Gallego

Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Summary: 

Servizos e recursos cos que pode contar o profesorado para o desenvolvemento da aprendizaxe a distancia
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado galego un documento que recolle algunhas pautas e recursos para o teletraballo do profesorado galego. Trátase dunha guía sinxela que responde ás seguintes preguntas: Como podo levar a cabo o ensino a distancia? De que ferramentas dispoño? E, por último, onde podo atopar axuda?

  • Como podo levar a cabo o ensino a distancia? En canto a este primeiro aspecto, proporciónanse unhas directrices básicas para a planificación e estrutura das xornadas do alumnado e as familias que pasan por tomar decisións a nivel de claustro, de ser posible, para non saturar ao alumnado e para non duplicar esforzos. Ademais, cómpre formular uns obxectivos claros, deseñar tarefas axeitadas e acompañar ao alumnado, dándolle feedback personalizado e establecendo estratexias para manter a súa motivación. No documento ofrécese tamén unha proposta de organización e estrutura dunha xornada na Rede.
     
  • De que ferramentas dispoño? As dúas seccións incluídas neste apartado ofrecen un abano de espazos virtuais así como ferramentas específicas para favorecer a comunicación entre os propios claustros e co alumnado, ademais de axudar a compartir ou crear materiais, fomentar a interacción e proporcionar retroalimentación. Alén das ferramentas institucionais, sinálanse outras aplicacións ou recursos libres ou gratuítos.
     
  • Onde podo atopar axuda? O persoal asesor faise dispoñible para proporcionar orientacións para o desenvolvemento da educación a distancia e resolver dúbidas sobre o emprego de ferramentas ou aplicacións. Pódese contactar co mesmo a través do enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal
Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galego

Formación do profesorado. Medidas covid - 19

Summary: 

En relación ás medidas establecidas dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros días, informamos do seguinte: - quedan aprazadas as actividades de formación presencial do profesorado - as actividades de formación na Rede continuarán a desenvolverse con normalidade.
Gallego

 

    Medidas covid-19

    G1901048 - Identidade dixital: elaboración de materiais

    Summary: 

    Actividade de formación na Rede de 50 horas para o deseño de materiais da materia Identidade dixital.
    Gallego

    Código do curso: G1901048

    Relatores:

    Pablo Nimo e Mª Luz Castro

    Datas: 

    3 de febreiro a 3 de maio de 2020

    Destinatarios:  Todas as ensinanzas

    Obxectivos

    1.Desenvolver a programación da materia de Identidade Dixital para 1º ou 2º da ESO

    2.Desenvolver unha unidade didáctica que exemplifique o traballo nesta materia

    3.Coñecer e dominar todos os elementos prescritivos do currículo desta materia

    Contidos

    1.A identidade do ser humano racional. Dereitos e dignidade persoal.

    2.A identidade dixital.

    3.Pensamento crítico e redes.

    Máis información e inscripcións en Fprofe

    Data: 

    03/02/2020 - 03/05/2020

    Lugar: 

    Na Rede (Platega)

    Tema: 

    G1901069 - Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

    Summary: 

    Curso sobre consumo e finanzas na aula.
    Gallego

    Referencia: G1901069

    Centro de formación e recursos: CAFI

    Temporalización:  22/01/2020 -- 06/03/2020

    Data límite de inscrición: 12/01/2020

    Lugar: Na Rede (Platega)

    Prazas:  50

    Horas totais: 30

    Destinatarios: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos.

    Criterios de selección:

    1.- Os criterios do plan anual de formación.

    Obxectivos:

    1. Analizar os servizos financeiros básicos desde a perspectiva do consumo.

    2. Proporcionarlle ao profesorado ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.

    3. Proporcionarlle ao profesorado as ferramentas necesarias para a aplicación práctica dos contidos na aula e na vida diaria do alumnado.

    Contidos:

    1. Servizos financeiros básicos.

    2. Finanzas na Rede.

    3. Elaboración de orzamentos domésticos responsables.

    4. Resolución de conflitos en materia de finanzas.

    5. Aplicación práctica na aula.

    Asesor:

    Javier Seoane Bascoy (cafi.tic.programas@edu.xunta.es)

    Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta
    Cartel_Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

    Formación continua do profesorado

    Gallego

    Neste apartado da web podes consultar todo o referente ás diferentes modalidades formativas que oferta o Centro Autonómico de Formación e Innovación. É o espazo onde atopar información sobre convocatorias, relación de seleccionados na formación en centros, así como toda a oferta formativa nas modalidades presencial, mixta e en rede.

    Data: 

    30/12/2019 - 31/08/2020

    Tema: 

    Áreas-CAFI: 

    OBSERVA_ACCIÓN: resolución definitiva

    Summary: 

    Resolución definitiva do 16 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se publica a listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Observa_Acción” durante o curso 2019-2020.
    Gallego

    Data: 

    16/12/2019

    Lugar: 

    CAFI

    Áreas-CAFI: 

    OBSERVA_ACCIÓN: resolución provisional

    Gallego

    Data: 

    09/12/2019 - 12/12/2019

    Lugar: 

    CAFI

    Áreas-CAFI: 

    Programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN»

    Summary: 

    Publicada a resolución do Programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN». O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de novembro de 2019.
    Gallego

    Publicada a resolución do Programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN», que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras comunidades autónomas do Estado Español.

    O prazo para presentar a solicitude remata o 22 de novembro de 2019. 

    Data: 

    07/11/2019 - 22/11/2019

    Plan Anual de Formación do Profesorado

    Gallego
    Plan Anual 23-24

    Peso: 

    1