Skip to Content

Tecnoloxía

Formación para alumnado do Proxecto Erasmus+ Robot Dance

   

   No marco do Erasmus+, no que o centro IES Sofía Casanova participa no Proxecto Robot Dance 2017-2020. Alumnado, con profesorado acompañante, de Gales e Finlandia estiveron o luns 8 de outubro no noso centro para compartir connosco toda una xornada, na que aprenderon como os nosos alumnos empregan o Lego Mindstorms EV3.

    En días posteriores, o alumnado participante do noso centro puido disfrutar cos seus colegas europeos dun paseo en Lancha pola Ría, así como dunha Masterclass de programación de robots de Lego na UDC impartido por profesorado universitario.

    Resultaron unhas experiencias moi enriquecedoras para o alumnado e profesorado participante.

Ciencia cidadá

   

    O club de ciencia participou no presente curso no proxecto AQUA de Ibercivis, financiado polo Fecyt.
    Repartíronse 100 kits cos que os rapaces de 3º ESO, como auténticos científicos, mediron nas súas casas o pH e o cloro da auga da billa ao longo de tres meses.
    Os datos obtidos subíronos á web  na que se comparten de xeito público os valores obtidos.
    Cos resultados, os nosos alumnos contribuíron á realización dun informe sobre a calidade da auga en España.

    Esperamos participar de novo o curso próximo!

Visita a Sotavento

   

      Os alumnos de 3º de ESO foron ó Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polos departamentos de Tecnoloxía. Alí coñeceron o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivienda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Día da Ciencia na Rúa

         O sábado 5 de maio os rapaces do club de ciencia, asistiron ao Día da Ciencia na Rúa, celebrado no parque de Santa Margarita, en Coruña. Alí, os rapaces explicaron a nenos e maiores, como facer un slime caseiro, as propiedades dos fluidos Newtonianos e non Newtonianos, ou cómo elaborar xabón caseiro reciclando aceite usado. Un holograma a gran tamaño invitaba aos visitantes a elaborar pirámides holográficas que despois podían usar nas súas casas. Explicaron o funcionamento dos “soft circuits” e cómo aloxalos nun Lilly Pad. Tamén levaron unha representación do ecosistema que podemos atopar na charca de San Xurxo nesta época do ano.

STEMlab Galicia

   

     Os alumnos de 4º ESO de Tecnoloxía asistiron o día 20 de abril a STEMlab Galicia, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).

    Encádrase esta actividade dentro da estratexia dixital Edudixital 2020 da Consellería, que favorece a formación no pensamento computacional, o desenvolvemento de competencias STEM e a resolución de problemas desde a perspectiva maker (xuntando coñecemento técnico, creatividade e innovación).

Concurso MECANO

   

   O día 31 de Outubro os alumnos de robótica presentaron un robot que da de comer ás mascotas aínda que non estés en casa.

  Os distintos institutos presentaron ós seus traballos e posteriormente os organizadores do concurso mostráronlles os talleres e as investigación científicas que están levando a cabo.

Premio 3DMOBILE. Equipo campeón de Galicia

   

     O 20 de Outubro a profesora de Tecnoloxía Eva Leira xunto cos alumnos María Rodriguez e Tomás Losada, recolleron o premio ao EQUIPO CAMPEÓN DE GALICIA DA XUNTA DE GALICIA do concurso de modelado 3D , 3DMOBILE.

     FELICIDADES!!!!!

SEMANA STEM CURSO 17/18

 

    O IES Sofía Casanova foi un dos centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria seleccionado para participar na “Semana STEM” (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    No noso caso vai dirixido a 25 rapaces de 1º ESO que disfrutrarán na quenda do 19 ao 25 de novembro dun campamento científico.

Distribuir contido


by Dr. Radut