RESOLUCIÓN DE XORNADA LECTIVA EN SESIÓN ÚNICA DE MAÑÁ

19/05/2010 00:40
Etc/GMT+1

Con data de entrada no noso centro do 19/05/2010, recibimos a resolución da xornada lectiva en sesión única de mañá, na cal, se resolve o seguinte:

1. Autorizar a xornada lectiva en sesión única de mañá no CEIP A Cristina, do concello de Carballo ( A Coruña). Horario:9:05 a 14:05 de luns a venres.

2. A xornada lectiva que se autoriza non poderá modificarse nun período de tres anos académicos, sen prexuízo da súa revogación de conformidade co apartado décimo primeiro da Orde do 20 de maio de 2008.

A resolución ven firmada por Don José Manuel Pinal Rodríguez  (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos) 

 

PRIMEIRAS XORNADAS LUDICULTURAIS

14/05/2010 15:35
Etc/GMT+1

O vindeiro mércores 19 de Maio inauguraranse as " Primeiras Xornadas Ludiculturais", que se desenvolverán ata o día 31 de Maio ,organizadas polo colexio, e que pretenden acercar o coñecemento da cultura e das tradicións ao alumnado e as familias, contribuíndo ao coñecemento daquelas actividades representativas da comunidade e entorno onde se sitúa este colexio.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2010/11

13/05/2010 21:22
Etc/GMT+1

 Esta resolución definitiva na admisión do alumnado ditada polo consello escolar do Ceip. A Cristina poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a titular do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os alumnos/as non admitidos nesta 1ª  fase, pasarán á Comisión de Escolarización, que determinará o Centro no que se escolaricen . Antes do inicio da fase de matricula a Comisión de Escolarización asignará as vacantes.

As prazas reservadas para "Necesidades Educativas Especiais", de non cubrirse por este réxime, pasarán aos alumnos que quedaron excluídos según os criterios de puntuación e preferencias manifestados.

Do 20 ao 30 de Xuño formalizarase a matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

 

SEMANA DO LIBRO (CONCELLO DE CARBALLO)

 

                                                       SEMANA DO LIBRO   

                                   PARTICIPACIÓN DOS CENTROS ESCOLARES DO CONCELLO

DENDE O 9 DE MAIO ATA O 14 DE MAIO O CONCELLO DE CARBALLO CELEBRA A SEMANA DO LIBRO CON UNHA SERIE DE ACTIVIDADES DAS QUE ESTÁN A DISFRUTAR OS ALUMNOS DOS DIFERENTES CENTROS; CON SESIÓNS DE CONTACONTOS, OBRADOIRO DE REGUEIFA (PINTO D´HERBÓN E LUÍS "O CARUNCHO) OBRADOIRO DE MAXIA (MAGO RAFA)...

A VERDADE É QUE FOI UNHA MAÑÁN DIFERENTE E MOI DIVERTIDA.

DESTACAR ADEMÁIS A COLABORACIÓN DOS COLEXIOS DO CONCELLO NA REALIZACIÓN E EXPOSICIÓN DE DIFERENTES TRABALLOS RELACIONADOS COA TEMÁTICA DE REFERENCIA "A CIDADE"

NO  CASO DO NOSO CENTRO "A CRISTINA" OS ALUMNOS  ADAPTAN E ILUSTRAN O LIBRO " RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE".

COLABÓRASE ADEMÁIS COA EXPOSICIÓN DO PROXECTO "AS ADIVIÑAS NA FALA VIVA" REALIZADO POR ALUMNOS DE 6º DO CURSO 2008 - 2009.

 PROXECTO QUE FOI PREMIADO POLA "FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS".

                                                  PINCHA AQUÍ

                            LIBRO

HOXE XOGAMOS COA LOITA OLÍMPICA

11/05/2010 00:39
Etc/GMT+1

Xogade - Xogos galegos deportivos en idade escolar

Dentro do programa Xogade( Xogos galegos deportivos en idade escolar) os alumnos/as de 3º curso de E.Primaria desenvolverán hoxe unha actividade lúdica recreativa de loita olímpica.

Esta actividade ten como obxectivo principal o acercamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas  empregando a mellor das ferramentas das que dispón a educación: o xogo.

HOXE XOGAMOS CO TAEKWONDO

05/05/2010 00:41
Etc/GMT+1

Xogade - Xogos galegos deportivos en idade escolar

Dentro do programa Xogade( Xogos galegos deportivos en idade escolar) os alumnos/as de 6º curso de E.Primaria desenvolverán hoxe unha actividade lúdica recreativa de taekwondo. Mañá disfrutarán da mesma os alumnos/as de 2º curso de E. Primaria.

