Un ano máis presentámosvos as actividades traballadas na semana das Letras Galegas que este ano están adicadas ó autor Valentín Paz Andrade.
Os alumnos/as participaron na elaboración de diversas actividades entre as que destacamos, por un lado unha liña cronolóxica dos autores homenaxeados nas Letras Galegas dende o ano 2006 ata o 2011, lembrando a vida e obra de cada autor. Por outro lado elaborouse o mapa de Galicia centrándose na vida e obra de Valentín Paz Andrade. PREME E VERÁS MÁIS IMAXES
|
|||
A ANPA do colexio A Cristina programou unha serie de actividades que se realizaron ao longo da semana. Entre estas actividades: Destacar
Foron os papás e mamás (membros da ANPA) os encargados de realizar estas actividades para os alumn@s do centro, polo que toda a comunidade escolar lles damos as máis sinceiras grazas. Do mesmo xeito agradecemos ao parque de bombeiros, ese magnífico simulacro de incendio, donde todos o poidemos vivir con auténtico realismo. GRAZAS A TODOS.
|
|||
10/05/2012 16:55
Etc/GMT+1
O vindeiro Martes 15 de Maio os alumn@s de 6º curso de Educación Primaria disfrutarán dunha actividade de carácter informativa-divulgativa para coñecer a práctica da espeleoloxía de maneira lúdica e cooperativa.
A actividade será dirixida por Técnicos Deportivos en Espeleoloxía da Escola Galega de Espeleoloxía, que visitarán o noso centro para realizar,dentro do horario escolar, unha exposición multimedia e unha posterior actividade práctica no ximnasio do centro.
Teñen máis información sobre actividade no blog de educación física do centro:
http://disfrutamosmovndonos686983686.blogspot.com.es/
|
|||
|
|||
|
|||
16/04/2012 00:59
Etc/GMT+1
O Concello, a través do Padroado Deportivo Municipal, informa da celebración, o domingo 17 de xuño, da II Carreira Popular 10 Qm. Concello de Carballo. Está prevista a celebración de carreiras para escolares e categorías inferiores. A participación é totalmente gratuíta e as inscricións admítense até o luns 11 de xuño. Poden consultar toda a información sobre esta carreira no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com/ |
|||
O venres trece de abril os alumnos de primaria disfrutarán dunha nova sesión de animación lectora. Contamos nesta ocasión coa colaboración dunha contacontos, Viki, (editorial Alfaguara), que deleitará aos alumnos, facéndoos protagonistas das obras que todos eles leron neste curso. O BO LECTOR NON NACE...FAISE CLIK AQUÍ
|
|||
Hoxe ( 19 DE MARZO) os alumn@s do terceiro ciclo tiveron a sorte de compartir unha divertida e instructiva actividade con un xenial autor e ilustrador: Abraham carreiro. pincha AQUÍ Estiveron en todo momento moi atentos ás explicacións que lles ía dando...A verdade é que disfrutaron, preguntaron, participaron...
|
|||
|
|||
Continuando cos obxectivos propostos dende Biblioteca, informamos que o vindeiro luns, 19 de marzo, contamos coa visita do ilustrador e escritor Abrahan Carreiro.
|
|||
07/03/2012 23:42
Etc/GMT+1
O vindeiro sábado 10 de Marzo en horario de tarde celebrarase unha Carreira popular na zona da Torre de Hércules con motivo do Campionato de España de campo a través escolar e universitario, onde haberá unha nutrida representación dos atletas do noso centro. Poden consultar toda a información do evento no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com/ |
|||
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2012-1013 Entre os días 1 de marzo e 10 de abril, ámbolos dous inclusive, estará aberto o prazo de inscripción para o novo alumnado. (Lémbrase que entre os días 31 de marzo e 9 de abril o centro estará pechado polas vacacións de Semana Santa.) No apartado de Secretaría - admisión, figura a normativa e impresos a presentar.
|
||||
28/02/2012 22:24
Etc/GMT+1
Nos traballos non hai ninguén imprescindible, pero sí hai persoas importantes e que deixan pegada polo seu esforzo,actitude, forma de ser, e sobre todo, pola súa competencia e responsabilidade. Unha desas persoas é o noso conserxe Siro, que no día de hoxe finaliza a súa etapa laboral no noso colexio. Ás veces non vemos,nin valoramos o traballo de compañeiros como Siro, ese traballo silencioso, pero moi importante para que un centro funcione. Creo que é de xustiza recoñecerlle o seu esforzo, traballo e implicación no proxecto do colexio.Na súa etapa non recordo unha mala palabra, unha mala cara,todo foron boas palabras, boa disposición en pro do colexio. Está claro que no día de hoxe o colexio perde a un grande profesional, pero sobre todo, a unha grande persoa que durante os meses que estivo entre nós, deixou a súa impronta e o seu saber estar. Non sabemos si voltarás de novo, ¡agardamos que sí!, pero ten por seguro que os que traballamos no día a día contigo, botarémoste de menos. Desde aquí queremos darche as grazas e que saibas que no noso colexio sempre terás as portas abertas, porque xente coma ti, merece a pena. Moitas grazas por todo e ata moi pronto compañeiro. |
|||
16/02/2012 17:51
Etc/GMT+1
Yonatan Lema representará por primeira vez ao noso centro nun Campionato Galego O vindeiro 25 de Febreiro celebrarase no circuito da Azucareira en Portas ( Pontevedra), o Campionato Galego de campo a través en idade escolar, onde participará o atleta do noso centro Yonatan Lema. Despois da súa grande actuación no Campionato Provincial celebrado o pasado sábado na Pobra do Caramiñal, Yonatan intentará loitar por unha medalla cos mellores atletas alevíns de Galicia. Noraboa e moita sorte campión! Poden consultar toda a información do evento no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com/
|
|||
Para ver IMAXES, fai CLIC Xa chegou, aquí o temos...falamos por suposto do ENTROIDO, tempo de festas, de disfraces, de comilonas...de diversión. Os alumnos de sexto, tiveron a "brillante" idea, de cambiarlle de forma ao MECO, decidiron disfrazalo este ano de PATRICIO ( eso sí, un Patricio moi moreniño) O LUNS...A divertirte virás, para elo PERRUCA ou SOMBREIRO traerás. O MARTES...Se a Patricio te queres parecer, unha divertida GRAVATA debes traer. O MÉRCORES...Se BIGOTES ou BEIZOS queres pintar, tranquil@ que ninguén che vai regañar. O XOVES...Se a miña (PATRICIO) mala memoria NON queres ter, ZAPATOS diferentes debes traer. O VENRES...Celebración do entroido no colexio. Neste día, alumn@s, mestr@s... virán disfrazados libremente, o MECO xa non decide. Polo tanto despídese ata o vindeiro curso, eso sí desexándonos a tod@s unhas boas festas de entroido. Ademais das tarefas propostas por Patricio, os alumn@s do centro realizarán outras actividades como: caretas, disfraces, recital de cantigas, música, festiña de aula etc,etc. Intentaremos disfrutar dunha das festas mais trangalleiras do ano.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- seguinte ›
- última »