Animádevos a preparar estes divertidos e terroríficos dedos de bruxa para a noite de Samaín. Ao alumnado de 3º de primaria quedáronlles deliciosos! |
|||
O DOG vén de publicar, no día de hoxe, a Resolución do 5 de outubro pola cal se concede directamente a ampliación da axuda para adquirir material escolar (Orde do 29 de abril de 2022). Dita resolución establece que aqueles/as que fóstedes beneficiarios/as do vale para adquirir material escolar por importe de 50 € para o presente curso, recibiredes un vale adicional de 25 €. O vale debe empregarse na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022. A dirección do centro enviará unha mensaxe a través da aplicación ABALAR indicando as datas de recollida do vale. Grazas de antemán. |
|||
O vindeiro luns día 17 o alumnado de terceiro e cuarto seguirá sumando receitas. Ollade o que van preparar!
|
|||
No expositor de contidos da biblioteca do centro atoparedes unha selección de lecturas cheas de sorrisos e terrorificamente divertidas para Samaín.
|
|||
O alumnado de primeiro elaborou unhas arañas de avena e coco, mentres que os/as cociñeiros/as de segundo empregaron o micro para facer un mug cake de plátano e chocolate. Uuuuummmm! Delicioso!! |
|||
Ollo con este temazo para celebrar o Samaín!!! É orixinal do noso compañeiro José, mestre especialista en educación musical. A letra combina o inglés e o galego xa que somos centro plurilingüe, cuns tintes roqueiros dignos das grandes estrelas musicais. A que esperades para cantala! Noraboa compañeiro e grazas por compartir o teu talento con nós!
Pinchando na imaxe, escoitaredes a melodía. Nos arquivos adxuntos podedes descargar a canción e a letra. Todos/as a cantar!
|
|||
Noraboa ao alumnado de 5º nivel de educación infantil por esta receita tan saborosa!! |
|||
Ola a todos e todas! Como xa sabedes o 28 de outubro celebrarase no noso centro a festividade de Samaín e de Magosto, por fin sen restricións pola COVID 19!
Este ano realizaremos a merenda de castañas asadas e xogos tradicionais relacionados ca temática das castañas.
Dende o EDLG elaborouse un tríptico con información relativa ó magosto e a información nutricional das castañas, para a promoción de estilos saudables de vida, xa que garda especial relación co proxecto de centro titulado “MEDRANDO EN SAÚDE”. Ademais, celebraranse durante todo o mes diferentes talleres sobre merendas terroríficas e saudables da man de “Atelier Arabela”.
Por último, pero non menos importante, para a decoración do centro solicitamos colaboración entre as familias para elaborar máscaras terroríficas na casa.
Acordádevos que o día 28 de outubro podedes asistir ao centro vestidos ca vosa roupa máis terrorífica.
Un saúdo!
Tríptico Magosto EDLG
Leer más publicaciones en Calaméo
|
|||
Botállede unha ollada ao que van preparar os/as cociñeiros/as de 1º e 2º de primaria este luns. Riquísimo!!! |
|||
Ocres, amarelos e avermellados.
|
|||
Este luns deron comezo os obradoiros de "Samaín Saudable". Os/as cociñeiros/as foron os alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil que elaboraron unhas deliciosas piruletas terroríficas que, ademais de sans, conforman un dos doces apropiados para esta época. |
|||
A Asociación VIEIRO dentro da programación de PREVENCIÓN no ÁMBITO FAMILIAR, pon en funcionamento o programa “PAIS E NAIS NO OCÉANO EDUCATIVO”, destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as. Este programa está composto por obradoiros impartidos por psicólogas e educadoras de Vieiro que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e distribuiranse do seguinte xeito: - “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais) - “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva) - “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites) - “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos) - “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías) -“MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero) Os obradoiros darán comezo no mes de Outubro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media. A inscrición pode facerse na Asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61. |
|||
Dentro das actividades programadas para celebrar o Samaín, este luns día 3 de outubro comezará, sen dúbida, a máis apetitosa. En colaboración con "Arabela, atelier de doces" levaranse a cabo obradoiros de cociña dirixidos a todo o alumnado nos que se experimentará con novas receitas e ingredientes, dende unha perspectiva saudable e intentando introducir novos sabores. Botádelle un ollo á primeira receita xa que, se vos resulta de interese, poderedes realizala na casa. Sen dúbida, será un Samaín delicioso!
|
|||
Este martes día 4 de outubro comezará o programa de "Merendas Saudables". Continuando ca dinámica do curso anterior, o centro convidará a froita ao noso alumnado todos os martes ata o remate da actividade lectiva no mes de xuño. Esta proposta forma parte do proxecto que desenvolveremos ao longo deste curso, o cal leva por título "MEDRANDO EN SAÚDE NA CRISTINA".
|
|||
O alumnado de 4º nivel de EP participou na presentación do xogo de mesa Cicl-Ando Carballo, tendo a oportunidade de repasar as normas básicas de circulación dun xeito lúdico. Recibimos, como obsequio, un exemplar que foi todo un éxito! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »