No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º nivel de primaria, acompañado das profes Lucía Gómez, Lucía Fonte e Sandra, visitou a Casa Grande de Xanceda para participar en actividades especiais de Samaín!!
Aínda que o día non acompañou moito, @s nen@s visitaron a granxa ecolóxica e déronlle de mamar aos tenreiros. Tamén degustaron os iogures e disfrutaron dunha saída na que destaca o gran compromiso co rural, co medio ambiente e cos animais. |
|||