Hoxe celebramos o Día das Escritoras homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias deixando unha pegada fonda, non só nos libros, senón ofrecéndonos emocións que perduran no tempo. Recollendo a ilustración que publicou para este ano o Portal de Bibliotecas de Madrid, o alumnado de 4º nivel de EP fixo unha creación dixital que recompila citas de escritoras famosas: "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.
"Coidado co que se di, as palabras son armas de dobre filo" (J.K. Rowling) "Palabras: con elas podes facer e desfacer o que queiras" (Elena Ferrante) "Non se pode dar marcha atrás. A esencia da vida é ir cara adiante" (Ágatha Christie) "O mellor do olvido é o recordo" (Gloria Fuertes) "As palabras son a arma dos débiles; o amor, o escudo dos fortes" (Rosalía de Castro). |
|||