Skip to Content

Tecnoloxía

GenTech

   

    O alumnado de primeiro de bacharelato do centro asistíu á charla “Descobre o teu GenTech” impartido pola empresa Altia.

    Nesta animada e amena charla os poñentes intentaban axudar ós rapaces a descubrir o seu xene tecnolóxico con diversas cuestións e amosando varios exemplos.

ERASMUS+: ROBOT DANCE do Sofía Casanova en Finlandia

   

     A primeira semana de Abril celebrouse en Kuopio, Finlandia, unha nova reunión de formación do Proxecto ERASMUS+: ROBOT DANCE no que o instituto está a participar.

    Durante esta semana un grupo de profesoras do centro mostraron o traballo realizado, visitaron os centros educativos integrados no proxecto e puideron coñecer o funcionamento do sistema de ensinanza finlandés

Prata no II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes


 
 

    Varios  alumnos  do IES Sofía Casanova participaron no  II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes.

    O equipo Pacadia acadou a prata na categoría de Sumo. 

    Pacadia está formado por Pablo Sánchez, Carlos Cao, Diego Pol e Aldryn Rodríguez Guzmán.

    Pode atoparse máis información sobre o certame en: La Voz de Galicia ;  Galicia Press  e o  Diario de Ferrol.

Visita a Pull & Bear

 

   

    O pasado 8 de marzo, alumnado de Tecnoloxía Industrial I e de Robótica de 1º Bacharelato visitou, acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía, as instalacións da sede central de Pull & Bear no Polígono Río do Pazo en Narón.

     Nesta visita puideron comprobar como funciona o centro loxístico da marca de Inditex, así como os restantes departamentos de deseño, e-commerce, tenda piloto, control de calidade, etc.

O IES Sofía Casanova en EDUGAL

   

     O IES Sofía Casanova en EDUGAL O pasado 27 de febreiro o IES Sofía Casanova estivo presente en EDUGAL có proxecto "Hospital de Robots - Creación dun robot educativo".

    O Hospital de Robots é un proxecto premiado do CIFP Ferrolterra có que colabora ó departamento de Tecnoloxía, nel o alumnado de Robótica ten que montar o robot educativo e levar a cabo algunha actividade de aplicación ou mellora.

2º premio aos valores First Lego League

   

    O pasado sábado 16 de Febreiro, celebrouse a First Lego League Galicia.

    O noso centro, un ano máis, participou no concurso conseguindo o 2º premio aos valores First Lego League.

    O equipo, representado por alumnado do club de ciencia e da materia de Robótica, traballou a reo e con moitos nervios para defender os seus proxectos e superar os desafíos do robot. Tamén realizaron unha entrevista en directo para a televisión de Galicia na que explican o seu proxecto científico.

    Sodes un gran equipo, parabéns!

Exposición sobre enerxías e recursos minerais

 

    Ata o xoves pode verse na planta baixa, entre os dous patios, unha exposición sobre enerxías e recursos minerais.

    A citada exposición foi cedida pola pola Escola de Enxeñería de Minas de Vigo, no marco dunha actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía.

Visita a Sotavento

 

 

 

    Este mércores 6 de febreiro, o alumnado de 3º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    A visita estivo xestionada polo departamento de Tecnoloxía e estiveron acompañados por profesorado de Tecnoloxía e Xeografía e Historia.
    Alí puideron coñecer o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivenda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

Distribuir contido


by Dr. Radut