Os/as dezaseis atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son ,tiveron unha sobresaínte actuación.
JULIA CAMPIONA PROVINCIAL ALEVÍN FEMININO
EQUIPO ALEVÍN FEMININO (Luna, Ana,Victoria, Paula,Julia e Claudia) SUBCAMPIÓN PROVINCIAL
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (Alex,Thiago,Hugo,Adrián,Gael e Mateo) MEDALLA DE BRONCE
Tamén destacar a participación a nivel individual de Sara, Marta,Enzo e Lucía, que realizaron un gran papel.
MARTA E SARA BENXAMÍN FEMININO
ENZO ALEVÍN MASCULINO
LUCÍA INFANTIL FEMININO
RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESOLAR Noraboa e moitas grazas a todos/as polo voso esforzo e comportamento! Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas dúas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día. Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá. |
|||
Marta, Sara, Adrián, Hugo, Gael, Thiago,Álex,Mateo,Enzo, Julia,Luna,Claudia,Ana, Paula,Victoria e Lucía alumnos/as de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son. Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
Moita sorte a todos/as!!!
|
|||
Dende o día de hoxe están a vosa disposición as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2024/25 dos cursos: 4º nivel de educación infantil, 2º nivel de educación primaria, 3º nivel de educación primaria e 5º nivel de educación primaria, no hall do centro. Ante esta listaxe, poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partires do día de hoxe, perante o Consello Escolar. |
|||
Este xoves 21 de marzo tiñamos dúas citas moi importantes coa natureza: a primeira, conmemorar o Día da Árbore e, a segunda, coñecer de cerca o ciclo da auga. Como cidadáns, quixemos realizar unha pequena contribución ao coidado da natureza plantando árbores autóctonas no depósito do Seixo Branco, na aldea de Verdillo. Ao longo da semana, elaboramos unha adaptación do poema de Darío Xohán Cabana "O mundo chámase carballo", o cal recitamos despois da repoboación.
Tamén aproveitamos a visita para coñecer, de primeira man, as instalacións que conforman o ciclo da auga. Despois de visitar o depósito do Seixo Branco, que colle a auga do río Bardoso, achegámonos á depuradora máis importante do Concello de Carballo. Ali puidemos comprobar as distintas fases polas que pasa a auga antes de poder ser consumida nos nosos fogares: a fase de coagulación, a fase de decantación e o tratamento con cloro.
|
|||
Seis versos dunha famosa poeta andan escondidos polo cole! Seremos quen de atopalos todos? Con esta proposta rebelde, o Clube de Lectura vainos invitar a xogar coa poesía este xoves. Hoxe andaban a rematar todos os detalles finais, pero non podemos desvelar máis... Teremos que agardar ao xoves para resolver o misterio do Día Mundial da Poesía!
|
|||
Se de todo o que pasa no cole vos queredes enterar, o programa de radio da rapazada de primeiro tedes que escoitar! Así comeza o "Telexornal Miúdo, Miúdo", un informativo que inclúe todo tipo de seccións: lectura, natureza, actualidade, deportes... elaborado polos máis reputados xornalistas da contorna. Se pinchades AQUÍ accederedes á retransmisión. Noraboa por este traballo a estes alumnos e alumnas tan profesionais e a súa mestra, Carolina, por un podcast tan orixinal e unha montaxe extraordinaria!
|
|||
Tendo en conta as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres en Porto do Son,os organizadores do Campionato Provincial de campo a través escolar decidiron suspender a proba. Buscarase unha nova data á volta das vacacións de Semana Santa, da cal vos informaremos coa antelación suficiente. Desculpade as molestias. |
|||
Non hai mellor forma que conmemorar unha data tan significativa como o 8M (Día Internacional da Muller Traballadora) que convidando ás mamás do centro a que nos conten en que consiste o traballo que desenvolven. Neste eido, Yolanda, a mamá de Lucía e Leo, é técnica auxiliar de enfermería en partos nun hospital. Tróuxonos a indumentaria que emprega no seu día a día cando ten que axudar a traer un bebé ao mundo. Susana, a mamá de Carmen, estudou Xeografía e Historia. Ademais de comentarnos como fora a súa experiencia estudando en Santiago e os motivos que a levaron a escoller esa carreira, falounos dunha etapa da arte moi chamativa para ela: o postimpresionismo. Fíxonos un repaso pola vida do pintor Vincent Van Gogh e convidounos a representar en tres dimensións unha réplica do cadro "La silla vacía".
Marta, a nai de Xiao, é mestra no centro. Ensínalle a ler, a escribir e a falar aos nenos e nenas. Tamén é xefa de estudos e axúdanos moito a tódolos profes e ao resto do persoal do cole. Pero o que máis lle gusta a Marta é... Contar contos! E sabedes que conto lles contou aos nenos e nenas de 3 anos? Nin máis nin menos que "El monstruo de las emociones va al cole".
Pili, nai de Paula, é costureira en Inditex. A súa nai tamén era costureira e de aí aprendeu o oficio. Confecciona prototipos para que logo outros profesionais decidan se se poñen á venta ou non. Ten que prestar moita atención e ser milimétrica á hora de coser unha prenda. Puidemos comprobar que o seu traballo require de paciencia e moita precisión, poñéndonos nós mesmos e nós mesmas a coser!
Raquel, a mamá de Leo, é profe de francés na Escola Oficial de Idiomas. Explicounos onde está Francia, onde se atopan os países de fala francesa e vocabulario en francés: as froitas. Xogamos a adiviñar a froita cos ollos pechados e a dicir o seu nome en francés. Tamén nos convidou a degustar uns bombóns tipicamente galos. Mon dieu, quelle richesse!
Laura, a nai de Carmela, traballa nunha empresa de construción facendo proxectos de obra. E... a que non sabedes que? Estache a voltas cun proxecto moi interesante que é o proxecto do parque de Razo!!
Ana Belén Varela, mamá de Ana, é contable nunha empresa e tamén dirixe unha explotación agraria familiar. Seguro que nos axuda co horto cando comecemos a plantar na primavera!
MOITAS GRAZAS A TODAS POLA VOSA VISITA! Así mesmo, e como as actividades deben ser diversas e variadas, os nenos e nenas de 6º de primaria empregaron o material dos Polos Creativos "Coñecendo as estrelas" neste 8M. Consistiu en facer cubos quebracabezas con imaxes de mulleres importantes no mundo da ciencia, das artes... facendo un pequeno repaso sobre a biografía de cada muller.
|
|||
|
|||
No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos tratando de reformar o patio. Este último non só enriquece o espazo exterior do centro, senón que tamén permite a cohesión social, a creación de novos vínculos... O patio é o lugar onde se reúnen os nenos e nenas ao longo do día. Por este motivo, intentamos propoñer espazos nos que convivan grandes e pequenos, aprendendo así a coidarse e a respectarse. As novas mesas de experimentación e manipulación foron un reclamo para os alumnos e as alumnas de tódalas idades. Por outra banda, as mesas redondas convidan a organizar pequenos picnics.
|
|||
O alumnado de educación infantil disfrutou hoxe dunha sesión de ioga a cargo de Ana Prema. O ioga ofrece múltiples beneficios físicos, psíquicos e emocionais. Trátase dunha excelente ferramenta para traballar a respiración e a relaxación, convertindo o centro nun lugar de calma e sosiego para o alumnado. Os nenos e nenas aprenderán a relaxarse e a concentrarse de forma consciente.
|
|||
Velaquí vos deixamos uns recursos para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo. Pinchando na imaxe, accederedes a eles. Son moi diversos! Botádelle unha ollada! Tamén os nosos locutores Lucía, Xoel, Raúl, Irina, Desi e Lucas de 6º de primaria recitaron unha poesía do libro "Rosaura e o mar" de Isabel Blanco, unha homenaxe en clave literaria ás mulleres traballadoras do mar. Pinchade na imaxe para escoitar o audio!! Ten moito sentimento!!
|
|||
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos inclusive) de xeito presencial no centro escolar ou na sede electrónica.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR -SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente crumprimentada e asinada. -Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos: cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro (tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para, posteriormente, entregalo no centro). -Cubrilo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ -Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2022&numpub=1&lang=gl -DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DA IDADE DO/A ALUMNO/A (copia do libro de familia ou do DNI do alumno/a). -COPIA DO CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, se é o caso. -SÓ EN CASO DE CAMBIO DE CENTRO: documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos esixidos en cada nivel educativo ou etapa. Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).
HORARIO DE SECRETARÍA E DIRECCIÓN do 1 ao 20 de marzo: -Luns: de 08:55 h a 09:55h. -Martes: de 13:15 h a 14:05 h. -Mércores: de 09:05 h a 09:55 h e de 12:05 h a 14:05 h. -Xoves: de 13:15 h a 14:05 h. -Venres: de 10:45 h a 11:35 h, de 12:35 h a 13:15 h e de 13:15 h a 14:05 h. No caso de ter impedimentos para acudir neste horario, póñanse en contacto con nós por vía telefónica ou por correo electrónico. Toda a documentación e normativa pode descargarse nos arquivos adxuntos, así como no taboeiro do centro.
CALENDARIO DE DATAS -Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. -Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. -Presentación acreditativa dos criterios alegados en caso de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Do 24 de marzo ao 5 de abril. -Publicación no centro da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as: antes do 26 de abril. -Publicación no centro da listaxe definitiva de admitidos/as e non admitidos/as: -Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño. VACANTES PARA O CURSO 2024/25
|
|||||||||||||||||||||||
O vindeiro luns 4 de marzo ás 16:00 h convidamos ás familias do alumnado de nova incorporación (3 anos) a coñecer o noso centro.
|
|||
Esta semana continuamos coas celebracións do Día de Rosalía, seguindo a proposta da Asociación Galega de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. O alumnado de Infantil elaborou os seus propios debuxos baseados no seguinte poema de Rosalía: Que feira, rapaza, Así mo pediron Así mo pediron Cantaban os grilos, Campaban os prados,
Aquí podedes ver o marabilloso proceso de creación dos nosos artistas:
O alumando de 2º EP investigou sobre a vida de Rosalía:
O alumnado de 3º e 4º foi convidado a unha actividade organizada polo Concello de Carballo no parque de Rosalía, que inaguramos xuntos o curso pasado:
O alumnado de 4º tamén animouse a redactar un anaco de "Adeus ríos, adeus fontes" e elaborou este mural:
O alumnado de 3º, 4º,5º e 6º elaboraron un podcast que podedes escoitar neste enlace á páxina web da biblio do cole: http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia.html
Quedou incríble! Estes nenos e nenas son todos uns artistas!!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »