Gallego

Política de calidade

A rede de formación permanente do profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguranza da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:

  • O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.

  • A achega de valor ao profesorado, ao persoal do centro, ás escolas de nais e pais escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.

  • A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.

  • A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora destes.

  • A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o seu nivel de logro.

  • Os requisitos implícitos, explícitos, da persoa usuaria, regulamentarios e os propios da nosa organización.

     

Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:

  • Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.

  • Medición e análise periódica da satisfacción de servizos polas persoas usuarias.

  • Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.

  • Auditorías internas e externas do sistema da calidade.

     

Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o seu cumprimento. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.

O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas que desenvolven o seu traballo na rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como o de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.

 

POLÍTICA PEDAGÓXICA

A rede de formación ten en conta as seguintes directrices:

  • Levar a cabo una tarefa de prospectiva e anticipación aos cambios vindeiros, para así estar mellor preparados no deseño e planificación da oferta formativa.

  • Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.

  • Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran o plan anual de formación do profesorado aprobado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.

  • Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.

  • Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ao profesorado e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.

  • Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.

  • Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.

  • Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.

  • Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.

  • Dar soporte ás Escolas de Nais e Pais.

  • Asegurar a profesionalidade e compromiso das persoas da rede de formación, proporcionándolles o clima adecuado, os recursos precisos e a formación necesaria.

  • Desenvolver unha relación baseada no beneficio mutuo co profesorado, para proporcionar un servizo eficaz e eficiente.

  • Conseguir o máis alto nivel de desempeño en todos os procesos e especialmente naqueles que teñen relación directa coa satisfacción dos grupos de interese.

  • Asegurar o comportamento ético nas relacións con todos os grupos de interese, así como no cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables.

  • Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

 

Esta Política de Calidade é o marco de referencia que se utiliza para a fixación e o seguimento dos obxectivos anuais.

Comunicación da política da calidade

A política da calidade da Rede de Formación, publicada na web dos diferentes centros de

formación, CFR/CAFI está dispoñible para a súa consulta por todas as partes interesadas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/cafi

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo

Jesús Manuel Álvarez Bértolo,

Director Xeral de Centros e Recursos Humanos

 

 

Santiago de Compostela , 04 de novembro de 2022.

Podes descargar aquí o pdf

 

Gallego
aenor_gal

OBSERVA_ACCIÓN

Observa-acción

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.

• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.

• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

 

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)

Máis información no portal educativo:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_dx_crrhh_programa_observa_accion_2022-23.pdf

Gallego
Observa-acción

Peso: 

2