G1901069 - Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

Curso sobre consumo e finanzas na aula.
Ven, 10/01/2020 - 13:43
Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta
Cartel_Consumo e finanzas na aula. Plan Proxecta

Referencia: G1901069

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización:  22/01/2020 -- 06/03/2020

Data límite de inscrición: 12/01/2020

Lugar: Na Rede (Platega)

Prazas:  50

Horas totais: 30

Destinatarios: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos.

Criterios de selección:

1.- Os criterios do plan anual de formación.

Obxectivos:

1. Analizar os servizos financeiros básicos desde a perspectiva do consumo.

2. Proporcionarlle ao profesorado ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.

3. Proporcionarlle ao profesorado as ferramentas necesarias para a aplicación práctica dos contidos na aula e na vida diaria do alumnado.

Contidos:

1. Servizos financeiros básicos.

2. Finanzas na Rede.

3. Elaboración de orzamentos domésticos responsables.

4. Resolución de conflitos en materia de finanzas.

5. Aplicación práctica na aula.

Asesor:

Javier Seoane Bascoy (cafi.tic.programas@edu.xunta.es)