VISITA DE ANA MEILÁN

No día de hoxe os máis cativ@s do centro disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo da contadora de historias Ana Meilán. Moitas ganiñas tiñamos de tela con nós xa que as súas obras son unha referencia na literatura infantil. 

"Bágoas debaixo da cama" é unha historia moi emotiva sobre as emocións e as rabechas. Se pinchades na imaxe poderedes acceder ao vídeo.

 

 

 

OBRADOIROS DE SAÚDE BUCODENTAL

No día de onte o alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria asistiu a un obradoiro con directrices moi concretas e precisas sobre o éxito dun bó cepillado de dentes. Esta charla corriu a cargo da odontóloga María Gómez Lamas e forma parte dunha iniciativa do Concello de Carballo coa que se pretende motivar unha hixiene bucodental correcta.

 

DÍA DA POESÍA

Que acto tan emotivo o de hoxe! Carla Trigo e Hugo García foron os magníficos condutores da inauguración do xardín adicado a Rosalía de Castro que tivo lugar arredor das 12:30 h da mañá e contou ca presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e da alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e doutras personalidades.

O alumnado do centro asistiu á actuación de Larraitz Urruzola actriz que, cunha boneca de Rosalía, repasou os momentos máis emotivos da vida da poetisa. 

Logo, o noso alumnado recitou en voz alta o poema "A xustiza pola man" xunto con outros versos que el@s mesm@s elaboraron con todo o seu agarimo.

 

VISITA Á FÁBRICA DE PATACAS "BONILLA" E Á CETÁREA DE CAIÓN

No día de onte o alumnado de 3º e 4º nivel de primaria visitou á fábrica de patacas fritas de "Bonilla a la vista" en Arteixo. Poidemos coñecer, de primeira man, os distintos pasos que segue o tubérculo dende que chega ata o seu almacén procedente da terra ata que remata ben frixido nunha bolsa.

Nun primeiro momento, tivemos que cumprir co protocolo e vestir unha bata branca.

Logo, visitamos as diferentes estancias da fábrica.

Por último, puxemos rumbo a Caión para coñecer os moluscos e bivalvos da cetárea. Vimos exemplares de lubrigantes, bois, centolas, nécoras...

 

 

SOBRESAÍNTE PAPEL DO NOSO COLEXIO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Os trece atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar celebrado esta mañá no circuito do club de campo de Ferrol ,tiveron unha sobresaínte actuación.


A nivel individual e por equipos os resultados foron  os seguintes:

 
NOA  MEDALLA DE BRONCE
BENXAMÍN FEMININO
 
JULIA  MEDALLA DE BRONCE
BENXAMÍN FEMININO
 
 
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
SUBCAMPIÓN PROVINCIAL 
 
 

  EQUIPO INFANTIL MASCULINO

(ROMÁN,MANUEL,RODRIGO,NICOLÁS,MAURO E HUGO)
 
 
NURIA INFANTIL FEMININO
 
 
                                                                                                           LUNA E JULIA  ALEVÍN FEMININO
 
                                                                                                       
                                                                                                        MARA  E NOA  BENXAMÍN FEMININO



XURXO E HUGO BENXAMÍN MASCULINO
 
Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por décima vez consecutiva no Campionato Provincial.

Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar cada día.
 
Noraboa e moitas grazas a todos polo voso esforzo e comportamento !

Agradecer tamén ás familias, a súa inestimable colaboración durante toda a mañá.

Moitas grazas a todos/as!

O COMPOSTEIRO

No día de hoxe o alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro sobre compostaxe escolar. Coa axuda do Concello instalamos un composteiro na parte traseira do cole, xunto aos bancais, así coma un contenedor.

O composteiro seranos muy útil á hora de producir abono para o horto. Podemos aproveitar os restos orgánicos da froita coma fertilizante cando plantemos.

O obxectivo é amosarlle ao alumnado cómo transformar residuos orgánicos en compost e amosar as vantaxes económicas, ambientais e sociais deste sistema.

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 

 

Hugo Castro,Noa Lema, Mara García,Xurxo Pereiro,Julia García,Luna Lorenzo,Nuria Castro,Hugo García,Nicolás Lema, Mauro Filgueira, Román Rama, Rodrigo Rama e Manuel Pombo, alumnos/as de 2º,3º,4º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este próximo venres, no circuito do club de campo de Ferrol.

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
 
Moita sorte a todos/as!!!

DÍA NON LECTIVO

Lembrámosvos que o vindeiro LUNS, 13 DE MARZO e un dos dous días non lectivos escollidos polo centro, polo que o colexio estará pechado.

As clases reiniciaranse o MARTES, 14  DE MARZO no seu horario habitual.

Un saúdo.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "AS MULLERES DA MIÑA VIDA".

As mulleres da nosa vida son aquelas que fan a nosa historia, as que nos marcan dun xeito ou doutro polos momentos que compartimos con elas. 

O noso centro quere conmemorar cunha mostra fotográfica o 8M ou Día Internacional da Muller facendo unha pequena homenaxe a todas aquelas figuras femininas que son o máis importante para aqueles e aquelas que son o máis importante para nós: @s nen@s.

