Skip to Content

Tecnoloxía

Obradoiro de robótica na Fundación Barrié

   

    Os alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, acompañados polas súas profesoras da materia de Tecnoloxía, asistiron o martes 3 de febreiro á Coruña a un interesantísimo obradoiro de robótica.

   Para o desenvolvemento deste obradoiro non era preciso ter coñecementos previos en programación –xa que se realizou nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos puideran construír e deseñar os seus robots– nin en electrónica –integrada nun ladrillo intelixente–.

    O encontro fomentou ademais a cooperación e o traballo en equipo, xa que os alumnos integráronse nun grupo no cal tiveron que compartir obxectivos para resolver os desafíos que se lles propuxeron ao longo da actividade.

Visita ao parque de Sotavento

 

     Os alumnos de 3º de ESO, acompañados polas súas profesoras de Tecnoloxía, Eva, Bea e Teresa, visitaron o 23 de xaneiro as instalacións do parque de Sotavento.

    Alí puideron observar os detalles da enerxía eólica e o seu funcionamento que estudaran na aula. Ademais, visitaron on aeroxerador por dentro. A visita rematou coa visita a unha casa bioclimática, onde comprobaron as aplicacións das enerxías renovables.

Visita á central térmica de As Pontes

   

   O martes 25, os alumnos de tecnoloxía industrial de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polas súas profesoras Eva Leira e Beatriz Méndez, visitaron a central de As Pontes.

   Alí puideron observar o funcionamento do ciclo convencional de carbón de 1468 MW de potencia e o ciclo combinado, de gas, de 800 MW.

Visita á Escola Politécnica Superior

 

    O pasado xoves, 30 de outubro, os nosos alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron xunto coas súas profesoras Bea, Eva e Teresa á Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro para observaren o traballo práctico que os alumnos de terceiro curso do Grao en Inxeniería Mecánica realizaron no marco da materia Tecnoloxía de Máquinas.

   Presentáronse prototipos de vehículos ou máquinas propulsados por un motor eléctrico –alimentado por unha pila de 4,5 voltios– capaz de completar un traxecto de máis dun metro e medio de lonxitude no que se interpoñía como obstáculo unha viga de madeira de sección cadrada e de 66 milímetros de lado.

Expostos os traballos de Tecnoloxía de 2º de ESO

2013teconoxiaO alumnado de 2º de ESO expón estes días os seus traballos de Tecnoloxía no vestíbulo do centro.

A mostra inclúe reproduccións dende guindastres,  unhas famosas torres inclinadas a un invernadeiro con leitugas. A tecnoloxía aliouse coa imaxinación!

V Concurso Galego de Robótica: Tres alumnos acadan o terceiro posto

concursorobotica

O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía e de Tecnoloxís Industrial paraticiparon o pasado mércores 27 no V Concurso Galego de Robótica e hoxe soubemos que Antón García Soutullo, Cristián Iglesias e Héctor de los Santos Porto acadaron o terceiro posto na categoría de Bacharelato e Ciclo Medio. noraboa máquinas!

Aquí se pode ver o vídeo publicado na edición dixital de La Voz de Galicia. Ver vídeo

Alumnas do IES Sofía Casanova gañan o concurso de vídeos "Chámalle como queiras"

As alumnas de 1º de bacharelato do IES Sofía Casanova, Inés García Misiego, Aida Martínez Amado y Ana Regueiro Otero, gañaron o 3º premio do concurso de vídeos promocionais turísticos do territorio Ferrol-Ortegal-Eume: "Chámalle como queiras". Parabéns as tres!!!!

Aquí se pode atopar o seu fantástico vídeo: Chámalle como queiras "Ferrol" 

PLANETA DE BLOGS DOS ALUMNOS DE TIC DE 1º DE BACHARELATO

Os alumnos de T.I.C. - Tecnoloxías da Información e Comunicación - de 1º de Bacharelato, crearon para a asignatura unha serie de blogs, dos cales podemos ver as últimas entradas a través do seguinte PLANETA DE BLOGS .

As profesoras poñen a disposición dos alumnos uns blogs, onde introducen apuntes e actividades para o seguimento das clases de TIC,

Son os seguintes:

http://ticsdosofia.blogspot.com.

http://tecnoloxiaetics.blogspot.com/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut