Benvidos a un novo curso no CEIP Plurilingüe A Cristina!
Estas son as datas de reunión das titoras coas familias:
XOVES 5 DE SETEMBRO
- Reunión das familias de 4º nivel de educación infantil (tres anos) ás 11:00 h na súa aula.
- Reunión das familias de 5º nivel de educación infantil (catro anos) ás 11:00 h na súa aula.
- Reunión das familias de 2º nivel de educación primaria ás 12:00 h nas aulas exteriores.
VENRES 6 DE SETEMBRO
- Reunión das familias de 5º nivel de educación primaria ás 09:00 h na súa aula (1º andar).
- Reunión das familias de 6º nivel de educación infantil (5 anos) ás 10:00 h (aula de Berta).
- Reunión das familias de 3º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Elvira).
- Reunión das familias de 4º nivel de educación primaria ás 11:00 h (aula de Maica, 1º andar).
- Reunión das familias de 6º nivel de educación primaria ás 12:00 h (aulas 1º andar).
A reunión das familias de 1º nivel de educación primaria fica pendente de confirmación.