Convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos
Enviado por portalcafi a Lun, 27/03/2017 - 15:14Summary:
Poderán presentar solicitudes aqueles centros docentes públicos de ensino non universitario que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.
Cada centro presentará ata un máximo de 6 equipos. Os equipos estarán configurados por un mínimo de 3 alumnos/as e un máximo de 6; deberán pertencer ao mesmo nivel educativo e estarán titorizados por un docente que pode ser o mesmo para todos os equipos. Procurarase que exista paridade de xénero na elección do alumnado participante.
Cada equipo presentará un proxecto STEM elaborado enteiramente polo alumnado coa dotación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizou aos centros públicos de ensino non universitario no curso 2016/17, segundo as seguintes características:
- Equipamento de robótica educativa
- Placas de Comunicación e Programación
- Equipo de Impresión 3D
Categorías de participación
- Categoría STEM junior (iniciación), para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación. Aconsellado para 1º, 2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR.
- Categoría STEM senior (afondamento), para proxectos máis complexos. Aconsellado para alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.
E ademais, en cada categoría, cada proxecto poderá presentarse aos seguintes “Desafíos”:
- Desafío Robots: proxecto no que nun escenario un ou varios robots realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teña aplicación na realidade da vida diaria, da industria etc.
- Desafío Programación: proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch .
- Desafío Impresión 3D: proxecto tecnolóxico onde se utilice unha impresora 3D para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.
Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría e un, varios ou todos os desafíos que se propoñen.
Premios:
Haberá 6 premios, un por cada desafío e categoría de 2.000 euros cada un para o centro docente do equipo gañador. Cada centro poderá recibir un só premio.
O alumnado dos equipos gañadores recibirá un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos.
O docente titor de cada equipo gañador recibirá da consellería unha certificación como 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
- O prazo para presentar proxectos será antes do 21 de abril de 2017.
-
Amplíase o prazo para presentar proxectos ata o 31 de maio de 2017.
Máis información detallada da documentación a presentar para participar, no arquivo anexo da convocatoria.
Resolución do 13 de marzo de 2017