Velaiquí algúns exemplos de como adaptar probas de comprensión lectora para que todo o alumnado teña acceso á información e sexa capaz de identificar os recursos axeitados.
Propoñemos textos ben estruturados, onde se resalta a información importante a través de técnicas como o subliñado, a negrita ou o uso da maiúscula. Os parágrafos son curtos e inclúense textos literarios como non literarios. O apoio visual tamén é fundamental.
Botádelle unha ollada a ver que vos parece!
|
|||
Esta mañá celebrouse a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.
O noso centro estivo representado por 82 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
Aínda que todos os nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Julía García ; a de prata de Hugo Castro e a medalla de bronce de Enzo Palanca. Destacar tamén, que os equipos benxamín masculino e alevín feminino acadaron o segundo posto, e o equipo alevín masculino o terceiro posto.
Con estes resultados serán 16 atletas do noso centro os que nos representarán no Campionato Provincial de centros educativos, que se celebrará o venres 15 de Marzo, no circuito Virxe do Loreto de Porto do Son.
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas ao equipo directivo do centro, as titoras, e en especial,a Marta,Patricia e Esther, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe.
Moitas grazas!
Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL MARTA VILLASENIN FACAL ( 4ª CLASIFICADA BEMXAMÍN FEMININO) SARA ANTELO FRAGA ( 7ª CLASIFICADA BEMXAMÍN FEMININO) ENZO PALANCA COUSILLAS(3º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO) LUCÍA LOIS COUSILLAS(9ª CLASIFICADA INFANTIL FEMININO) CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS BENXAMÍN MASCULINO 2º CLASIFICADO
HUGO CASTRO LADO
MATEO GONZÁLEZ SANMARTÍN
YOEL GRILLE CALVIÑO
ADRIÁN GARCÍA RECAREY
GAEL MÉNDEZ ABELENDA
ÁLEX GARCÍA MARIÑO
ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO
JULIA GARCÍA REMUIÑÁN
LUNA LORENZO ANTELO
VICTORIA RAMOS VARELA
PAULA BOLÓN COTELO
ANA CARRACEDO VARELA
CLAUDIA CASTRO MARTÍNEZ
CLASIFICACIÓNS FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (2º CLASIFICADO)
EQUIPO BENXAMÍN FEMININO (4º CLASIFICADO) EQUIPO ALEVÍN FEMININO (2º CLASIFICADO)
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO (3º CLASIFICADO)
( 1ª CLASIFICADA ALEVÍN FEMININO)
(2º CLASIFICADO BENXAMÍN MASCULINO)
ENZO PALANCA COUSILLAS
(3º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO)
|
|||
Ao longo deste trimestre, continuamos co programa de Acompañamento Entre Iguais. Como xa sabedes, trátase dunha iniciativa enmarcada dentro da modalidade dos Contratos Programa Inclúe e consiste en que o alumnado, organizado en parellas ou pequenos grupos, comparta momentos semanais (entre 20 e 30 minutos) realizando actividades conxuntas. Os/as alumnos/as están mesturados por etapas ou ciclos.
Nesta ocasión, os acompañantes buscan un xogo e comparten un momento lúdico cos acompañados. Esta iniciativa serve para que os protagonistas se coñezan mellor xogando xuntos e comecen a crear un vínculo entre eles.
|
|||
Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 82 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 26 de xaneiro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba. Esta actividade forma parte do Programa Xogade.
As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.
Os horarios das probas serán os seguintes:
11.00: Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30: Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria)
11.45: Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria)
12.00: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria)
12.15: Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria)
Moita sorte a tod@s!
|
|||
Hoxe comezou no noso centro a IV Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata mediados do mes de marzo nos recreos dos luns e venres. Esta iniciativa está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
Nela participará o alumnado de 3º, 4º ,5º e 6º de E.Primaria. |
|||
Desde mañá día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación pinchando neste enlace seguindo a ruta Solicitudes >Reserva >Crear. Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital. Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir a solicitude. En tal caso, haberá que esperar a cando se inicie o proceso de admisión. Adxúntanse os modelos de solicitude en galego e castelán, así como un resume das distintas opcións de presentación. |
|||
Comezamos o 2024 amosándovos "O cofre dos desexos" do alumnado de 2º de Educación Primaria, que estiveron a traballar baixo o lema do proxecto de centro "Emocionarte".
