30 DE XANEIRO...DÍA DA PAZ

Nesta data,30 de xaneiro, celébrase o día escolar pola PAZ, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI.         Para ver parte dos seus traballos pincha AQUÍ


                       


FRASE DE GANDHI:


 Hay suficiente en el mundo para cubrir las necesidades de todos los hombres, pero nó para satisfacer su codicia.


Traballaremos sobre este tema, realizando diferentes actividades cos alumnos do centro.


Actividades con:Lecturas axeitadas, manualidades, escoitando e cantando algún tema musical relacionado coa PAZ, etc, etc.


Como exemplo,PINCHA NO SEGUINTE ENLACE E:


                                                        ESCOITA - LE - OBSERVA.


Vale a pena, pola mensaxe que transmite.


                                  http://youtu.be/I7VTjE81N5Y

Mañá é o GRAN DIA!!!

20/01/2012 17:00
20/01/2012 18:52
Etc/GMT+1

Mañá @s nen@s do Ceip A Cristina participan na Fase Intercomarcal de Campo a Través que se celebrará no circuito de Acea de Ama (Culleredo).

Lembrade que o importante é participar e chegar a Fase Intercomarcal xa é un premio, e de seguro que os resultados tamén o serán.

Moita sorte e a facer unha gran carreira!!!!


NADAL 2011

21/12/2011 23:18
Etc/GMT+1

                         


Os mestr@s do Ceip A Cristina deséxanlles un


BO NADAL e FELIZ 2012


Preme AQUI para ver vistosas imaxes.

Información ás familias

08/12/2011 19:53
08/12/2011 21:53
Etc/GMT+1

Infórmase que o día 9 de Decembro non será lectivo, segundo o artigo 7 da orde do 24 de maio polo que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

                                        A dirección

Información ás familias

29/10/2011 18:33
Etc/GMT+1

O vindeiro luns 31 de outubro non haberá clases por celebrarse o día do ensino, segundo establece a orde do 24 de maio de 2011 polo que se aproba o calendario escolar para  o curso 2011/2012 nos centros sostidos con fondos público no seu artigo 7. Verémonos de novo o mércores día 2 de novembro.

CARTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS DA ASOCIACIÓN DE EQUIPOS DIRECTIVOS DA PROVINCIA DACORUÑA

12/09/2011 23:19
Etc/GMT+1






A Xunta Directiva da Federación Galega de Directivos de Centros Públicos (FEGADICEP), da que forma parte esta Asociación, na súa reunión do 5 de setembro decidiu remitir a todos os centros educativos de Galicia unha nota informativa para que as familias poidan ser coñecedoras da situación que estamos a vivir nos centros educativos e da presión a que se nos somete aos equipos directivos.  


 


Asociación de Equipos Directivos da Provincia da Coruña

NOTA INFORMATIVA INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

08/09/2011 23:15
Etc/GMT+1


As clases do  CURSO ESCOLAR 2011-12, iniciaranse o vindeiro luns 12 de setembro.


O horario será de 9.05 horas a 14.05 horas.


Os alumn@s de E.Infantil de 3 anos seguirán o horario fixado pola súa titora para o período de adaptación.


 Poden consultar no tríptico do arquivo adxunto, toda a información relevante sobre a organización do novo curso escolar.


Benvidos de novo!

INICIO DO CURSO 2011-2012

31/08/2011 17:00
Etc/GMT+1


Xa falta pouco para que se inicien as clases, e hoxe o persoal do centro, comeza a traballar para que todo esté preparado para o Luns 12 de Setembro, día no cal todo o alumnado do centro iniciará as súas actividades lectivas.


Neste espazo publicaremos , ao igual que no curso pasado, tódalas novidades,noticias, informacións, etc... relevantes do noso centro.


O horario de atención ao público da Secretaría do día 1 ao 9 de Setembro, será das 9.30 ás 10.30 horas.


Un saúdo e ata moi pronto.

ENTREGA DE PREMIOS DO 17º CONCURSO ESCOLAR DE DEBUXO DA ASOCIACIÓN ANTIDROGA VIEIRO

26/05/2011 00:19
Etc/GMT+1

 



O xoves día 26 de maio ás 20 horas no Salón de Actos da Casa da Xuventude, sito na rúa Valle Inclán de Carballo, entregaranse os premios do 17º concurso escolar de debuxo organizado pola Asociación antidroga " Vieiro" que este ano tivo como lema: " Por unha vida Sá".


 Entre os premiados hai varios nen@s do noso centro:


 EDUCACIÓN INFANTIL – 5 AÑOS:  


·       KATIA REYES CASTRO                     


·       ALEJANDRA PASTORIZA CARBAJALES                     


 1º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA:


 ·       ANABEL ANDRADE MIRA                        


 3º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA:


·       CÉSAR VARELA MESEJO                         


·       VALERIA GÓMEZ ÁLVAREZ                    


·       MARTA GERPE SOUTO                       


 CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA:


·       LUCÍA RODRÍGUEZ DÍAZ                              


·       NEREA VILARIÑO CABEZA                          


5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA:


·       NOELIA RIVEIRO ROJO 


 Noraboa a tod@s!

SAÍDA DO 2º CICLO A SANTIAGO

                                            INTENSA E BONITA SAÍDA A SANTIAGO


                                                  PARA VER FOTOS, PREME AQUÍ


                                          Ficheiro adxunto.

ENTERRO DO MECO

TODOS OS ENTERROS SON TRISTEIROS E POR SUPOSTO QUE NO DO NOSO MECO ASÍ O DEMOSTRAMOS.


OS SEUS HERDEIROS CUMPLIMOS A SÚA DERRADEIRA  VONTADE "SER INCINERADO"


OLLADE E ASÍ O COMPROBAREDES. CLICK.

O ENTROIDO NO NOSO CENTRO..........XENIAL

                                    


AOS NEN@S ENCÁNTALLES FACER POR UN DÍA DE MAIORES E AOS MAIORES GÚSTANOS PASAR POR NENOS. O IMPORTANTE É QUE UNS E OUTROS DISFRUTAMOS DUN GRAN DÍA.


SE TES INTERESE EN OLLAR O DESFILE DE BANDAS URBANAS FAI CLIK.

ENTROIDO - 2011

 


De novo chega a festa máis trangalleira de todo o curso "O ENTROIDO".


Coma sempre o noso centro vaino celebrar o próximo venres , 4 de marzo, converténdonos por un día en auténticas bandas urbanas: seremos punkys, góticos, rapeiros, roqueiros, heavys, pijos, hippies...


 Faremos que sexa un día inesquecible, distinto...bailaremos, cantaremos, comeremos...en resumo que nos esqueceremos das tarefas habituais para vivir uns momentos máxicos.


Por outra parte o MECO xa se dispuxo a darnos ordes, cada día imponnos unha tarefa que todos debemos cumprir.


                                  mostraremos fotos deste entroido 2011.

BO PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NO CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

20/02/2011 12:46
Etc/GMT+1

No Campeonato Provincial de campo a través disputado  o pasado sábado la localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, @s atletas do noso colexio fixeron un bo papel, xa que, tanto Valeria Gómez(10º posto), Noelia Riveiro(9º posto) e o equipo alevín masculino( 4º posto), a  piques estiveron de acadar a clasificación para o Campeonato Galego que se disputará o vindeiro mes de Marzo en Ourense.


@s 17 nen@s que representaban ao noso colexio estiveron a unha grande altura, dando unha moi boa imaxe ,e sobre todo ,demostrando que con esforzo e ilusión poden chegar moi lonxe.


Noraboa a tod@s e grazas polo voso esforzo e comportamento.


 

NOVAS FOTOGRAFÍAS DO NADAL

 

SE PREMES AQUÍ PODES VER NOVAS FOTOS DO NADAL 2011.

Distribuir contido