NOVA QUEDADA DO CLUBE DE LECTURA

Seis versos dunha famosa poeta andan escondidos polo cole! Seremos quen de atopalos todos?

Con esta proposta rebelde, o Clube de Lectura vainos invitar a xogar coa poesía este xoves. Hoxe andaban a rematar todos os detalles finais, pero non podemos desvelar máis...

Teremos que agardar ao xoves para resolver o misterio do Día Mundial da Poesía!