Podedes achegarvos a botarlle unha ollada un pouquiño despois da entrada ou un pouquiño despois da saída.

 O Equipo de Biblioteca tamén dispuxo un expositor coas lecturas máis destacadas relacionadas con esta data.

A continuación, tamén vos presentamos outros traballos do alumnado.

Nos arquivos adxuntos tamén podedes descargar uns audios dos nosos e nosas locutores e locutoras de radio que se converteron en poetas e poetisas polo 8M. Adiante!

BROCHETAS DE FROITA

Pero que brochetas de froita máis ricas fixeron os nosos nenos e nenas de 4 anos!! Deliciosas!! E, sobre todo, moi saudables!

Primeiro, realizaron o seu propio deseño do "Pincho de froitas" con lapis e papel.

 

Despois, era a quenda de lavala froita.

Cortala...

E insertala no pincho!

E a comerrrr!!!

MOVÉNDONOS POLO COLE

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou a interpretación de planos co mapa do centro. Foise movendo polos distintos espazos para ubicarse, traballando a orientación espacial.

CONTANDO CA FROITA

Aproveitando o programa de distribución de froita do FOGGA, a profe Carlota realizou co alumnado de 6º nivel de educación infantil unhas actividades de conteo dirixidas ao desenvolvemento da lóxica-matemática.

Os/as nenos/as clasifican e asocian número e grafía partindo de materiais de uso cotiá (alimentos neste caso).

Noraboa!

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 1 ao 20 de marzo de 2023 (ambos inclusive) de xeito presencial no centro escolar ou na sede electrónica.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

-SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente crumprimentada e asinada.

-Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos: cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro (tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para, posteriormente, entregalo no centro).

-Cubrilo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2022&numpub=1&lang=gl

-DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DA IDADE DO/A ALUMNO/A (copia do libro de familia ou do DNI do alumno/a).

-COPIA DO CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, se é o caso.

-SÓ EN CASO DE CAMBIO DE CENTRO: documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).

 

HORARIO DE SECRETARÍA E DIRECCIÓN do 1 ao 20 de marzo:

-Luns: de 08:55 h a 09:55h e de 12:35 h a 13:15 h.

-Martes: de 10:45 h a 11:35 h e de 13:15 h a 14:05 h 

-Mércores: de 12:05 h a 14:05 h.

-Xoves: de 10:45 h a 11:35 h e de 13:15 h a 14:05 h.

-Venres: de 10:45 h a 11:35 h e de 12:05 h a 13:15 h.

No caso de ter impedimentos para acudir neste horario, póñanse en contacto con nós por vía telefónica ou por correo electrónico.

Toda a documentación e normativa pode descargarse nos arquivos adxuntos, así como no taboeiro do centro.

 

CALENDARIO DE DATAS

-Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

-Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

-Presentación acreditativa dos criterios alegados en caso de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

-Publicación das listaxes provisiones de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

-Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

-Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

Día de Rosalía

O Día 23 de Febreiro celébrase o Dïa de Rosalía, polo que o noso alumnado traballou sobre a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras de Galicia baixo o lema #cumpriuseaxustiza.

Por ciclos o noso alumnado elaborou diferentes textos escritos sobre as súas emocións do día a día, pequenos poemas e manifestos relacionados cos poemas de Rosalía e as inxustizas que se denotan na nosa sociedade.

Todo esto deu lugar a unha fermosa creación exposta no corredor principal do noso centro. 

Ademáis, en colaboración co concello de Carballo, todo o centro acudirá á inaguración do Parque de Rosalía ó carón do Río Anllóns, no que o noso alumando lerá un pequeno manifiesto e algunhas das súas creacións deste mural.

Esperamos que vos guste! 

   

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Queridos e queridas colegas, hoxe queremos celebrar con vós o Día Mundial da Radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. Para elo, Radio CristiNuna aproveitou o poder das ondas para preparar unhas actividades moi fermosas sobre a paz e a armonía.

A primeira delas, xirou arredor dos "Sons da Paz", unha tertulia na que @s nos@s xornalistas organizaron un coloquio no que participou José Carbia, antigo mestre de educación musical do centro e integrante do grupo de rock "Os John Deere" da Estrada (Pontevedra). Abordaron o tema da paz desde un punto de vista musical e con algúns exemplos de cancións que tratan sobre os dereitos das persoas ou o bullying. Descargade o audio nos arquivos adxuntos!

A segunda actividade foi máis lúdica e igual de apetecible: "O Rosco da Paz". O alumnado de 5º e 6º nivel de primaria participou neste xogo, no que imitando ao clásico Pasapalabra, intentaba averiguar os conceptos a partires da letra inicial. Que ben o fixeron!

Por último, e tendo en conta que a temática do proxecto deste curso xira arredor da saúde, @s xornalistas estruturaron unha entrevista arredor do deporte e dos hábitos de vida saudables. O entrevistado foi o noso mestre de educación física, Suso. O programa, baixo o título de "Xogo Limpo", permitiu coñecer algo máis sobre o que nos aporta o deporte e a importancia de practicar calquera tipo de actividade física. Descargade o arquivo para escoitar a entrevista!

 

 

Distribuir contido