Skip to Content

Tecnoloxía

Concurso MECANO . Escola de Enxeñería

   

    O 11 de Octubre matriculamos ós alumnos de Robótica nun concurso da Escola de Enxeñería. O concurso chámase MECANO.

   Ese día viñeron da universidade dende as 10:30 ata as 14:00, con 5 robots e ordenadores para ensinar aos alumnos e alumnas a programar.

Visita á Escola de Especialidades Antonio Escaño da Armada

   

    O 1O de Outubre, os alumnos de 2º de Bacharelato de tecnoloxía Industrial 2 e Electrotecnia xunto cos alumnos de 1º de Bacherelato de Tecnoloxía Industrial 1, foron convidados a coñecer a Escola de Especialidades Antonio Escaño da Armada que é a escola de especialidades máis grande de España e está en Ferrol.

    Visitáronse todas as instalacións e talleres de electrónica, electricidade, radares, sistemas de control e control de incendios.

Charla de Xavier Alcalá

 

    O pasado xoves, Xavier Alcalá, enxeñeiro de telecomunicacións e escritor, impartiu unha charla ós alumnos de tecnoloxía e robótica do IES Sofía Casanova.
    No trancurso da mesma expuxo ós alumnos o seu traballo e a súa experiencia no campo da tecnoloxía. (Pode verse a exposición nunha gravación en vídeo, feita polos Correspondentes Sofía 3.0, solicitándoa na biblioteca ou no departamento de tecnoloxía).
    Asimesmo fixo unha doazón de máis de cen libros da súa autoria ó instituto.

    O diario de Ferrol faise eco do evento.

 

A materia de Robótica do Sofía na prensa local

 

    Lavozdegalicia, na súa edición local do pasadio día 12, faise eco da materia de robótica do Sofía Casanova e dos exitos que os alumnos de 1º de Bacharelato están acadando cos robos que constrúen.

   Nesta ligazón podes ter acceso a devandita información.

Premio ós alumnos de robótica

   

    Os alumnos da materia de Robótica (1º AB bacharelato) gañaron o Premio á Orixinalidade na III Competición de Robots da Escola de Enxeñeiros Industriais de Vigo.

                          Galería de imaxes

Obradoiro e Concurso de Robótica

 

    Os alumnos de 4° de ESO de Tecnoloxía e 1° de bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Robótica participaron o 26/04/17 no 9° Obradoiro e Concurso de Robótica organizado en A Coruña por IGACIENCIA e patrocinado pola Fundación Barrié.

    A actividade tivo dúas partes, unha primera de formación en Lego EV3 e unha segunda de concurso consistente en superar unha serie de desafíos. 

Visita a Sotavento

   

     O mércores 8 se marzo os alumnos de 3 ESO foron ó Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polos departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia. Alí coñeceron o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivienda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Visita a Cándido Hermida

        Os alumnos, acompañados polos seus profesores dos departamentos de Debuxo e Tecnoloxía das materias de Debuxo Técnico II, Electrotecnia e Tecnoloxía Industrial II de 2º de bacharelato, realizaron unha visita guiada á empresa Cándido Hermida no polígono industrial Río do Pozo en Narón, dedicada ao deseño, fabricación, subministro e montaxe de equipamento integral para instalacións de uso colectivo.
Distribuir contido


by Dr. Radut