Gallego

Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Summary: 

Proximamente desenvolverase unha nova edición do curso a distancia: "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática". Esta actividade está dirixida ao profesorado de FP que ten que impartir docencia nalgún dos módulos FP LOE no presente curso 2012-13, sendo este último un requisito necesario para poder ser admitido nesta actividade. Neste curso explicarase o uso da nova aplicación online de elaboración de programacións FP LOE.
Gallego

Esta actividade é unha novidade no actual plan de formación, e xurde como resposta á demanda actual do profesorado de FP afectado pola implantación do artigo 23 da orde do 12 de Xullo de 2011, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. A actividade emprega a recente aplicación online de elaboración de programacións FP LOE , que xestiona o servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Esta aplicación informática aínda está na fase de depuración e posta a punto, debido ao cal a actividade formativa programada para o 2º trimestre tivo que atrasarse ata o 3º trimestre. En resumo, celebrarase só a actividade do 3º trimestre xuntando as prazas das dúas edicións inicialmente programadas ata chegar ás 300.

Igual que na primeira edición, o profesorado admitido distribuirase en 12 cursos de 25 persoas xa que este é o máximo número de participantes por titor en Platega. Isto motivará que moitos dos profesores observen que muda o código do curso no que son admitidos respecto ao que se inscribiron, e que incluso poidan constar en fprofe coma admitidos e en reserva en dous cursos co título "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática" pero distintos códigos.

O profesorado inscrito na actividade do 2º trimestre será transferido á actividade do 3º trimestre, polo cal non é necesario que se volva a inscribir.

Data de comezo: 2 de abril do 2013

Data de finalización: 23 de abril do 2013

Lugar de Celebración: Platega (actividade da modalidade a distancia)

Número de horas totais: 25 horas

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=47443

Enlace á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/

Elaboracion de programacions FP-LOE con aplicacion informatica
Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Elaboración de programacións LOE con aplicación informática

Gallego

Data de comezo: 2 de Abril do 2013

Data de Finalización: 23 de Abril do 2013

Lugar de Celebración: Platega

Número de horas totais: 25 horas

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=47443

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=1307

Data: 

02/04/2013 - 23/04/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Estadías Formativas en Empresas 2013

Summary: 

Dende o 15 de abril ata o 13 de setembro de 2013, o profesorado de Formación Profesional galego pode realizar estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional. Esta actividade formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O profesorado interesado, logo de facer unha preinscrición, debe presentar un proxecto formativo onde debe xustificar as súas necesidades formativas, así como sinalar os obxectivos e temporalización da mesma. Durante a realización desta actividade, o profesorado participante deberá elaborar unha actividade de aplicación directa a aula que se entregará xunto cunha memoria ao remate da mesma.
Gallego

Data límite de inscrición: 8 de marzo do 2013

Período de realización das estadías: dende o 15 de abril ata o 13 de setembro do 2013 (agás o mes de agosto)

Número de horas totais: dende 40 horas ata 160 horas.

Ligazón á Convocatoriahttps://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

estadias formativas
Convocatoria de Estadias Formativas para o profesorado de FP

Estadías Formativas en Empresas 2013

Gallego

Data límite de inscrición: 8 de Marzo do 2013

Periodo de realización das estadías: dende o 15 de Abril ata o 13 de Setembro do 2013 (agás o mes de Agosto)

Número de horas totais: dende 40 horas ata 160 horas.

Ligazón á Convocatoriahttps://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

Data: 

25/02/2013 - 08/03/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Zygmunt Bauman: Educación Líquida

Summary: 

Zygmunt Bauman (Poznań, Polonia, 1925) é un sociólogo, filósofo e ensaista polaco. É coñecido por acuñar o termo, e desenvolver o concepto, da "modernidade liquida". Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2010.
Gallego

Zygmunt Bauman, sociólogo y filosofo, es conocido por ser el creador del concepto de modernidad líquida.

Vivimos en tiempos de acelerados cambios socioculturales provocados en parte por el impacto transformador de las tecnologías digitales. Son tiempos líquidos y la educación requiere nuevos modelos para construir una identidad digital como sujetos con capacidad de sobrevivir y surfear en estas aguas turbulentas.

En su libro 'LOS RETOS DE LA EDUCACION EN LA MODERNIDAD LIQUIDA' Zigmunt Bauman parte de lo que llama el “síndrome de la impaciencia”, un estado de ánimo que considera como abominable el gasto del tiempo. Así, el consumismo característico de estos tiempos no se define por la acumulación de las cosas, sino por el breve goce de éstas.

Desde esta visión se ve a la educación como un producto, más que como un proceso. Así la educación parece abandonar la noción del conocimiento útil para toda la vida, para sustituirla por la noción del conocimiento de “usar y tirar”.

Zigmut Bauman
O sociólogo Zigmut Bauman

Video: 

Zygut Bauman

Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2012/2013

Summary: 

Celebración en Santiago de Compostela dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares
Gallego

Os encontros do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) celebraranse en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013. Esta actividade reune os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao programa da Consellería de Educación que está dando como  resultado que as bibliotecas escolares de Galicia sexan un referente en todo o estado.

Os encontros son unha actividade de formación organizada conxuntamente polo Servizo de Formación do Profesorado (CAFI) e pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Encontros do PLAMBE

S1201034: Ampliando horizontes co inglés

Gallego

Data de comezo: 03/04/2013

Data de finalización: 15/05/2015

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais:30

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Enlace a aula virtual:http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=342

 

Data: 

03/04/2013 - 15/05/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S1201034: Ampliando horizontes co inglés

Summary: 

Xa vos podedes inscribir no curso de actualización de inglés para nivel avanzado S1201034, 'Ampliando horizontes co inglés' a través do FPROFE
Gallego

Tarefas comunicativas, traballo colaborativo e recursos dixitais.
Impartido por Cristina Rodríguez Rodríguez, profesora de inglés na EOI de Santiago de Compostela.

Data de comezo: 03/04/2013

Data de finalización: 15/05/2015

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais:30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Ligazón a aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=342

 

Language without borders
Language without borders

S1201037: Curso de formación para profesorado CLIL na educación plurilingüe

Gallego

Data de comezo: 28/01/2013

Data de finalización: 22/03/2013

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=328


 

Data: 

28/01/2013 - 22/03/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

TESOL-SPAIN 36th Annual National Convention

Summary: 

A asociación TESOL-SPAIN (Teachers of English to Speakers of Other Languages) celebra en Sevilla a súa convención anual entre o 8 e o 10 de marzo de 2013
Gallego

TESOL-SPAIN proporciona un punto de encontro entre docentes de inglés de todos os niveis educativos en todo o país. Este ano a convención anual celébrase en Sevilla entre o 8 e o 10 de marzo.

Pódese atopar información sobre o programa, relatores e inscrición na páxina: http://www.tesol-spain.org/en/pages/1/convention-2013.html

PORTADA_TESOL
PORTADA_TESOL