Desde mañá día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación pinchando neste enlace seguindo a ruta Solicitudes >Reserva >Crear. Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital. Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir a solicitude. En tal caso, haberá que esperar a cando se inicie o proceso de admisión. Adxúntanse os modelos de solicitude en galego e castelán, así como un resume das distintas opcións de presentación.
|
|||||||||||||