O pasado luns desprazámonos ao Pabellón Municipal de Vimianzo para asistir á "Exhibición Solidaria da Garda Civil", un acto no que poidemos coñecer máis de preto esta profesión así como todos aqueles instrumentos, automóbiles e útiles que empregan para levala a cabo.
Asistimos á simulación dun rescate na montaña.
Presenciamos unha exhibición cinolóxica con Zero desactivando un explosivo!!
E disfrutamos dunha mañá moi interesante participando en todo tipo de experiencias!!!
|
|||
No CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos a prol dunha sociedade máis xusta, equitativa e igualitaria que condene todo tipo de violencia, especialmente a de xénero, polo que este 25N as nosas mans convertéronse en folliñas de esperanza, de forza e de empoderamento; pero tamén de ánimo e apoio colectivo a todas aquelas mulleres supervivintes e de lembranza para as que non.
Durante a última sesión saímos todos/as ao patio a poñerlle voz e danza á canción de Merche "Somos unas valientes". |
|||
"Fai clic ao teu bocata" é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos e nenas e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias. As conservas son unha forma san e cómoda de gozar dos produtos do mar xa que podemos saborealos sempre que nos apeteza, en calquera momento e en calquera lugar, un bocata no recreo, unha ensalada na comida, en tortilla para levar de excursión... Ademais de asistir a unha charla informativo/formativa, tivemos tempo a facer un puzzle sobre as conservas en grupos.
Por último, degustamos un delicioso bocata feito de sardiña, tomate, queixo e leituga. UUUMMMMM! Riquísimo!!
|
|||
O alumnado de 4º nivel de educación primaria realizou unha visita ás instalacións do Pazo da Cultura para coñecer a arte do gravado da man de artistas como Miró, Picasso, Dalí, Chillida e Maruja Mallo, entre outros.
|
|||
Este pequeno "Inventario de Monstros" é unha colección de criaturas fantásticas que idearon os nosos nenos e nenas da clase de 5 anos. Botádelle unha ollada!
|
|||
O grupo os Cristitolemi@s (integrado por alumnos/as de 4º de E. Primaria) do noso centro estivo onte nas instalacións de Radio Voz, gravando a súa obra " Había unha vez unha escola mola-nun país moi remoto”, obra finalista do certame de teatro lido Xosé Manuel Eirís. |
|||
As datas para as distintas fases de Campo a través escolar 2022/2023 son as seguintes:
|
|||
No día de hoxe o alumnado de 4º de primaria visitou o Supermercado Familia da rúa Vázquez de Parga. Antes de achegarnos a el, asistimos a unha charla informativo/formativa na aula onde Eva, a nosa guía, explicounos os principais grupos de nutrientes e as súas funcións. Unha vez nas instalacións, Eva e as capitanas do Súper ensináronnos como funcionaban as diversas seccións: peixaría, froitaría, carnizaría...
Descubrimos o que son os EPIS (Equipos de Protección Individual) e como protexen aos carniceiros e carniceiras. Grazas a nosa visita, tamén sabemos diferenciar o peixe azul do peixe branco e en que consiste o traballo dos/as repoñedores/as. Para rematar, as capitanas tíñannos preparada unha "súper merenda" a base de distintas froitas.
Por último, xogamos ás adiviñas intentando averiguar que froita era a través dos sentidos do gusto e do tacto.
Que mañá tan divertida! Que tanto nos fixeron disfrutar Eva e as capitanas! Moitas grazas pola visita, o petisco e o regalo!
|
|||
Os/as mestres/as e alumnos/as co CEIP Plurilingüe A Cristina queren desexarvos un Feliz Samaín a todos/as con este vídeo. Disfrutade destes días e vémonos o mércores próximo!!! Happy Halloween!!!
|
|||
Lembrámosvos que o vindeiro LUNS, 31 DE OUTUBRO (por mor do día do Ensino) e MARTES, 1 DE NOVEMBRO (festividade nacional) son DÍAS NON LECTIVOS, polo que o centro educativo estará pechado ambos días. As clases reiniciaranse o MÉRCORES, 2 DE NOVEMBRO no seu horario habitual. Un saúdo.
|
|||
Os/as chefs de quinto e sexto prepararon unhas deliciosas galletas de chocolate. Que pintaza! |
|||
Botádelle un ollo á receita que van preparar os nosos chefs de quinto e sexto de primaria o vindeiro luns. Para chuparse os dedos!
|
|||
Seguindo coas actividades enmarcadas dentro do proxecto "Medrando en saúde na Cristina" e incluídas no "Plan para a promoción dun estilo de vida saudable" este venres o alumnado de primaria recibiu a visita de Roi, un antigo alumno do centro que exerce como nutricionista na actualidade. Roi explicounos como foron modificándose os hábitos alimenticios ao longo da historia, as diferentes alternativas que hai para elaborar almorzos saudables e os catro grandes grupos de macronutrientes. Ademais, puidemos comprobar a cantidade de azucre que teñen algunhas bebidas. |
|||
Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e de 1º de Educación Primaria foi convidado á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo para escoitar as historias de Lilí Gruyére.
Os nenos e nenas pasaron un tempo moi entretido escoitando as historias de Lilí, procedente de Lonxedetodo, que cantou co seu Coelliño Branco, fixo pasatempos e ensinounos 3 contos moi especiais.
Moitas grazas pola invitación! Foi un pracer! Lilí, esperámoste de novo!
|
|||
Preparados/as para a noite máis terrorífica do ano? Os/as alumnos/as de 4º son uns pequenos chefs e prepararon unhas natillas monstruosas: as natillas Frankenstein!!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »