No día de onte, os alumnos e alumnas de 5º nivel de educación primaria fixeron un percorrido por algúns dos murais que forman parte da iniciativa "Derrubando muros" en Carballo. Luna e Ross prepararon un itinerario e convidaron aos seus compañeiros e compañeiras a realizar un roteiro onde lles ían explicando algúns datos curiosos sobre as obras. A primeira parada foi "Morriña". Esta obra representa un sentimento moi arraigado á nosa patria. Obśervase unha combinación de cores grises. A segunda parada foi "O lapis do grafiteiro". Se vos fixades as figuras que están a maior altura empregan cordas e as que están colgadas a menor altura usan ferramentas. Despois dirixímonos a ver "A orixe II".
Este mural chámase así porque o mesmo autor pintara antes outro mural dun buzo. Predominan as cores azuis. As últimas obras que visitamos foron "O músico" e "Fina de Carballo, a muller Nitromón". "O músico" representa a unha figura que chama ao espíritu xove e libre e crea un ambiente máxico no seu entorno. No último mural, aparece representada unha señora cunha variante da pataca de Carballo, unha pataca fina. Simula á figura de Obélix coa pedra cargada ás costas.
|
|||