Gallego

Novo espazo de recursos e orientacións para o ensino a distancia

Summary: 

Novo espazo na sección de Formación aberta en Platega
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado, na nosa sección de Formación aberta en Platega o espazo Recursos e orientacións para o ensino a distancia

Este espazo, que non é un curso de formación en si mesmo, consitúe unha recopilación de información útil para o profesorado sobre as ferramentas e posibilidades de desenvolvemento do ensino non presencial na actual situación de emerxencia sanitaria.

Trátase dun espazo vivo que contén ligazóns a titoriais, artigos, bancos de recursos e outros espazos na Rede, organizados nas seguintes categorías:

  1. Antes de comezar...
  2. A contorna virtual
  3. Ferramentas de comunicación
  4. Busca e curación de contidos
  5. Creación de contidos
  6. Metodoloxía e atención á diversidade
  7. Outros espazos, recursos e exemplos

O espazo continuará a ser actualizado, polo que recomendamos visitalo con frecuencia.

Podedes acceder directamente, sen ser preciso automatriculación, na seguinte ligazón.

Para calquera consulta ou suxerencia podedes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

foramción
formación

Open culture

Open culture: colección de recursos para a aprendizaxe de 48 linguas creados por gobernos, universidades e institucións privadas.

Gallego
Open culture

OER Commons

OER Commons: repositorio de recursos que permite buscar por materia, nivel (primaria, secundaria, post-secundaria) ou tipo de material (avaliación, diagrama, xogo, unidade didáctica, simulación, tarefa, etc). 

Gallego
OER Commons

National Gallery of Art

National Gallery of Art: ligazón para acceder a un tour virtual pola Galería. 

Gallego
National Gallery of Art