Skip to Content

Tecnoloxía

Asistencia ás Xornadas Ensino-Empresa

   

     Dentro das XIII Xornadas Ensino Empresa que organizou o CIFP Ferrolterra, o alumnado das materias de Tecnoloxía Industrial e Robótica do noso centro asitiou á unha interesante charla o día 9 de febreiro.

    A sesión versou sobre o uso e as posibilidades de desnevolvemneto dos drons nun futuro non lonxano.

Charla sobre a Enxeñaría e as súas saídas.

         O martes 9 de febreiro, dentro dunha actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía, os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato da materia de Tecnoloxía Industrial acudiron ao salón de actos do centro para seren informados polo profesor Manuel Luis Torres Labandeira da Universidade de Santiago de Compostela sobre as saídas profesionais dos estudos de Enxeñaría.

Charla sobre as orixes de Internet

   

    O luns 20 de febreiro, os alumnos de 1º de bacharelato, xunto cos seus profesores de Matemáticas e TIC, asistiron no salón de actos do centro a unha charla impartida polo profesor da USC Enrique Macías que levou por título "A rede galáctica: unha historia de internet".

    Nesta charla aprendeunos como naceu, que é, e como funciona Internet, e a que principios científicos responde. Tamén nos explicou como se organiza e financia, como se almacenan e transmiten os seus contidos, e como se analiza e xestiona ese imenso espazo dixital.

Premio no concurso de robótica

 

    O CASANOVASQUAD tivo unha participación salientable na FIRST LEGO League Galicia chegando a acadar o "Premio Deputación da Coruña aos VALORES FIRST LEGO League"

    Galería de imaxes

 

CASANOVASQUAD

    

    O CASANOVASQUAD, formado por un grupo de alumnos de 4º da ESO e 1º de bacharelato das áreas tecnolóxicas, participa na 3ª edición da FIRST LEGO League Galicia que se celebra o 18/02/17 no Auditorio de Ferrol.

   Os rapaces en equipo aprenderon, conviviron e divertironse moito: tanto facendo as diferentes Misións Lego; coma na realización do Proxecto Científico: unha app, DOGSAID, que solventa que facer cando unha persoa atopa un can abandoado.

Visita ao laboratorio de ensaios de materiais da UDC

 

    Os alumnos de Tecnoloxía Industrial I, acompañados pola súa profesora Eva Leira, visitaron o Laboratorio de Ensaios de Materiais no Campus de Esteiro.

    Alí puideron realizar distintos ensaios, entre os que destacaron os de tracción, dureza e resiliencia en diferentes materiais.

Visita aos asteleiros de Navantia

   

    O pasado día 7 os alumnos de 2º de bacharelato das materias de Debuxo Técnico II e Tecnoloxía Industrial II, acompañados dos seus profesores Eva Leira, Beatriz Méndez e José María Orbaneja, visitaron Navantia-Ferrol.

    As áreas obxecto da visita foron, en primeiro lugar, o departamento Técnico, onde tiveron unha ampla información do funcionamento da estaleiro; en segundo lugar, os obradoiros de Turbinas, Elaborado, Prefabricado e Armamento; e, en derradeiro lugar, a Grada, onde viron a montaxe final dos bloques.

    En todos os departamentos estiveron informados por persoal competente que relatou polo miúdo as actividades que se desenvolvían en cada un deles.

Concurso de robótica

 

   O alumnado de 4º de ESO da área de tecnoloxía e de 1º de bacharelato de da materia de robótica participou, acompañado polas profesoras do departamento de tecnoloxía, no 21º concurso de robótica que se celebrou o xoves 27 de outubro na Escola Politécnica do Campus de Esteiro. Os nosos alumnos competiron, outro ano máis, con prototipos elaborados nas nosas aulas.

   En  "La voz de Galicia".poderás ver a noticia que publica este xornal

   Noraboa a todos os participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut