A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina deséxavos un BO NADAL e un 2023 cargado de ledicia e saúde. Queremos expresar o noso agradecemento a todas as familias pola vosa implicación e compromiso e, principalmente, aos grandes protagonistas: os vosos fillos/as. Desfrutade das festas con responsabilidade e alegría compartida. BO NADAL! |
|||
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte e seis nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023, no circuito do parque de Acea da Má( Culleredo) Ás cinco medallas colleitadas, e á clasificación de dúas atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.
Noraboa a todos/as!
RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL UXÍA PEREIRO MÉNDEZ (4ª Infantil feminino) NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Infantil feminino) CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS BENXAMÍN MASCULINO 1º CLASIFICADO GAEL MÉNDEZ ABELENDA HUGO CASTRO LADO XURXO PEREIRO MÉNDEZ XIÁN ROMERO VARELA XAVI SOLÉ RODRÍGUEZ MANUEL ALLONES CASTRO BENXAMÍN FEMININO 2º CLASIFICADO NOA LEMA FERNÁNDEZ MARA GARCÍA SUÁREZ NOA OTERO MELLA MARTINA RODRÍGUEZ TORRADO MARTINA LAVANDEIRA POSE KHAOULA JOUHARI ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO JULIA GARCÍA REMUIÑAN PAULA BOLÓN COTELO CARLA TRIGO MATO LUNA LORENZOANTELO VICTORIA RAMOS VARELA LUCÍA LOIS COUSILLAS INFANTIL MASCULINO 1º CLASIFICADO HUGO GARCÍA REMUIÑAN ROMÁN RAMA MARTÍNEZ NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ MAURO FILGUEIRA QUEIRO RODRIGO RAMA MALLO MANUEL POMBO MIRA |
|||
Despois de dous anos de parón pola pandemia, hoxe celebrouse de novo a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas tiveron un destacado papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.
O noso centro estivo representado por 99 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Noa Lema, Gael Méndez e Hugo García; e as de prata de Julia García e Hugo Castro. A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e posiblemente dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023 no circuito de Acea da Má ( Culleredo).
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas ás mestras Marta, Sonia e Lucía, polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!
Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas!
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
EQUIPO INFANTIL FEMININO
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
JULIA GARCÍA SEGUNDA CLASIFICADA
ALEVÍN FEMININO
HUGO GARCÍA PRIMEIRO CLASIFICADO INFANTIL
MASCULINO
|
|||
Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 99 atletas do noso centro,os que participarán mañá martes 20 de decembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba. Esta actividade forma parte do Programa Xogade.
As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Craballo.
Os horarios das probas serán os seguintes:
11.00: Infantil masculino ( 6º E.Primaria) |
|||
|
|||
Este martes os nosos/as alumnos/as de 5º e 6º de primaria sentíronse coma auténticos políticos e políticas xa que realizaron unha visita guiada ao Parlamento e á Xunta de Galicia para coñecer o seu funcionamento, facilitando así a comprensión da separación de poderes propia das democracias. Así mesmo, estas dúas institucións asumiron os custos do desprazamento.
|
|||
No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos de noraboa!! As nosas alumnas de 3º nivel de educación primaria, Valeria Martínez González e Mara García Suárez, resultaron condecoradas no certame "Contos de Nadal" coas historias que levaban por título "Que listas son as avoas" e "Na Costa da Morte os desexos cúmprense", respectivamente. O acto de entrega de premios celebrarase na Casa da Cultura de Cee o sábado día 17 ás 12:00 h. Pinchade AQUÍ para ver a nova online na páxina da Voz de Galicia. Noraboa a estas campionas! Sentímonos moi orgullosas delas! Bravo!!
Descargade os arquivos en audio para escoitar as súas historias!
|
|||
O Clube Balonmán Xiria acaba de enviarnos o dossier detallando a excursión de fin de curso a Madrid, dirixida ao alumnado de 6º de EP. Dito documento figura como adxunto, co cal podedes descargalo. A viaxe, nun principio, sería desde o 26 ata o 30 de xuño, cun custe aproximado de 450 euros. Como todos os anos, aos rapaces e rapazas facilitaráselles unha serie de talonarios, con rifas, para axudarlles no custe desta saída. Para poder falar cos organizadores sobre dita viaxe, pasámosvos o seu contacto: balonmanxiria@gmail.com O clube estimou como prazo para inscribirse ata este mércores 14 de decembro, para que así os rapaces e rapazas poidan ter as rifas para poder vendelas nas vacacións de Nadal.
O link para inscribirse é o seguinte: Se o estimades oportuno, tamén se podería desenvolver unha reunión nas instalacións do centro coa responsable da excursión.
|
|||
Os xogos coa luz permiten xerar un clima de experimentación e creatividade. Ao longo deste curso publicaremos actividades para xogar coa luz, co simple obxectivo de pasalo ben e de explorar as múltiples posibilidades deste material tan máxico e atraínte. Ollade neste vídeo como os nosos pequenos/as de tres anos xoguetean e se divirten coa luz!!!
|
|||
Que obradoiro tan especial tiveron o Josinho e a Lorena cos pequerrechos e pequerrechas de 4º de Educación Infantil!! Están feitos todos uns regueifeiros e regueifeiras!! Noraboa campións!!
Pinchade aquí para acceder ao enlace de Enreguéifate en Instagram |
|||
Lembrámosvos que o martes 6 e o xoves 8 de decembro non haberá clase por ser festivos nacionais (Día da Constitución e Día da Inmaculada Concepción, respectivamente) pero sí haberá clase o luns día 5, o mércores día 7 e o venres día 9. Un saúdo. |
|||
Os/as nenos/as de 3º de primaria botan a lingua a pacer co Enreguéifate!! No día de hoxe participaron nun obradoiro coa axuda do Rabelo e Nuria. Xuntos compuxeron uns versos seguindo un mesmo cantar: Cando eu estaba xogando pinchóuseme a pelota. Logo eu fun ver o río e despois eu fun á horta e despois eu fun á horta. Manchóuseme o pantalón e despois mirei ao ceo. E vin pasar un avión e vin pasar un avión. Había fume na cociña e eu fun ao galiñeiro. E mirei unha galiña...
|
|||
"Thanksgiving Day" ou "Día de Acción de Gracias" é unha festa nacional celebrada o cuarto xoves do mes de novembro nos países de EEUU e Canadá. Trátase dunha festa de agradecemento. Por este motivo, a nosa auxiliar de conversa Kate organizou unha actividade ao redor dunha árbore na que as follas eran mensaxes nas que tiñamos que escribir o motivo polo cal nos sentimos agradecidos/as.
A clave de todo é ser sinxelos e saber que é o importante. "I am thankful for watching races with my dad..." "I am thankful for my rabbit Tipi..." "I am thankful for Mc Donald´s..." "I am thankful for my family and friends..."
|
|||
O pasado luns desprazámonos ao Pabellón Municipal de Vimianzo para asistir á "Exhibición Solidaria da Garda Civil", un acto no que poidemos coñecer máis de preto esta profesión así como todos aqueles instrumentos, automóbiles e útiles que empregan para levala a cabo.
Asistimos á simulación dun rescate na montaña.
Presenciamos unha exhibición cinolóxica con Zero desactivando un explosivo!!
E disfrutamos dunha mañá moi interesante participando en todo tipo de experiencias!!!
|
|||
No CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos a prol dunha sociedade máis xusta, equitativa e igualitaria que condene todo tipo de violencia, especialmente a de xénero, polo que este 25N as nosas mans convertéronse en folliñas de esperanza, de forza e de empoderamento; pero tamén de ánimo e apoio colectivo a todas aquelas mulleres supervivintes e de lembranza para as que non.
Durante a última sesión saímos todos/as ao patio a poñerlle voz e danza á canción de Merche "Somos unas valientes". |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »