31/08/2011 17:00
Etc/GMT+1
Xa falta pouco para que se inicien as clases, e hoxe o persoal do centro, comeza a traballar para que todo esté preparado para o Luns 12 de Setembro, día no cal todo o alumnado do centro iniciará as súas actividades lectivas. Neste espazo publicaremos , ao igual que no curso pasado, tódalas novidades,noticias, informacións, etc... relevantes do noso centro. O horario de atención ao público da Secretaría do día 1 ao 9 de Setembro, será das 9.30 ás 10.30 horas. Un saúdo e ata moi pronto. |
|||