Skip to Content

Lingua Castelá

Día do libro adicado a Emilia Pardo Bazán

 
    O departamento de L. Castelá, en colaboración coa Biblioteca, conmemora como cada ano, o "Día do libro" coa realización de actividades de promoción da lectura.
   Este ano está adicado á escritora Coruñesa Emilia Pardo Bazán con actividades de presentación de citas para grupos dende 1º ESO a 1º de Baharelato.
    A actividade tivo moi boa acollida. Podedes leer mais sobre a mesma en biblioteca do sofia e en bibliofotos.

Día do libro: 2019

   

     Como ven sendo tradicional, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou distintas actividades para conmemorar o Día do Libro, que este ano estivo adicado ao conto.
    Os alumnos elaboraron diversos traballos: pequenas recensións, carteis, presentacións... Rematamos a celebración o día 26 de abril no salón de actos cunha lectura de fábulas, contos tradicionais anónimos e contos de autores modernos.

    Todos os profesores sentímonos moi orgullosos do traballo e colaboración dos nosos alumnos. PARABABÉNS e GRAZAS a TODOS.

Diversidade e xénero na literatura: unha experiencia de lectura no IES Sofía Casanova.

   

     Durante este curso 17-18, puxemos en marcha no centro unha experiencia para traballar coa diversidade e o xénero dende as clases de lingua e literatura.
    Aproveitando o material da "Maleta Viaxeira" aportada pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do CFR de Ferrol, desenvolvemos un proxecto de lectura no que aprendemos sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella ou a violencia de xénero, entre outros temas.
    O realmente relevante desta experiencia foi o feito de que non so partipou o alumnado, senón que ademais contamos coas experiencias de lectura de profesorado, familias e os clubs de lectura da nosa activa biblioteca. 

Celebración do día do libro

   

    O alumnado da ESO celebrou, un ano máis, a conmemoración do día do libro o 23 de abril no salón de actos do Centro.
    Guiado polas súas profesoras e profesores de Lingua Castelá e Literatura, o alumnado de todos os cursos da secundaria recitou poemas de autores senlleiros das nosas literaturas, tales como Mario Benedetti, Rosalía de Castro, José Pesoa, Juan Ramón Jiménez, Nicanor Parra ou Gustavo Adolfo Bécquer, entre outros.
    Durante toda a semana continuarán as actividades, das que podemos salientar a que realizará o alumnado do 1º ciclo, consistente nunha "gymkhana" que consistirá en adiviñar os autores dos poemas que ilustran as portas de todas aulas do noso IES.

    Feliz día do libro!                                                  Vídeo e imaxes

La vida es sueño de Calderón de la Barca

   

    O luns 29 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato, acompañado polas profesoras de Lingua Castelá e Literatura, acudiu ao teatro a ver a representación da obra de Calderón de la Barca "La vida es sueño".  Dita obra foi representada polo grupo "Eina d´Escola" .

    A actividade serviu para ver representados en escena tanto os valores do "honor" e do "amor" do Século de Ouro como o tema do libre albedrío que foran explicados na aula.

Edgar Allan Poe no IES Sofía Casanova

 

     O departamento de Lingua Castelá e Literatura, coa colaboración do departamento de Educación Plástica e Visual e mais do equipo da Biblioteca, adicou este ano o día do libro ao escritor estadounidense Edgar Allan Poe.

    O venres 28 de abril, no salón de actos do centro, o alumnado da ESO presentou os traballos que elaborara na aula coa axuda das súas profesoras e profesores nas semanas anteriores e realizou unhas lecturas dramatizadas de catro relatos: 1º de ESO traballou co "Corazón delator"; 2º de ESO, co "Gato negro"; 3º de ESO, con "A verdade sobre o caso do señor Valdemar" e, 4º de ESO con "Berenice".

    Nas clases de EPV os alumnos e alumnas fixeron carteis despois de ter traballado os relatos nas aulas de Lingua Castelá e Literatura.  Estes carteis poderán verse nunha exposición no instituto.

 

Alumnos de 1º Bach van ao teatro

   

    Os alumnos de 1º bacharelato, acompañados dos seus profesores do departamento de Lingua Castelá e Literatura, acudiron o 19 de abril á representación teatral de La Celestina en Santa Juana de Lestonnac.

    A representación correu a cargo de Eina d’Escola Teatro.

                  Galería de imaxes

Teatro: "La Casa de Bernarda Alba".

   

    Os alumnos e as alumnos de 4º de ESO, xunto co seu profesor Guillermo Ferrández e as súas profesoras Pilar Berrio, Juana Brañas e Amalia Feijoo, asitiron o mércores 25 de xaneiro a unha representación teatral baseada no texto de "La Casa de Bernarda Alba" de Federico García Lorca.

    A actividade, coordinada polo departamento de lingua castelá e literatura, entra na programación da área e serve para que o alumnado tome contacto coa experiencia da representación teatral tendo traballado o texto anteriormente na aula. 

Distribuir contido


by Dr. Radut