Familias
Dende a biblioteca Rego da Balsa comunícannos que terán lugar as seguintes sesións de contacontos dirixidas aos nenos e nenas de 4 a 8 anos. Non perdades a oportunidade de anotarvos! Ollade o cartaz e o arquivo adxunto. |
|||
Nos arquivos adxuntos podedes acceder a toda información relativa á Digital Week (horarios, actividades, dieta, normas...) e as pertinentes autorizacións. Como ben sabedes é unha actividade dirixida a 6º nivel de primaria e participaremos do 13 ao 19 de outubro. Terá lugar na antiga aldea de Os Peares e, de seguro, será unha experiencia inolvidable para tod@s. Botádelle un ollo á información.
|
|||
BENVIDAS FAMILIAS A UN NOVO CURSO NO NOSO COLE!! Aquí vos deixamos unha presentación coas entradas e saídas para que lle botedes unha ollada.
|
|||
Benvidos a un novo curso no CEIP Plurilingüe A Cristina! Estas son as datas de reunión das titoras coas familias: XOVES 5 DE SETEMBRO
VENRES 6 DE SETEMBRO
A reunión das familias de 1º nivel de educación primaria fica pendente de confirmación. |
|||
Lembrade que ata o venres 31 de maio podedes anotar aos vosos/as fillos no Conservatorio de Música de Carballo para acceder ao 1º grao de elemental. Chamade ao número de teléfono para informarvos! |
|||
O 25 de maio nas instalacións do Fórum de Carballo terá lugar a I Xornada de Inclusión Socioeducativa de alumnado TEA. Está organizada pola asociación Un Paso Máis e pretende dar visibilidade ao alumnado que presenta esta problemática así como ofrecer un lugar de intercambio de técnicas, experiencias e recursos.
|
|||
Informámosvos de que está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado específico de apoio educativo, dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024. Consultade as bases e o procedemento no arquivo adxunto ou ben premendo nas imaxes. |
|||
Dende o Concello de Carballo comunícannos que hoxe, 3 de abril de 2024, abriu o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental e Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo -Curso 2023-2024 que convoca o Concello de Carballo ata o vindeiro 3 de maio. Adxuntamos as bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude (dispoñible na páxina web do Concello de Carballo www. carballo.gal). As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica https://sede.carballo.gal ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 03 de maio de 2024. O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 11.00 a 12.30 h.
Nos vindeiros días farémosvos chegar os folletos cos requisitos e a información básica para poder repatir entre todo o alumnado de infantil. |
|||
O xoves 21 de marzo ás 18 h a Biblioteca Rego da Balsa desenvolve unha actividade organizada pola Biblioteca da Deputación da Coruña e coa que colaboramos, o espectáculo de Caxoto, "Contos vellos, finais novos",para axudar a romper cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral. A actividade indicada para nenas e nenos a partir de 9 anos, con máximo dun adulto acompañante por grupo.
Aforo limitado, con inscrición telefónica previa no 981 75 85 80.
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.
Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezado o evento.
Ademais se tes na casa nenas ou nenos de entre 13 e 17 anos e queres que forme parte dun grupo de apaixonados pola lectura, este é o seu club de lectura xuvenil! O segundo venres de mes contaremos coa presenza de Anxela Criado, educadora social, ela será a encargada de conducir o club, onde lerán un libro e reuniranse para comentalo co resto de rapazas e rapaces, achegándose a historias apaixonadas. Se queres que participe neste club, inscríbeo chamando ao 981758580. As prazas son limitadas!
|
|||
"Adolescentes, tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital" |
|||
A asociación "Un paso máis" é unha agrupación que traballa para promover a inclusión e a convivencia a través do deporte. Neste eido, deseñaron unha serie de actividades de maneira que cada neno e nena sexa atendido/a de forma personalizada, tendo en conta as súas características persoais. A súa meta é que tódolos nenos e nenas se sintan benvidos e incluídos, independentemente das súas habilidades ou experiencias previas, dentro dun ambiente seguro e acolledor. As actividades levaranse a cabo no CEIP Xesús San Luis Romero e teñen un custo mensual de 12 euros. Son as seguintes: CROSSKIDS (xoves das 17 a 18 h.)
UN PASO DANCE (martes das 16:30 a 17:30 h.)
|
|||
Desde mañá día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación pinchando neste enlace seguindo a ruta Solicitudes >Reserva >Crear. Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital. Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir a solicitude. En tal caso, haberá que esperar a cando se inicie o proceso de admisión. Adxúntanse os modelos de solicitude en galego e castelán, así como un resume das distintas opcións de presentación. |
|||
A Xunta abriu hoxe o prazo para descargar o Bono Deporte de 120 euros dirixido ás familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos que teñan licencia federada ou que participen no Programa Xogade. As solicitudes poderán realizarse ata o 29 de febreiro e os bonos poderán empregarse ata o 1 de xullo. Cada beneficiario disporá como máximo dun bono por cada neno ou nena, que se poderá descontar amosando o código QR no momento do pagamento nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa, que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña. Trátase dun sistema que funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira co importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido e irase consumindo en función do valor da compra. Pincha neste enlace para máis información: https://www.bonodeporte.gal/gl/client
|
|||
A asociación "Un Paso Máis" ten o pracer de convidarvos a súa xornada navideña de portas abertas, que se celebará o domingo 17 de decembro de 10:00 h a 13:00 h. Nela presentarán á nova xunta directiva e explicarán o seu proxecto para o próximo ano. Tamén contarán coa asistencia de Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas. Ademais, terán un espazo para aqueles e aquelas que queiran elaborar e entregar a súa carta. |
|||
Volve o Campamento de Nadal de Escolas de Balonmán Xiria xunto coa colaboración de Greenalia para que os/as peques desfruten das vacacións de Nadal facendo novas amizades e desfrutando do deporte e os obradoiros que temos preparados. Con actividades adaptadas a cada franxa de idade, transmitimos a idea dun ocio activo e saudable que favoreza, á vez, a conciliación familiar.
O campamento terá lugar nas instalacións do CEIP Fogar do 26 de decembro ao 5 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas. Está estinado a nenas e nenos nadas entre 2011 e 2019.
Máis info na web www.balonmanxiria.com/campamentodenadal ou por teléfono ou what´s app no 609 56 09 55. Infórmate xa!"
|
|||