FAI CLIC AO TEU BOCATA

"Fai clic ao teu bocata" é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos e nenas e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

As conservas son unha forma san e cómoda de gozar dos produtos do mar xa que podemos saborealos sempre que nos apeteza, en calquera momento e en calquera lugar, un bocata no recreo, unha ensalada na comida, en tortilla para levar de excursión...

Ademais de asistir a unha charla informativo/formativa, tivemos tempo a facer un puzzle sobre as conservas en grupos.

Por último, degustamos un delicioso bocata feito de sardiña, tomate, queixo e leituga. UUUMMMMM! Riquísimo!!