Skip to Content

Tecnoloxía

Dous alumnos premiados nun concurso de modelado en 3D


 
 

     Roberto Losada e Sergio Gomez, alumnos de 4 Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial I respectivamente, acadaron dous premios no Concurso de Modelado 3D: COMPOS 3D, organizado polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Ferrovial e a USC en relación co día Mundial do Medio Ambiente.
     O concurso COMPOS 3D, é un proxecto orientado a promover a capacidade tecnolóxica e artística dos rapaces, incidindo na educación nos valores medioambientais. Este desafío pretendía achegar ós xoves galegos ós novos métodos de modelado 3D emerxentes a partir de fotografías, empregando instrumentos tan familiares como un teléfono móbil, unha tablet ou un ordenador.

Seminario TIC do Programa de Formación en Centros


 
 

    Xa está dispoñible para a súa descarga dende Google Play a aplicación Coñecer Ferrol - Roteiros, creada por Jose Antonio Pareja Sequeiro, alumno de 1º de bacharelato do centro, en clase de TIC. A aplicación é a porta que da acceso ó traballo desenvolvido por profesorado e alumnado do centro no marco do Seminario TIC do Programa de Formación en Centros, no que se crearon diferentes roteiros na aplicación Google MyMaps para coñecer Ferrol a través de contidos relacionados con diferentes materias.

    O resultado final, polo tanto, é a culminación dun proxecto de traballo interdisciplinar e colaborativo. Esperamos que sexa do voso agrado. Noraboa a todos os que participaron nel, e esperamos que no futuro se poidan seguir desenvolvendo e mellorando actividades nesta liña dende o centro.

Visita á factoría Citroën

   

    Os alumnos de 4º de ESO da área de Tecnoloxía asistiron este xoves 28 de maio a unha visita ás instalación da factoría Citroën en Vigo.

    Xunto coas súas profesoras Beatriz Méndez e Eva Leira puideron observar, no complexo proceso de producción da moderna factoría, moitos dos aspectos da robótica estudados na aula.

Arte dixital de Edu Pereira

 

     Os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron o pasado martes a unha charla por parte do artista ferrolán Edu Pereira, especializado en fotografía dixital e CGI (Imaxe Xerada por Computadora), que lles explicou todo o relacionado co seu traballo dende diferentes perspectivas: artística, ética, técnica e laboral.

    Os asistentes puideron desfrutar entre outras cuestións da súa obra comentada, de demostracións da realización dun proxecto dende cero, de curiosidades sobre o traballo con famosos, e tiveron a opción de preguntar as inquedanzas xurdidas nos últimos minutos.

    Dende o centro agradecemos a Edu Pereira a súa colaboración e poñer o seu talento e formación a disposición do noso alumnado.

Charla: A rede galáctica: unha historia de internet.

 

    O venres 10 de abril, os alumnos de 1º de bacharelato xunto cos seus profesores de TIC asistiron no salón da actos do centro a unha charla impartida polo profesor da USC Enrique Macías que levou por título "A rede galáctica: unha historia de internet".

    Nesta charla aprendeunos como naceu, que é, e como funciona Internet, e a que principios científicos responde. Tamén nos explicou como se organiza e financia, como se almacenan e transmiten os seus contidos, e como se analiza e xestiona ese imenso espazo dixital.

Celebración do día da paz


 
 

    O pasado venres 30 de xaneiro, celebramos no noso centro o día da paz.

    Como podedes ver nas fotos, os departamentos de Plástica, Tecnoloxía, Relixión, Lingua Galega e Lingua Castelá organizaron traballos cos alumnos para reflexionar sobre a importancia de construir unha sociedade libre de violencia.

    Celebremos a paz todos os días!

Obradoiro de robótica na Fundación Barrié

   

    Os alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, acompañados polas súas profesoras da materia de Tecnoloxía, asistiron o martes 3 de febreiro á Coruña a un interesantísimo obradoiro de robótica.

   Para o desenvolvemento deste obradoiro non era preciso ter coñecementos previos en programación –xa que se realizou nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos puideran construír e deseñar os seus robots– nin en electrónica –integrada nun ladrillo intelixente–.

    O encontro fomentou ademais a cooperación e o traballo en equipo, xa que os alumnos integráronse nun grupo no cal tiveron que compartir obxectivos para resolver os desafíos que se lles propuxeron ao longo da actividade.

Visita ao parque de Sotavento

 

     Os alumnos de 3º de ESO, acompañados polas súas profesoras de Tecnoloxía, Eva, Bea e Teresa, visitaron o 23 de xaneiro as instalacións do parque de Sotavento.

    Alí puideron observar os detalles da enerxía eólica e o seu funcionamento que estudaran na aula. Ademais, visitaron on aeroxerador por dentro. A visita rematou coa visita a unha casa bioclimática, onde comprobaron as aplicacións das enerxías renovables.

Distribuir contido


by Dr. Radut