Grazas, eskerrik asko, merci, grazie, mahalo, danke, obrigado, ariagató... Palabras que se escriben diferente, que se pronuncian diferente pero que significan o mesmo: GRAZAS! Grazas á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina por axudar a que tódalas actividades plantexadas durante o curso se levaran a cabo. O alumnado de 5º de primaria quixo homenaxear a labor de tod@s con este mural.
|
|||
O departamento de orientación do centro elaborou pictos para colocar en tódalas dependencias do centro. Sinalar con pictos un centro educativo é acadar que este sexa accesible, non só fisicamente, senón cognitivamente. Implicará que tod@s coñezan e comprendan o entorno escolar.
|
|||
Aínda que tod@s experimentamos emocións constantemente, non tod@s somos igualmente conscientes dos distintos matices que acompañan a cada unha delas. E coñecelos é unha arte, unha arte que nos leva a ter unha vida máis armónica, máis plena. O alumnado de quinto de primaria dividiuse en grupos cooperativos para elaborar pequenas reflexións sobre algunhas desas emocións. O primeiro grupo fíxose chamar o "Ministerio da compaixón" e elaborou sete leis relacionadas coa percepción e a compenetración co sufrimento do outro. Por exemplo: a lei da consolación á persoa afectada mediante a cal, cando unha persoa se sinta despreciada por algunha causa, terá dereito a ser escoitada; ou a lei do compañeirismo absoluto que recolle que cando unha persoa cometa un erro nunha competición deportiva, hai que poñerse no seu lugar e animala, dicíndolle que non pasa nada e que todo o mundo comete erros.
O segundo grupo traballou sobre a tensión e o alivio, investigando sobre aqueles personaxes históricos que provocaron, ou ben inquedanza, ou ben o remedio a un mal. Dentro dos que produciron tensión incluíron a Francisco Franco e a Gavrilo Princip. Pola contra, entre aqueles que contribuíron ao alivio dos pobos, nomearon a Isabel Zendal e a súa difusión da vacina da viruela; a Alexander Fleming polo seu descubrimento do efecto antibiótico da penicilina ou a Betty Williams e a Mairead Maguire pola fundación do Movemento pola Paz en Irlanda do Norte.
Outro grupo investigou sobre a diferenza entre desexos, caprichos e soños, escribindo exemplos moi concretos para cada un dos termos. O último grupo investigou sobre a felicidade e propuxo unha serie de melodías musicais que lles transmitían, precisamente, esa emoción. Incluíron a Albano e Romina con "Felicitá", a Pharrell Williams con "Happy", a Coldplay con "Adventure of a lifetime" e, incluso, a Zapato Veloz co seu mítico tema "Tractor amarillo". Non podían deixar de lado a Beethoven co seu "Himno da alegría".
|
|||
Colaborando entre tod@s quixemos decorar as escaleiras do cole con mensaxes motivadoras para que o noso día a día sexa moito mellor. Nalgún momento da nosa vida precisamos palabras que nos animen e nos dén o empurrón que nos falta para esforzarnos, coidarnos... Fixemos unha selección de frases curtas e positivas que queremos compartir con tod@s vós!
"Diferentes camiños poden levar ao mesmo castelo" "Nunca é tarde para abandonar os prexuízos" "Respéctote, respéctame" "Confío en ti" "A forza radica nas diferenzas, non nas similitudes" "Moitas flores diferentes fan un ramo" "Non se pode deixar atrás a ningún compañeir@" "Tod@s temos os mesmos dereitos" "Na danza das emocións, a diversidade é arte" "Na nosa ringleira de corazóns, a diversidade é a nosa canción" "Cada quen brilla a súa maneira" "Inclusión que educa, diversidade que inspira" "As túas capacidades sempre serán máis grandes que calquera discapacidade" "O único imposible é o que non intentas" "A túa maxia está xusto dentro de ti" "Debemos estar orgullosos das nosas diferenzas" "A diversidade é riqueza" "Coas diferenzas de tod@s, podemos facer un gran equipo" "Rompendo barreiras, construíndo inclusión" "Se queremos, podemos" |
|||
O pasado venres día 21 de xuño e para celebrar o remate das clases, organizamos uns obradoiros de libre circulación por ciclos. O alumnado de educación infantil desfrutou dunha master class de zumba a cargo da profe Berta e de obradoiros para experimentar coa auga e a escuma. https://www.youtube.com/shorts/w4bcdHtp13A
@s alumn@s de 1º, 2º e 3º de primaria rotaron por varios obradoiros moi creativos e motivadores. Un deles foi o do herbolario de San Xoán, outro de pintura abstracta e o último de costura creativa. Interesantísimos!
