente da Xunta (https://www.farodevigo.es/galicia/2020/03/15/persona-equipo-directivo-centro-educativo/2263288.html) o profesorado NON acudirá ao centro durante os días de alerta sanitaria.

Por esta razón pedimos que non vos acheguedes ao centro ata novo aviso. Toda a información necesaria irase colgando nesta mesma páxina.

A partires de mañá luns 16 de marzo, estará colgada a información sobre as tarefas propostas para o alumnado. Así mesmo, poderedes facer as consultas que precisedes a través do teléfono 886 111 080 ou do correo electrónico ceip.balaidos@edu.xunta.es.

Como é obvio, e ante as novas medidas tomadas a nivel nacional e autonómico, cancélase a opción de pasar polo centro para recoller calquera tipo de material.

Aproveitamos a ocasión para DESMENTIR ROTUNDAMENTEos bulos e falsas noticias que nos derradeiros días circularon por redes sociais e mesmo algún tipo de prensa (que nin siquera contrastaron coa dirección do centro): NON TEMOS, NESTE MOMENTO, NINGUNHA CONSTANCIA DE NINGÚN CASO DE INFECTADOS DO CORONAVIRUS NIN ENTRE O ALUMNADO NIN ENTRE O PERSOAL DO CENTRO. O aviso emitido no seu momento tiña unha recomendación preventiva en función da información recibida por parte dalgunhas familias do centro.

O profesorado e o demais persoal do centro enviámosvos todo noso ánimo e forza para enfrentarnos coa actual situación, tendo moi claro que SAIREMOS DE ESTA!!!

E por favor, lembrade:

#QuédateNaCasa

#QuédateEnCasa

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

Entre os días 9 e 12 de marzo, os nen@s de Educación Infantil, visitaron a biblioteca pública de Vigo "Juan Compañel", onde dun xeito moi divertido lles explicaron a historia da biblioteca, que poden facer nela, as normas, como facer o servizo de préstamo e como facer os carnets.

Tamén lles dixeron que había moitos tipos de libros, como os que están en braille para os nen@s cegos.

O pasaron xenial!

 

ACTUALIZACIÓN INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

 

 

MEDIDAS PUBLICADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O DÍA 16 DE MARZO DE 2020

NO SEGUINTE ENLACE PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN:

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do seu Servizo de Inspección, envíanos o seguinte vídeo con información sobre o Coronavirus.  No cartel que se adxunta podedes ver a mesma información resumida. Máis información neste enlace 

Dende o centro queremos dar unha mensaxe de tranquilidade e sentido común.

 

VACANTES 2020-2021

PRAZAS VACANTES CURSO 2020-2021

 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR AS VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

A FESTA DE ENTROIDO

O pasado venres 21 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido! Este ano centramos a temática dos disfraces no cambio climático e as súas consecuencias, de modo que polo patio do cole tivemos diferentes animais en perigo de extinción, superheroes da reciclaxe, mergulladores que limpan o fondo do mar... 

Disfrutamos dun fantástico día, primeiro cunha merendola nas aulas, e despois co desfile no que mostramos o traballo realizado nas aulas e nas casas. Esperamos que o disfrutárades moito!!!

 

DESFILE DE ENTROIDO E XUIZO DO MECO

Mañá, venres 21 de febreiro, terá lugar no patio do colexio o DESFILE E XUIZO DO MECO deste ano 2020.

Como vimos facendo outros anos, haberá unha zona para que as familias do alumnado poidan asistir e observar o espectáculo. Abrirase o portalón da zona do río ás 12:30h.

Lémbrase que:

-  non se poderá pasar da zona asignada

- no caso de sacar fotos ou vídeos, a responsabilidade do seu uso será exclusivamente da persoa que o faga;

- non se pode levar ningún neno/a antes do remate do horario.

 

É un día de disfrute e celebración, axudádenos a que así o sexa.

Distribuir contido

Back to top