Esta actividade ten como obxectivo principal o acercamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas  empregando a mellor das ferramentas das que dispón a educación: o xogo.

CATRO NEN@S DO COLEXIO PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO DO DÍA DA NAI ,ORGANIZADO POLO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE CARBALLO

29/04/2010 00:35
Etc/GMT+1

Catro alumn@s do noso colexio foron premiados nas distintas categorías do concurso de debuxo sobre o "día da nai " organizado polo Centro comercial aberto do concello de Carballo.

Os afortunados son:

  • Aitana Souto Rodríguez ( Infantil 4 anos). 1º Premio.Cheque regalo de 90 euros.
  • Ismael Barreiro Queijo ( Infantil 3 anos). Premio Accesit. Cheque regalo de 20 euros
  • Roi Figueiras Pose ( 3º curso de E. Primaria). Premio a participación e un lote de libros.
  • Nerea Vilariño Cabeza ( 3º curso de E. Primaria). Premio accesit.Cheque regalo de 20 euros.

Os galardoados recibirán os seus premios mañá Venres ás 19 horas na sede do Centro Comercial aberto situada na R/Fomento, 21,23, 1º.

¡NORABOA!

LIMPEZA DAS PINTADAS DAS PAREDES EXTERIORES DO COLEXIO

26/04/2010 00:12
Etc/GMT+1

Despois da petición feita no curso pasado  polos responsables do colexio ao concello, e tras moitos intentos para eliminar as pintadas que hai nas paredes exteriores do colexio, durante a semana pasada a brigada de obras, Protección Civil e Siro, o conserxe do colexio, intentaron unha vez máis eliminar por completo as pintadas, e aínda que se pode apreciar que o seu traballo dou resultado,  a súa eliminación por completo segue resultando moi dificultosa ao igual que ocurriu noutras ocasións.

 

Este tipo de actos vandálicos son moi difíciles de controlar e facemos un chamamento para que se respeten os espazos do colexio e impere o civismo. 

Desde o equipo directivo  queremos agradecer de novo a colaboración e o interés amosado neste tema polos responsables e traballadores municipais.

CORRELINGUA

 

CORRELINGUA 2010


O alumnado de 5º curso do CEIP A CRISTINA, participa no concurso de banda deseñada, convocado polo CORRELINGUA.



Preme na imaxe e verás o seu traballo

correlingua

Libros de texto

Adxuntamos os arquivos cos libros de texto para o vindeiro curso 2012-2013.

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP. A CRISTINA INCLINOUSE MAIORITARIAMENTE POLO SÍ Á XORNADA ÚNICA

26/02/2010 10:35
Etc/GMT+1

Na votación celebrada no día de onte, os pais/nais e titores do Ceip. A Cristina inclinaronse polo sí á Xornada única en sesión de maña, xa que, máis do 80% dos votos foron favorables.

Entre os datos máis destacados da xornada de onte, sinalar a altísima participación, que se pode considerar de  histórica, xa que, exerceron o dereito ao voto o 90% das familias que conforman o censo electoral.

O resultado da votación foi o seguinte:

  • Votos emitidos: 173 ( 90%)
  • Votos a favor: 139 ( 80%)
  • Votos en contra: 34 ( 20%)
  • Votos nulos: 0
  • Votos en branco: 0

Desde o Equipo Directivo do centro queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa do colexio, a súa participación e  colaboración en todo o proceso.

MOITAS GRAZAS!!!!!!!

 

O ENTROIDO

ENTROIDO:FESTA DIVERTIDA   

ChuloUn curso máis o noso centro prepárase para celebrar as festas de entroido, para tal ocasión, nenos/as, nais/pais e mestres/as estamos coa preparación dos disfraces.

Diferentes culturas daranse cita no colexio ese día ( Chinos, africanos, indios, romanos, gregos, exipcios, hawaianos) como se pode ver a cor non vai fallar.

Por outra banda temos a señora MECA dándonos ordes, donde nos esixe que cada día da semana debemos levar posta unha peza distinta, eso sí...sempre o que ela dispoña. Pois... faremos o que nos diga, non vaia ser que nos colgue un entroido nas costas.      

                                       Preme na foto.

 

 

ACTIVIDADE - "ENROLADOS"

 

Alumnos do 2º e 3º ciclo desprazáronse ata A Coruña para realizar unha actividade relacionada  co coñecemento do mar. O título era " ENROLADOS" patrocinada pola fundación Mª José Jove.

Tiveron a posibilidade de realizar un percorrido polo mar nun pequeno veleiro, por certo algo descoñecido para eles, así como de coñecer a existencia de certas especies mariñas.

Resultou ser unha enriquecedora e bonita excursión.

 Segundo eles non lles importaría repetir.

enrolados

 

 

 

 
Distribuir contido