Ollade para aquí! Comezamos a recoller os froitos da nosa horta e con eles os nenos e nenas de catro anos elaboraron unha apetitosa ensalada. Uuummmm!!! Riquísima!! Noraboa a estes pequen@s cociñeir@s!
|
|||
O pasado luns día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente en torno á temática "Esculturas que salvan o planeta". Os/as nenos/as e as súas familias realizaron incribles figuras con materiais de refugallo, reutilizando gran parte destes residuos.
Esta actividade, ademais de resultar tremendamente creativa, lémbranos que toda acción que coma cidadáns adoptemos contra a contaminación SUMA ao movemento mundial. Nesta liña, The Washed Ashore Project é un interesante proxecto que busca concienciar do impacto ambiental dos plásticos a través da construcción de grandes esculturas precisamente voltando a empregar moitos deles. MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! "O máis pequeno acto de amabilidade vale máis cá grande intención". Óscar Wilde |
|||
O pasado luns tivemos a sorte de ter entre nós a Viki! É unha actriz que nos enviou a Editorial Santillana para alongar un pouquiño máis, e sobre todo divertirnos, o libro que estivemos a ler este curso en 3º e 4º de primaria, "El ataque polilla" de Ledicia Costas. Foi moi entretido porque puidemos descubrir canto sabíamos dos personaxes do libro, como era o seu carácter, a súa forma de falar e de moverse... E grazas a Viki, interpretalos de forma teatral! Pasámolo xenial!
|
|||
O alumnado de 3º e 4º de primaria disfrutou dunha xornada multiaventura na Fervenza do Toxa (Silleda). Fixemos escalada, tirolina, tiro con arco... e todo dentro dun entorno privilexiado. Bótalle un ollo!
Do mesmo xeito, uns días atrás quixemos practicar surf na praia de Razo. Antes de zambullirnos na auga, e durante a primeira parte da mañá, realizamos unha búsqueda e unha clasificación de residuos.
Logo, pasamos directamente á acción meténdonos na auga!
|
|||
O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre seguridade e uso responsable da Internet. Dita actividade está encadrada dentro do Plan "Navega con Rumbo polo Ciberespazo", do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. A Internet ofrece un mundo de posibilidades, pero tamén supón unha serie de riscos, polo que cómpre darlles todos os consellos e recomendacións que poidamos.
|
|||
Hai que ver que ben o pasaron os pequen@s de infantil na Granxa Escola Coventina no Concello de Carral!! Montaron a cabalo, peinaron ponis, abrazaron coelliños... Ollade este vídeo!!
|
|||
O alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria desfrutou ao longo do día de hoxe dunha excursión a Pobo Aventura (Teixeiro), onde aprenderon a importancia da conservación dos espazos naturais a través de diversas actividades na natureza. Nas actividades que levaron a cabo, coñeceron os recursos naturais e etnográficos dos pequenos pobos do interior de Galicia.
|
|||
Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…) Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Esta actividade terá continuidade o próximo martes.
|
|||
A caixa de cartón é un material moi versátil que se pode transformar moi facilmente, recortándoo, pintándoo ou complementándoo con outros materiais ou xoguetes.
Aos máis pequen@s gustaralles moito esconderse e reaparecer e usarán a caixa coma elemento de psicomotricidade, entrando fisicamente dentro dela.
Os máis maiores usarana coma xogo simbólico, transformándoa nun barco, nun avión, nunha casa, nun coche... En tódalas idades é posible incorporar á caixa de elementos e materiais artísticos, como teas ou pinturas. As posibilidades son infinitas.
|
|||
Hai que ver como cuidamos a nosa hortiña e o satisfeit@s que estamos de ver como os produtos que cultivamos medran e medran. |
|||
Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e de Material Escolar.
Deberán cubrirse os Anexos I e II, así como achegar copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio requírese copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor. Terase en conta a renda do ano 2021 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2021.
|
|||
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VI Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.Este ano contamos coa actuación de dous músicos que nos deleitaron co seu bo facer.
|
|||
O pasado martes día 9 publicamos as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023/24 no hall do centro. Foron admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo para 4º nivel de educación infantil e para 5º nivel de educación primaria. No resto dos cursos as solicitudes presentadas non foron admitidas por non haber vacantes. O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2023.
|
|||
No CEIP Plurilingüe A Cristina a primavera está no aire e quixemos crear nos corredores un ambiente moi fermoso.
Cando fai bo, encantános saír a merendar fóra.
|
|||
Onte e hoxe foron os/as alumnos/as de segundo e terceiro de educación primaria os que disfrutaron dunha xornada de surfing na praia de Razo. Ollade que ben o pasaron!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »