Familias
O día 12 de decembro de 2023 na Sala Multiusos do IES Isidro Parga Pondal (Carballo), en horario de 18:00 a 20:00h, terá lugar unha formación sobre a loita contra as adiccións sen substancia, é dicir, sobre o uso das novas tecnoloxías no ámbito das relacións das que soe facer uso o alumnado. A ponencia realizarase a cargo do profesor Antonio Rial Boubeta (Universidade de Santiago) que exporá datos reveladores sobre o tema, ademais de convidarnos a reflexionar como comunidade, proporcionando pautas realmente útiles para o día a día. Pinchando aquí atoparedes algunha entrevista de Antonio Rial na Voz de Galicia. Así mesmo, adxúntanse enlaces coa información sobre a ponencia e algúns vídeos. https://www.youtube.com/watch?v=9cnyVKFVS2Q
|
|||
As Escolas Balonmán Xiria van ser as encargadas de levar a cabo a excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria fóra do período lectivo. No arquivo adxunto poderedes acceder a toda a información relativa entre a que se encontran as diferentes propostas sobre os lugares que poden visitar e as actividades a desenvolver en cada lugar, as normas, o emprego de dispositivos electrónicos, o custo, etc. Botádelle unha ollada ás condicións xa que as familias interesadas estades convidadas a unha reunión cun representante do Xiria o vindeiro luns día 11 de decembro ás 16:00 h no ximnasio do centro.
|
|||
"Cerebro e pantallas" é unha webinar na que se expoñen as consecuencias cognitivas do uso das pantallas nos primeiros anos de vida. Arredor deste tema tan interesante haberá unha xornada de formación presencial no vindeiro mércores 15 de novembro nas instalacións do Pazo da Cultura en Carballo, ás 19:00 h. A formación está dirixida a docentes e familias e a ponente será María Couso, licenciada en pedagoxía e cunha traxectoria contrastada no ámbito da neuroeducación. ANIMÁDEVOS!! Pinchade AQUÍ para acceder a súa web
|
|||