Un ano máis o equipo de convivencia pon en marcha a iniciativa de Acompañamento Entre Iguais. Durante este primeiro trimestre o alumnado mesturarase por etapas compartindo vinte minutos á semana nos que intentará coñecerse mellor. A primeira sesión consistiu en realizar entrevistas para averiguar de primeira man os gustos dos amigos e as amigas: a súa comida favorita, o hobbie que máis tempo lle rouba, a súa materia preferida... Aquí vos deixamos unhas imaxes de como foi a xornada e tamén podedes descargar nos arquivos adxuntos unha serie de preguntas que poden resultar interesantes. A continuación, preparamos o xogo de Quen é quen? Os nosos amigos e amigas de cuarto teñen que adiviñar que parte da faciana corresponde co seu amig@ de sexto A de primaria.
|
|||||||||||