FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e de Material Escolar. 


As solicitudes tramitaranse cubrindo o impreso adxunto, o cal tamén estará á vosa disposición na conserxería do centro, ou de forma telemática para tod@s aquel@s que dispoñades de certificado electrónico na Sede Electrónica da Xunta.

 

  • Forma de presentación electrónicahttps://sede.xunta.gal/portada
  • Forma de presentación presencial pero con asistencia da aplicación: cubrir os datos na apliación, imprimir os Anexos I e II producidos e presentar no centro educativo.
  • Forma de presentación presencial manual: empregar os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentalos no centro.

Deberán cubrirse os Anexos I e II, así como achegar copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio requírese copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor. Terase en conta a renda do ano 2021 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2021.


As solicitudes serán únicas, no caso de ser presenciais, para tod@s os/as fill@s matriculados no centro. No caso de que as solicitudes se tramiten de xeito telemático serán unha por cada fillo/a.


O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende hoxe sábado día 20 de maio ata o vindeiro mércores 21 de xuño de 2023, coincidindo co remate do presente curso académico.


As solicitudes para os niveis de 5º e 6º de educación primaria tramitaranse só para a adquisición do material escolar por ser cursos E-DIXGAL.


O alumnado que non estea admitido/a nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023/24, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022/23.


O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de educación primaria e estea admitido/a no IES para o vindeiro curso, presentará a solicitude no Instituto de Educación Secundaria.


Máis información nos arquivos adxuntos e na páxina da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 

 

AdxuntoTamaño
impreso.pdf1.61 MB
ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023.pdf1.16 MB
PREGUNTAS FRECUENTES.pdf356.68 KB