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º nivel de primaria participación en obradoiros relacionados cos xogos de mesa, a creatividade e Piet Mondrain e un taller de escritura creativa.
|
|||
Para rematar o curso, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de E. Primaria desfrutou ao longo de toda a mañá dunha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.
Con esta actividade lúdica de iniciación o que se buscou foi que o alumnado desfrutara dun último día de clase dunha maneira lúdica e cooperativa.
|
|||
O alumnado de 5º de primaria e 5º de educación infantil elaborou conxuntamente unha maqueta dos arredores do centro comercial de Carballo. Escribiron os nomes dos lugares máis emblemáticos, pintaron e distribuíron os espazos. Tamén fixeron figuras en plastilina. Esta tarefa atopábase dentro da iniciativa Acompañamento Entre Iguais, tratando de construír cousas xuntos.
|
|||
Piet Mondrian foi un pintor holandés que entendía que a arte debería ser representada a través de liñas rectas e cores puras. Quixemos entón imitar a este artista vangardista cunhas pequenas obras de animais feitas en branco e con fondo negro, combinando azuis, vermellos e amarelos.
|
|||
Que sorpresa recibiron os nosos voluntarios e voluntarias da biblio "O recuncho de Nuno". As integrantes da equipa da biblio tíñanlles preparad@s un pequeno obsequio por tanto traballo e tanta dedicación á biblioteca do centro. Este espazo mellorou grazas ao bo facer de todos el@s! Esperamos contar con todos vós o próximo ano! GRAZAS!!
|
|||
O alumnado de segundo e cuarto de primaria celebrou durante o tempo de lecer de hoxe unha nova xornada do programa Acompañamento Entre Iguais. Esta vez mesturáronse para xogar xuntos a diferentes xogos de mesa: parchís, xadrez, oca, bingo... Pasárono de marabilla!
|
|||
No día de hoxe visitáronnos os deportistas do Clube de Salvamento e Socorrismo de Carballo (SYSCA). Grazas a eles puidemos coñecer de primeira man en que consiste este deporte, que goza de gran aceptación lonxe das nosas fronteiras en países como Australia, Nova Zelanda ou Sudáfrica. Trouxeron con eles algún material acuático como o floppi ou brazo de rescate, unha táboa, unhas aletas e dous maniquís.
Moitas grazas! Sodes os mellores!
|
|||
No día de onte, os alumnos e alumnas de 5º nivel de educación primaria fixeron un percorrido por algúns dos murais que forman parte da iniciativa "Derrubando muros" en Carballo. Luna e Ross prepararon un itinerario e convidaron aos seus compañeiros e compañeiras a realizar un roteiro onde lles ían explicando algúns datos curiosos sobre as obras. A primeira parada foi "Morriña". Esta obra representa un sentimento moi arraigado á nosa patria. Obśervase unha combinación de cores grises. A segunda parada foi "O lapis do grafiteiro". Se vos fixades as figuras que están a maior altura empregan cordas e as que están colgadas a menor altura usan ferramentas. Despois dirixímonos a ver "A orixe II".
Este mural chámase así porque o mesmo autor pintara antes outro mural dun buzo. Predominan as cores azuis. As últimas obras que visitamos foron "O músico" e "Fina de Carballo, a muller Nitromón". "O músico" representa a unha figura que chama ao espíritu xove e libre e crea un ambiente máxico no seu entorno. No último mural, aparece representada unha señora cunha variante da pataca de Carballo, unha pataca fina. Simula á figura de Obélix coa pedra cargada ás costas.
|
|||
Dende o EDLG estamos a traballar con varios centros con intercambios de debuxos, presentacións e postais.
O alumnado do centro esta aprendendo sobre nenos e nenas doutros colexios, unha actividade, colaborativa, enriquecedora e relacionada co noso proxecto de centro "EmocionArte". Esta vez, da man da excompañeira e profe Paula, que dende o seu novo centro, quixo colaborar con nós! Incríbles debuxos, os nenos de nenas do centro están moi contentos de ter recibido as vosas creacións! Só temos palabras de agradecemento a todos os centros colaboradores!
SEN VÓS, ISTO NON SERÍA POSIBLE! |
|||
A comezos de setembro, o alumnado de 5º elaborou unha pequena entrevista sobre as emocións, reflexionando sobre como eles e elas esperaban o transcorrer do ano académico. Meteron o portfolio nunha cápsula do tempo que acabaron de abrir esta semana. Que sorpresas!
|
|||
Canto disfrutaron os nosos nenos e nenas de educación infantil da visita a Corax Fauna! Nunca estiveron tan preto de felinos e tartarugas, entre outros animais salvaxes. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »