O SAMAÍN EN VERSO

Ollade que poemas máis terroríficos elaborou o alumnado de 5º de primaria arredor do Samaín. Son unha pasada!! Todo ritmo e melodía. E é que no CEIP Plurilingüe A Cristina estamos engalanando o centro con motivo da festividade e non dos dá chegado o día de celebrala!

Pinchade na imaxe para escoitar as rimas ou descargade o arquivo nos adxuntos. Un podcast de MEEEDOOOO!

PODCAST DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Tal e como adiantamos na entrada anterior, o noso cole recibiu unha visita de categoría. As reporteiras Luna Lorenzo, Ana Carracedo e Julia García entrevistaron a Ángeles Pacoret, concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Tiveron tempo de abordar diversos aspectos ao longo da tertulia. Falaron sobre os libros dixitais, aquelas lecturas que se consideran imprescindibles, percepcións sobre os cambios físicos da nosa biblioteca... Foi un xeito fantástico de conmemorar o Día das Bibliotecas.

Botádelle unha ollada a estes pequenos resumes elaborados por Carolina, coordinadora de Radio na Biblio. Podedes acceder á totalidade da entrevista pinchando AQUÍ. Tamén podedes descargar o arquivo desde os adxuntos.

Un pracer terte con nós, Ángeles! Volta cando desexes. GRAZAS!

 

 

QUENTANDO MOTORES PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O vindeiro 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e en Radio Cristinuna estase cocendo unha entrevista ben gustosa. Para que vaiades abrindo boca ante un podcast superespecial e cunha persoa referente na divulgación da lectura na nosa comarca, colgamos unha pequena parte dunha conversa do máis afable ante dúas das reporteiras do cole: Ana e Julia.

Demasiados libros?

Botádelle un ollo ao vídeo para obter a resposta.

 

 

 

ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

 


Un ano máis o equipo de convivencia pon en marcha a iniciativa de Acompañamento Entre Iguais. Durante este primeiro trimestre o alumnado mesturarase por etapas compartindo vinte minutos á semana nos que intentará coñecerse mellor. 

A primeira sesión consistiu en realizar entrevistas para averiguar de primeira man os gustos dos amigos e as amigas: a súa comida favorita, o hobbie que máis tempo lle rouba, a súa materia preferida...

Aquí vos deixamos unhas imaxes de como foi a xornada e tamén podedes descargar nos arquivos adxuntos unha serie de preguntas que poden resultar interesantes.

A continuación, preparamos o xogo de Quen é quen? Os nosos amigos e amigas de cuarto teñen que adiviñar que parte da faciana corresponde co seu amig@ de sexto A de primaria.


SAMAÍN

Velaiquí os recursos que o equipo TICS elaborou para traballar sobre o Samaín. Nos ficheiros adxuntos atoparedes unha imaxe na que se pinchades nos elementos atoparedes contos, xogos e distintas tarefas.

Botádelle un ollo! Esperamos que vos pareza terrorificamente divertida! 

 Asemade, dende o EDLG crearon este tríptico sobre a nosa celebración de Samaín que se levou a cabo nunha titoría entre iguais. 

O DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe celebramos o Día das Escritoras homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias deixando unha pegada fonda, non só nos libros, senón ofrecéndonos emocións que perduran no tempo.

Recollendo a ilustración que publicou para este ano o Portal de Bibliotecas de Madrid, o alumnado de 4º nivel de EP fixo unha creación dixital que recompila citas de escritoras famosas: "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.

 

"Coidado co que se di, as palabras son armas de dobre filo" (J.K. Rowling)

"Palabras: con elas podes facer e desfacer o que queiras" (Elena Ferrante)

"Non se pode dar marcha atrás. A esencia da vida é ir cara adiante" (Ágatha Christie)

"O mellor do olvido é o recordo" (Gloria Fuertes)

"As palabras son a arma dos débiles; o amor, o escudo dos fortes" (Rosalía de Castro).

XOGANDO CON LUPO

Nunca o tempo de lecer foi tan divertido! O alumnado de infantil está a manipular o sistema Lupo, un xogo de construción composto por pezas de gran tamaño, modulares e que se ensamblan unhas con outras. Promovemos o traballo en equipo xa que a cooperación do grupo é indispensable para levar a cabo a tarefa.

 

DEPORTISTAS LEXENDARIOS

O proxecto de centro deste curso leva por título "Le o teu corpo" e xira arredor do deporte e da lectura. Como non podía ser doutro xeito, o alumnado de sexto de primaria elaborou a biografía dalgúns dos/as deportistas máis lexendarios empregando diferentes ferramentas dixitais.

Botádelle unha ollada a estas presentacións. Tamén podedes descargalas nos arquivos adxuntos.

 Esta é unha presentación realizada por Carmen Veira sobre Serena Williams, figura femenina do tenis mundial.


