No día de hoxe o alumnado de 4º de primaria visitou o Supermercado Familia da rúa Vázquez de Parga. Antes de achegarnos a el, asistimos a unha charla informativo/formativa na aula onde Eva, a nosa guía, explicounos os principais grupos de nutrientes e as súas funcións. Unha vez nas instalacións, Eva e as capitanas do Súper ensináronnos como funcionaban as diversas seccións: peixaría, froitaría, carnizaría...
Descubrimos o que son os EPIS (Equipos de Protección Individual) e como protexen aos carniceiros e carniceiras. Grazas a nosa visita, tamén sabemos diferenciar o peixe azul do peixe branco e en que consiste o traballo dos/as repoñedores/as. Para rematar, as capitanas tíñannos preparada unha "súper merenda" a base de distintas froitas.
Por último, xogamos ás adiviñas intentando averiguar que froita era a través dos sentidos do gusto e do tacto.
Que mañá tan divertida! Que tanto nos fixeron disfrutar Eva e as capitanas! Moitas grazas pola visita, o petisco e o regalo!
|
|||