RECICLAXE

Hoxe os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria puideron gozar duns marabillosos obradoiros de reciclaxe. 

Neles aprenderon o que vai en cada contedor, tendo en conta as cores e os contedores dispoñibles na súa contorna:

- Azul: cartón e papel.

- Verde: vidro:

- Amarelo: bricks, latas e botellas.

- Marrón: residuos orgánicos.

- Gris: resto de residuos. 

 

 

 

PVAD. DESFRUTANDO DA MILLA DIARIA EN COMPAÑÍA.

Os alumos/as de 6º de E.Infantil compartiron unha milla en compañía do alumnado de 5º e 6º B de E.Primaria.
 
Resultou unha “gran experiencia” para  os máis pequenos e  para os maiores.  Vivir o  sentimento  colectivo, é unha emoción que une, que fai equipo, xa que, o feito de compartir e de axudarse entre compañeiros/as, motiva moito ao alumnado.

 

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Polo cole xa estamos empezando a traballar ao redor do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Por aquí vos deixamos algúns recursos que podedes utilizar na casa cos vos@s peques e que poden parecervos interesantes. 

 

Presentación Proyecto Activismo Social Ilustrado Morado de Anais Buyo

CAIXAS DE APRENDIZAXE: DESCUBRIMOS O UNIVERSO

En segundo curso o alumnado traballou en equipo para resolver caixas de aprendizaxe sobre o universo. En cada caixa atoparon recursos e materiais necesarios para explorar de forma autónoma e superar distintos retos. Xuntos/as descubriron curiosidades sobre planetas, estrelas e moito máis!

MENS SANA IN CORPORE SANO

Aprendemos xogando a policías e ladróns coa profe Marta!

Na materia de Proxecto Competencial de sexto utilizamos o xogo de policías e ladróns! Partindo da cita "mens sana in corpore sano" cada estudante compartiu as súas ideas sobre a importancia de coidar mente e corpo.

Despois, convertéronse en "ladróns" para recoller e sumar as ideas dos demais, enriquecendo o seu propio traballo. Aprender de forma dinámica e divertida é posible... e moi efectivo!

 

APRENDEMOS A LER AS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS

No sexto curso traballamos un tema moi importante: a lectura das etiquetas dos alimentos. Cada neno/a trouxo un produto e analizamos xuntos os ingredientes, valores nutricionais e outras informacións clave. Descubrimos que entender o que comemos é fundamental para tomar decisións saudables! Foi unha experiencia moi útil que nos axuda a ser consumidores/as máis responsables.

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Durante este mes de novembro, estará habilitado o "Recuncho da Ciencia" na biblioteca do centro. Os/as alumnos/as que o desexen poderán observar mostras no microscopio, comprobar o estado da súa visión e, incluso, mirar a tensión!!

Pasádevos a botar un ollo!

 

Os alumnos e alumnas de segundo de primaria convertéronse tamén en auténticos científicos e científicas ao simular a formación das nubes! Dende o EDLG facilitáronse unhas plantillas para traballar o método científico.

Seguindo os pasos do método científico, realizaron un experimento no que observaron como se crean as nubes no ceo.

Resultou moi emocionante ver como aprendían e investigaban como profesionais da ciencia!

 

 

 

Tamén, os nenos de infantil empezaron a iniciarse no método ciencífico, empregando o microscopio para descubrir o mundo que os rodea!!!

 

 

 Adxunto a este post podedes atopar o PDF dos cadernos de investigación por se alguén está interesado ou interesada en seguir investigando!!!

 

CONSTRUÍNDO CON KAPPLA

A tablilla Kappla é un xogo que fomenta a creatividade en xogadores grandes e pequenos. Estimula e anima a explorar os límites desenvolvendo o inxenio, a lóxica e a perseverancia. Un recurso fundamental para facer máis atractivas algunhas zonas do patio. 

 

PVAD.RECREOS ACTIVOS:MÓVETE!

 
Co fin de continuar fomentando a actividade física durante os recreos, hoxe levamos a cabo unhas coreografías con aros, música e movemento.
 
Se che interesa, acércate ao ximnasio os luns,xoves e venres durante o recreo.
 
Anímate!

PVAD. CHEGAMOS ÁS 100 MILLAS!

Esta semana chegamos ás 100 millas percorridas da milla diaria desde o inicio de curso.

Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.

 

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

"Las TIC sirven para atraer el mundo a la escuela y para abrir la escuela al mundo"

Jordi Adell Segura

 

Dende o CEIP A Cristina estamos totalmente convencid@s de que as TIC supoñen unha gran ferramenta de traballo para a escola, pero tamén somos conscientes de que é a nosa labor facer que os nenos e nenas sexan usuari@s crític@s, constructiv@s e creativ@s. 

Por esta razón dende o equipo TIC creamos este decálogo de boas prácticas que deixamos aquí para que lle votedes unha ollada e que estará colgado nas nosas aulas. 

Porque nunca ven mal un recordatorio do bo uso das TIC, por aquí o tedes:

FINALISTAS E CAMPIÓNS DO CERTAME DE TEATRO LIDO

Como xa anticipamos, participamos na sección "TEATRO LIDO", dentro do certame de Teatro FIOT, organizado polo concello de Carballo e, por segundo ano consencutivo, Ross, Luna, Ana, Iria, Roque, Lucía e Victoria proclamáronse CAMPIÓNS!!!!!!

A interpretación que fixeron da obra "A mentireira historia da Carapucha verdadeira" foi excepcional, cómica e digna de actores e actrices profesionais. Noraboa!!!  

 

NOVA XORNADA DO ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

Nova xornada do Acompañamento Entre Iguais conmemorando o Samaín. O EDLG elaborou uns pasatempos e os nenos e nenas, mesturandos por grupos, conseguiron resolvelos de xeito colaborativo. Aquí van algunhas imaxes!

 

SAÍDA A GABENLLE

Que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil na saída de hoxe ao paseo fluvial de Gabenlle. Natureza, aire puro, diversión e momentos de xogo a carón dos compañeiros e compañeiras.

Botádelle unha ollada a este vídeo para ver canto desfrutaron!

ASÍ DESFRUTAMOS O SAMAÍN

O pasado mércores día 30 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto. Houbo obradoiros de cociña terrorífica na aula de tres anos, degustación de castañas e xogos para tod@s.

Os nenos e nenas da Cristina gozaron dunha xornada de xogos tracicionais elaborados con material reciclado, tendo en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e as tradicións propias da cultura galega. 

Asemade, o EDLG, preparou un material para crear historias e traballar o vocabulario desta época tan terrorífica. O material podedelo atopar adxunto a este post. 

 

PASÁMOLO DE MEDO!!

 

Distribuir contido