A continuación, a lenda olímpica do atletismo, Usain Bolt, gañador de oito medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008. A presentación é de Joel.
 
  


Tamén temos un espazo para un dos mellores xogadores de fútbol de tódolos tempos, Pelé. Adrián elaborou un pequeno repaso pola súa vida chea de éxitos.
 


 
Agora é a quenda de Yelena Isinbáyeba, plusmarquista mundial de salto con pértiga feminino.
 


 
Se pinchades na imaxe, poderedes acceder a unha presentación sobre a vida e os logros de Marta Vieira da Silva, unha das mellores futbolistas de tódolos tempos. Unha presentación moi "top" feita por Paula Bolón.
 
 
Para rematar, Victoria ofrécenos un repaso pola traxectoria de Larisa Latýnina, unha ximnasta ucraniana á que lle encantaba o ballet clásico e que impregnou de gracia e ritmo a ximnasia artística.
 
 
Rodrigo preparou unha presentación da figura do automobilismo Michael Schumacher. Ollade para ela!
 
 

DIGITAL WEEK

Nos arquivos adxuntos podedes acceder a toda información relativa á Digital Week (horarios, actividades, dieta, normas...) e as pertinentes autorizacións. Como ben sabedes é unha actividade dirixida a 6º nivel de primaria e participaremos do 13 ao 19 de outubro.

Terá lugar na antiga aldea de Os Peares e, de seguro, será unha experiencia inolvidable para tod@s.

Botádelle un ollo á información.

 

 

PVAD. COÑECE O MEU CLUB: BALONMÁN XIRIA.

Esta semana contamos no noso centro coa presenza de  dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria que están  facendo unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Moitas grazas a Sheila e Zarra  por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

 

DE ESTREA!

Este curso 2024/25 renovamos mobiliario no centro. Fixádevos como ficaron as aulas de 2º de primaria despois dunha remodelación completísima. Espazos amplios, diversificados, versátiles e que promoven o traballo colaborativo.

PVAD. A MILLA DIARIA

 

A milla diaria é unha modalidade dentro do PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva) do Plan Proxecta, no que participará o noso centro durante este curso,  que pretende fomentar entre o noso alumnado un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física.

A actividade consiste en realizar un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres. 

O obxectivo final será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.

Trátase de que sexa una actividade atractiva para todos/as,  e que nos aporte beneficios para a nosa saúde.

Hoxe  iniciaron a actividade os alumnos/as de 5º de E.Primaria.

 

 
 
1  VOLTA COMPLETA Á PISTA POLIDEPORTIVA DO COLEXIO = 100 METROS
 
    

 

 VOLTA NO INTERIOR DO COLEXIO DE 200 metros
 
 
VOLTA NO INTERIOR DO COLEXIO DE 400 metros
 

 

      1 VOLTA ARREDOR  DO COLEXIO = 300 METROS

 

 
     1 VOLTA POLO EXTERIOR DO COLEXIO = 400 METROS

 

 

  1 VOLTA POLO EXTERIOR DO COLEXIO = 600 METROS

 



 

 

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2024/25

BENVIDAS FAMILIAS A UN NOVO CURSO NO NOSO COLE!!

Aquí vos deixamos unha presentación coas entradas e saídas para que lle botedes unha ollada.

 


Tamén podedes consultar a presentación nos arquivos adxuntos.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS. CURSO 2024/25.

Benvidos a un novo curso no CEIP Plurilingüe A Cristina!

Estas son as datas de reunión das titoras coas familias:

XOVES 5 DE SETEMBRO

  • Reunión das familias de 4º nivel de educación infantil (tres anos) ás 11:00 h na súa aula.
  • Reunión das familias de 5º nivel de educación infantil (catro anos) ás 11:00 h na súa aula.
  • Reunión das familias de 2º nivel de educación primaria ás 12:00 h nas aulas exteriores.

VENRES 6 DE SETEMBRO

  • Reunión das familias de 5º nivel de educación primaria ás 09:00 h na súa aula (1º andar).
  • Reunión das familias de 6º nivel de educación infantil (5 anos) ás 10:00 h (aula de Berta).
  • Reunión das familias de 3º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Elvira).
  • Reunión das familias de 4º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Maica, 1º andar).
  • Reunión das familias de 6º nivel de educación primaria ás 12:00 h (aulas 1º andar).

 A reunión das familias de 1º nivel de educación primaria fica pendente de confirmación.

REVISTA AS BRAÑAS 23-24

Para despedir o curso, convidámosvos a botarlle unha ollada a nosa revista escolar!!!

 

O noso alumnado creou moitísimas produccións das que poderedes gozar neste post, así como sentirvos dentro das nosas aulas coa vida de aula de diferentes cursos. 

 

ANIMADEVOS!! MOITAS GRAZAS POR FACELO POSIBLE!!!!

 

  

Distribuir contido