Os nenos e nenas traballaron a empatía con desexos para todos os membros da comunidade educativa.
Desexamos que os nosos desexos e os vosos se cumpran no 2024! |
|||
Que mellor maneira de comezar este 2024 que retomando a rolda de entrevistas radiofónicas ás integrantes do equipo directivo do centro. A través das sempre incisivas preguntas dos entrevistadores coñeceremos algo máis sobre o traballo destas mulleriñas. Sabedes cal é a tarefa que máis satisfacción lle produce a Marta, a xefa de estudos? Dende logo, non ten nada que ver con cubrir horarios! E... a todo esto, quen se encarga da xestión económica do colexio? Que coordinou Carolina antes de asumir a secretaría? A resposta a todas estas e outras preguntas acharédela aquí. Pinchade en ENTREVISTA A MARTA, XEFA DE ESTUDOS ou ENTREVISTA A CAROLINA, SECRETARIA. |
|||
Os días previos á chegada das vacacións, os nenos e nenas de 5 anos elaboraron unhas postais de nadal para os seus compañeiros/as. Tamén lle puxeron un selo e foron ás oficinas de Correos para que as mensaxes puidesen chegar ao seu destino. Que ilusión recibilas na casa!
Pola súa parte, os maiores de quinto elaboraron tamén unhas maravillosas e orixinais postais para felicitar as festas. Botádelle un ollo! Quedaron espectaculares!
|
|||
Como tódolos anos, as súas maxestades visitaron o noso centro o pasado xoves día 21 de decembro. Foi unha chegada moi emocionante!
Tamén nos agasallaron cun pequeno obsequio polo ben que nos portamos este ano.
|
|||
O Festival de Nadal deste curso superou tódalas nosas expectativas. Os/as nenos/as fixérono XENIAL!!! Aquí vos deixamos uns vídeos para deleitarvos coas súas actuacións.
|
|||
A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina deséxavos un BO NADAL e un 2024 cargado de ledicia e saúde. Queremos expresar o noso agradecemento a todas as familias pola vosa implicación e compromiso e, principalmente, aos grandes protagonistas: os vosos fillos/as. Desfrutade das festas con responsabilidade e alegría compartida. BO NADAL! |
|||
Boa tarde! Estas últimas semanas de cole, como xa temmos moitas ganas de vacacións, os nenos e nenas estiveron a mellorar o seu vocabulario en galego cun material elaborado pola mestra Irene. Tarxetas autocorrectoras para aprendernovos vocablos, realización de oracións con tarxetas de vocabulario e creación de historias sobre o Nadal. Deixámosvos algunhas fotos do traballo nas aulas. Seguimos aprendendo!
|
|||
Ao longo do mes de novembro estivemos traballando sobre dúas emocións: a gratitude e a felicidade. Para Epicteto (55-135 D.C.), un filósofo grego da escola estoica, a FELICIDADE é mais ben unha decisión: "Se decidiches ser feliz, eres feliz". A grata satisfacción que designamos coa palabra FELICIDADE é diferente para cada persoa. Curiosamente, o noso adxectivo "feliz" procede do latín felix, que na antiga Roma significaba "fecundo, fértil". Como se uniu esta noción agrícola aos territorios da alma? Sentimos o don da abundancia cando somos felices? O alumnado de 5º B e 6º de primaria investigou como se expresa a palabra "felicidade" noutros idiomas e países e que signfica en cada cultura.
|
|||
Bo día a todos, dende o EDLG queremos compartir as nosas propostas para as cartas do Nadal. Como estamos a traballar baixo a metodoloxia DUA, temos diferntes propostas que se axusten ós diferentes ritmos de aprendizaxe. As dúas primeiras son creación completa por parte do EDLG e a última unha adaptación atopada en internet. As dúas primeiras serían para imprimir en tamaño A4 e a última en A3 para que teñan suficiente espazo apra imprimir e facer o sobre. Podedes encontrar os arquivos en PDF adxuntos a este post.
Esperamos que vos gusten! BO NADAL DENDE O EDLG |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »