Propostas de actividades de Samaín

Dende o EDLG adxuntamos añgunhas propostas para celebración do Samaín:
 


 
Uns contos de Samaín do CEIP San Clemente de César:
E algo de música en galego para rematar a celebración:
 
Feliz Samaín 2023! 

Tríptico información Samaín 2023

Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocionarte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

CONTOS DE SAMAÍN EN RADIOCRISTINUNA

Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos.

Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas.

Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa!

SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIO DE REGO DA BALSA

Este mércores os maiores de infantil foron de visita á biblioteca Rego da Balsa. Alí puideron disfrutar da dramatización da obra "O Coelliño Branco" da man de Lili Gruyère. Estivo divertidísima e as profes participaron como personaxes!

Ademais, tamén houbo un pequeno espectáculo de maxia cun coello. Vaia troula!

 

UNS CADROS CON MOITO CONTO


Botádelle unha ollada a estas obras de arte! Son cadros de artistas como Munch, Takiyoshi, Caravaggio e Redon que nos inspiraron para elaborar relatos un pouquiño... Inquietantes!

Así mesmo, a partir deles analizamos emocións como a angustia e o medo.

ANIMÁDEVOS A LELOS!

 

 

 

DÍA DE ENTREVISTAS EN RADIO CRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar a tempada de Radio Cristinuna que cunha entrevista! As locutoras de radio Ana Carracedo, Julia e Alba organizaron unha agradable tertulia con Patricia, a directora do cole, para coñecer un pouquiño máis en que consistía o seu traballo. Tamén houbo tempo para preguntas máis persoais dentro dun ambiente moi distendido.

Animádevos a pinchar na imaxe para escoitala ou descargade no arquivo adxunto. Esta á e primeira dunha rolda de entrevistas do máis interesantes!

 

CASA GRANDE DE XANCEDA

No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º nivel de primaria, acompañado das profes Lucía Gómez, Lucía Fonte e Sandra, visitou a Casa Grande de Xanceda para participar en actividades especiais de Samaín!! 

 

Aínda que o día non acompañou moito, @s nen@s visitaron a granxa ecolóxica e déronlle de mamar aos tenreiros. Tamén degustaron os iogures e disfrutaron dunha saída na que destaca o gran compromiso co rural, co medio ambiente e cos animais.

ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

Nova sesión no día de hoxe do programa de ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS. Como podemos observar, o alumnado de educación infantil púxose en parellas para poñer en marcha toda a súa creatividade e deseñar un logo para o cole. 

Fixádevos que concentrad@s están!

CIBERSEGURIDADE NO COLE

No día de hoxe o alumnado de 5º A participou no concurso CIBERSEGURIDADE NO COLE. Xunto con outros centros da comunidade contestamos a dez preguntas sobre seguridade na rede a través da aplicación Kahoot. A verdade é que nos serviu para refrescar certos contidos sobre os ataques de pishing, as cookies... e o máis importante: cando sexamos ofendidos a través dalgunha aplicación, avisar aos nosos pais urxentemente!

Foi moi emocionante!

OS CRISTINATREIROS

Os Cristinatreiros volven a estar en acción! Aquí vos deixamos o vídeo que presentamos para o certame de Teatro Lido deste 2023. A obra titúlase "Cataventos e Cía" e versa sobre a romántica e simpática historia de amor de Amanda e Leonardo que, coa axuda doutros personaxes do castelo, intentarán que o amor verdadeiro triunfe e que o sentimento prime ante calqueira outro tipo de interese.

A creadora do texto é Celia Díaz Núñez, profesora e autora de diversos textos narrativos e de teatro.

O MEDO E A VERGOÑA

A palabra "medo" vén do latín "metus", aínda que se trata dunha palabra que é exclusiva do castelán xa que en Italia e Francia, o medo asentouse na voz latina "pavor". Neste post fixemos unha pequena reflexión sobre esta emoción e sobre a vergoña a través da lectura da lenda de Lady Godiva. Pulsade na imaxe para botarlle un ollo as nosas reflexións.

 

Que nos dá vergoña?

"A min dáme vergoña falar con xente que non coñezo porque non teño confianza" (Victoria, 5º EP).

"A min dáme vergoña ir a un sitio ou a unha actividade na que non coñezo a ninguén porque sinto que me deixan de lado" (Carmen, 5º EP).

"A min dáme vergoña xogar diante de moita xente porque non estou cómoda e tamén me dá vergoña falar en público porque quedo paralizada" (Paula, 5º EP).

"Teño vergoña cando un descoñecido me pregunta algo porque quedo sen palabras" (Noa Muñiz, 5º EP).

COÑECE O MEU CLUB:ESCOLAS BALONMÁN XIRIA

Hoxe estivo no noso centro Zarra, adestrador das Escolas Balonmán Xiria,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 5º A e de 3º de Educación Primaria.

Esta actividade continuará mañá co alumnado de 2º,4º e 5º B, e o próximo luns, co alumnado de 1º e 6º de E.Primaria.

Moitas grazas a Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A mellor sopa do mundo

Este curso continuamos coa andaina en Radio na Biblio. Comezamos a formación a cargo de Santiago Fernández, ex-director do CEIP Labaca, mestre e actor de teatro. Ademais, ten un estudo de doblaxe. 

Escoitade que contiño tan bonito fixemos con el! É unha versión en audioconto de "A mellor sopa do mundo" de Almudena Xaneiro. Pinchade AQUÍ ou na imaxe para escoitalo!


3:01 minutes (2.76 MB)

QUENTANDO MOTORES PARA O SAMAÍN

Incrible a recopilación de recursos que o Equipo TIC do cole elaborou para este Samaín e para o Magosto. Unha escolma completa e, sobre todo, do máis diversa e integradora! Con actividades para todos e todas. Botádelle unha ollada pinchando AQUÍ e AQUÍ e tamén nas imaxes e nos arquivos adxuntos.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024/25

É hora de moverse coa oferta de actividades para as tardes do CEIP Plurilingüe A Cristina!

Predeporte, multideporte, balonmán, skate ou patinaxe!! Elexide entre o abano de opcións. 

Botádelle unha ollada aos arquivos adxuntos para coñecer, de primeira man, horarios, prezos e inscrición.

As modalidades de predeporte, multideporte e balonmán son ofertadas por Xiria. 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe2eXjtcbSb5kE9mRduxBzgIl8DNFLNAQyHzJkKJTidn-ZvoQ/viewform

Escola Lubiáns ofertará patinaxe. 

 

Surfskate Fluir e a Asociación Awen ofertan o programa "Fluir Surfskate".

 ANOTÁDEVOS!!!

Distribuir contido