Gallego

XVI encontros con escritores: Bernardo Atxaga

Summary: 

O acto terá lugar o 2 de marzo ás 18:30 horas no salón de actos da UNED da Coruña
Gallego

Informámosvos que o luns, 2 de marzo ás 18:30 h. no salón de actos da UNED da Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presenza do escritor vasco Bernardo Atxaga. Aproveitaremos a presenza do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar algúns dos seus textos máis significativos, entre eles a súa recente novela, Casas y tumbas (Alfaguara, 2020)

Organiza estes encontros o Centro de Formación e Recursos da Coruña baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor nesta mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estes encontros concíbense da maneira máis libre e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturais con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.

Bernardo Atxaga
Bernardo Atxaga

Encontros con autores: Santiago Gamboa

Summary: 

Mércores 5 de febreiro ás 18:30 no salón de actos da Uned de A Coruña
Gallego

Encontros con autores.

Informámosvos que o mércores, 5 de febreiro ás 18:30 h. no Salón de actos da Uned de A Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presencia do escritor colombiano Santiago Gamboa. Aprovitaremos a presencia do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar  o seu libro máis recente, Será larga la noche (Alfaguara, 2019)

Organiza estos encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estos encontros concíbense da maneira máis ceibe e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturales con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.

A sesión poderá seguirse por videoconferencia dende a seguinte ligazón:  http://www.intecca.uned.es/

Santiago Gamboa
Santiago Gamboa

G1901048 - Identidade dixital: elaboración de materiais

Summary: 

Actividade de formación na Rede de 50 horas para o deseño de materiais da materia Identidade dixital.
Gallego

Código do curso: G1901048

Relatores:

Pablo Nimo e Mª Luz Castro

Datas: 

3 de febreiro a 3 de maio de 2020

Destinatarios:  Todas as ensinanzas

Obxectivos

1.Desenvolver a programación da materia de Identidade Dixital para 1º ou 2º da ESO

2.Desenvolver unha unidade didáctica que exemplifique o traballo nesta materia

3.Coñecer e dominar todos os elementos prescritivos do currículo desta materia

Contidos

1.A identidade do ser humano racional. Dereitos e dignidade persoal.

2.A identidade dixital.

3.Pensamento crítico e redes.

Máis información e inscripcións en Fprofe

Data: 

03/02/2020 - 03/05/2020

Lugar: 

Na Rede (Platega)

Tema: 

C1901149 Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

Summary: 

Do 05/02/2020 ao 26/03/2020 no CFR da Coruña
Gallego

Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

Código actividade: C1901149

Do 05/02/2020 ao 26/03/2020 no CFR da Coruña

Data límite de inscrición: 22/01/2020
Prazas:  15

Horas presenciais: 14
Horas non presenciais: 6

Proposta formativa destinada ao profesorado de inglés para potenciar a expresión oral entre o alumnado de educación primaria e secundaria.

  • Introdución ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e a súa vinculación co desenvolvemento dos currículos de primaria e secundaria.
  • Estratexias de aula para fomentar a competencia oral do alumnado e a súa participación activa.
  • Emprego das novas tecnoloxías como complemento para desenvolver a expresión oral nas aulas e fóra delas. 
Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés
Estratexias para o fomento da competencia oral en inglés

Formación continua do profesorado

Gallego

Neste apartado da web podes consultar todo o referente ás diferentes modalidades formativas que oferta o Centro Autonómico de Formación e Innovación. É o espazo onde atopar información sobre convocatorias, relación de seleccionados na formación en centros, así como toda a oferta formativa nas modalidades presencial, mixta e en rede.

Data: 

30/12/2019 - 31/08/2020

Tema: 

Áreas-CAFI: 

OBSERVA_ACCIÓN: resolución definitiva

Summary: 

Resolución definitiva do 16 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se publica a listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Observa_Acción” durante o curso 2019-2020.
Gallego

Data: 

16/12/2019

Lugar: 

CAFI

Áreas-CAFI: